Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

A BIBLIOTECA DO CEIP CANOSA-RUS PRESENTA

Libros pola convivencia

EDUCACIÓNPRIMARIA

EDUCACIÓN INFANTIL

ÍNDICE

EDUCACIÓNINFANTIL

LA PRINCESA ROSA/EL PRÍNCIPE AZUL SGARLATA, M; FRANCAVIGLIA,R (Kalandraka, 2020)

Nada é o que parece neste relato que volve comezar cando remata: mesmas ilustracións, distintas olladas. Dúas historias entrelazadas nun só libro sen palabras, con sorprendentes desenlaces.

O PEIXE ARCODAVELLAPfister, M (Kalandraka, 2019)

En mar aberto, vivía o peixe máis bonito de todo o océano. Os demais peixes admiraban o seu relucente vestido de escamas multicolor…Mais todo cambiou cando lle negou unha das súas escamas brillantes a un peixiño azul.

O PIRATA VALENTE ALCANTARA,R (Kalandraka, 2019)

Que ocorre cando un intrépido pirata sobe ao pau maior do seu navío e, en pleno fragor da aventura, a súa nai chama por el para ir tomar a merenda? Fantasía e humor, en clave rimada para os máis cativos da casa.

ERNESTO. EL ELEFANTEBrowne, A (Kalandraka, 2021)

Ernesto perdeuse na selva e ningún dos seus habitantes parece querer axudalo a volver co seu rabaño de elefantes. Pero a máis cativa das criaturas sorpréndeo dándolle a comprensión e a colaboración que precisa.

MAX, EL ARTISTA Deuchars, M (Maeva, 2017)

Max é un paxaro igual cos demais, a pesares das súas flacuchas patas. Cando se farta de que lle tomen o pelo, Max decide facer algo para que as súas patas sexan como as dos demais. Pero non sospeita ata onde o levarán as súas ocorrencias.

PEQUEÑO AZUL Y PEQUEÑO AMARILLOLionni, L(Kalandraka, 2012)

Un relato e ilustración de Leo Lionni no que se representa a identidade individual e colectiva; e a importancia da solidaridade, da comprensión e a convivencia con algo tan sinxelo como as gamas cromáticas”.

CASI Reynolds,P.H (Serres, 2005)

Ramón ama debuxar. Sempre. Calquera cousa. O debuxo faino feliz. Pero nun segundo todo cambia. Unha soa observación imprudente dun irmán maior, dá volta aos bosquexos despreocupados de Ramón. Afortunadamente para Ramón, a súa irmá Marisol ve o mundo diferente, e axúdalle a descubrir a súa arte, a arte do "case".

TOTALMENTE ADRIÁNPercival, T (Ediciones SM, 2017)

Un conto para deixar voar a imaxinación e atreverse a ser diferente. Adrián sempre foi un neno normal, totalmente normal. Ata que un día... crecéronlle ás! Un conto para deixar voar a imaxinación e atreverse a ser diferente.

GUAPA Jimenez Canizales, H (APILA, 2016)

Ola, son a Bruxa. Estou moi contenta porque teño unha cita. Eu véxome moi GUAPA, pero non todos pensan o mesmo. Non paran de darme consellos e non sei que facer. Terán razón? É posible agradar aos demais e sentirme ben ao mesmo tempo?

¿SOMOS AMIGOS?Fernández Rey, A (Kalandraka, 2016)

Porque a amizade é, polo menos, cousa de dous: pedir e dar, non só no material, senón tamén no afectivo.

SOY EL MEJOR Cousins,L (Parramon, 2010)

Perrito quere moito aos seus amigos. Pensa que son fantásticos. Pero tamén pensa que el é o mellor de todos e non para de lembrarllo. Xa é hora de que os seus amigos déanlle unha boa lección e ensínenlle que hai moitas cousas que fan mellor que el.

UNA MONTAÑA DE AMIGOSSchoene, K (Kokinos, 2015)

O pequeno pingüín ten unha tristeza moi grande porque non pode voar e tocar as nubes. Pero tamén, ademais de pena, ten moitos amigos –que farán o imposible por axudarlle a cumprir o seu soño.

EDUCACIÓNPRIMARIA

SUPERMURCI Carr, M (B de Blok, 2008)

Supermurci é a historia dun morcego con capa de superheroe que quere demostrarlle ao mundo que é especial. Unha noite, mentres colga patas para arriba como cada noite, o noso heroe decide que quere ser especial..., e converterse en Supermurci!

A HISTORIA DO TOURO FERNINANDOLeaf, M (Kalandraka, 2016)

A historia presenta un Ferdinando sensible que, fronte á bravura doutros touros, prefire a tranquilidade dun prado e o arrecendo das flores.

AMELIA QUERE UN CAN Bowley, T (Kalandraka, 2008)

Unha nena moi espelida consegue que o seu pai adulto vexa o mundo a través dos seus ollos. Para pais e nais que xa non lembran os anceios da infancia”.

SER AMIGOSPapini, A (Kalandraka, 2013)

Confianza, apoio mutuo, compartir bos e malos momentos... as claves para convivir en harmonía, a través do testemuño de simpáticos animais.

A AMIGA DE OSIÑO Sendak, M (Kalandraka, 2015)

A amiga de Osiño” conta a ilusión que este entrañable personaxe humanizado experimenta ao coñecer a Emilia, con quen comparte paseos, charlas e festas con outros habitantes do bosque, ata o momento de tristeza no que teñen que separarse ao final do verán.

OLIVER BUTTON É UNHA NENAdePaola, T (Kalandraka, 2020)

A Oliver Button chamábanlle nena. A el non lle gustaba facer as cousas que se supón que fan os nenos. Oliver é diferente: gústalle a natureza e a lectura, xoga con bonecas de papel e encántalle disfrazarse para cantar e, sobre todo, bailar.

ORELLAS DE BOLBORETA Aguilar, L (Kalandraka, 2008)

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre os nenos.

TEÑO MEDOBowley, T (OQO, 2013)

Un neno estaba co seu avó,mirando o mar dende unha rocha.De súpeto, o neno dixo:—Avó, non me gusta esta rocha …Qué pasa se un barco pirata aparece polo horizonte?

TODOS MENOS UJNO Battut, E (Libros del Zorro Rojo, 2011)

Atreverse a ser diferente ten un alto custo social, pero tamén unha incrible recompensa. Iso é o que descobre o pequeno chícharo cando decide percorrer o mundo. Así, cada estancia da súa viaxe convértese nunha instancia de crecemento.

¡ŚE TÚ MISMO Y NADA MÁS!Budde, N (Takatuka, 2014)

Toda a familia, amigos e coñecidos preséntanse neste colorido e atractivo álbum infantil para falarnos das cousas que lles gustaría modificar da súa aparencia.

¡Traballemos por unha boa convivencia !