Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

Introduce os dedos na marioneta e divírtete con estes animaliños. Descobre que cousas fan.

Esta é a norma dos elefantes: "o máis pequeno sempre vai o último". Pero Elfi quere ir o primeiro! Alguén pode axudar ao elefantiño. Ese alguén ERES TI!

Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habiantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jonás e a súa extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.

Con estes dous libros podes practicar o inglés á vez que descobres novas aventuras. Que lles pasará á muller coa súa cadela peluda cando na praia se atopan cun home e o seu can? Tamén coñecerás a Sara que debuxa tan ben que é capaz de facer unha cabeza e darlle vida.

Kika e Héctor, o seu inseparable dragón, viaxan a un fantástico reino máxico que sofre unha terrible desgracia. O rei do País da Primavera, o Verán e o Outono desapareceu nos xeados dominio do malvado señor do País do Inverno: o príncipe Truculentus. Lograrán Kika e Héctor levar de novo a ledicia ao reino máxico?