Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

Día internacional contra o acoso escolar

CEIP Sada y sus Contornos

2 de maio

Que é o acoso escolar?

Pinchade aquí para entender en que consiste

+

O fenómeno acoso escolar, maltrato entre iguais ou bullying atopámolo vén definido como “unha conduta de persecución física e/ou psicolóxica que realiza un alumno ou alumna contra outro, ao que elixe como vítima de varios ataques” (Dan Olweus). Trátase, polo tanto, dunha situación continuada no tempo e de grande intensidade, na que unha das partes se sente poderosa e asume o papel de agresor ou acosador, en tanto que a outra, máis vulnerable, asume o papel de vítima ou acosada.

características

+

* O acoso escolar ou Bullying é un abuso de poder continuado entre iguais no entorno escolar.* O abuso de poder implica un desequilibrio de forzas para defenderse, que pode ser físico, social ou psicolóxico. * NON se considera acoso escolar un problema puntual, unha disputa, unha broma ou un malentendido pasaxeiro.

Cando, coa intención de facer dano, repítense os comportamentos violentos durante tempo, estamos a falar de acoso escolar.Hai diferentes tipos de comportamentos violentos, verbais, físicos ou psicolóxicos:

1. Exclusión social

- Ingnorar ao outro ou non lle falar.- Non deixar participar ou excluír do grupo.- Marxinar sen un motivo xustificado.- Non escoitar as súas razóns.- Excluír por diferenzas físicas, emocionais ou psicolóxicas.- Rir cando se equivoca.- Non respectar maneiras de ser diferentes.

Terán a mesma consideración as condutas realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que xurda no ámbito escolar

2. Agresión verbal

- Nomear con alcumes.- Dicir mentiras sobre el/ela.- Berrar/insultar.- Acusar de cousas que non dixo ou non fixo.- Burlarse do aspecto físico.- Facer xestos de burla ou desprezo.- Criticar con intención de facer dano.- Manipular as palabras do outro.- Meterse con el/ela por diversión.- Ridiculizar diante dos outros/as.

3. Ameazas

- Ameazar para atemorizar.- Facer chantaxe.- Ameazar con obxectos ou armas.- Obrigar a facer o que non quere.- Obrigar aos demais a que non estean con el/ella ou a que non lle falen.

4. Agresión física indirecta

- Roubar as súas pertenzas.- Agochar as súas cousas.- Estragar os seus obxectos persoais.

5. Agresión física directa

- Agredir con golpes.- Incitar aos demais compañeiros/as a agredir.

En toda situación de acoso escolar hai tres elementos: unha vítima, un ou varios acosadores e un ou varios espectadores.

o triángulo do acoso escolar

Unha historia moi real...

Unha historia moi real...

Debemos aprender a convivir e a relacionarnos cos demais con respeto, aprender a resolver os conflitos que poidan xurdir a través do diálogo. Pero temos que denunciar aqueles actos de violencia nos que existe intención de facer dano e abuso de poder ou forza.Se non protexes eres cómplice.Se calas eres cómplice.Se miras para outro lado eres cómplice.Entre tod@s debemos cambiar as cousas! Temos que ser valientes.

Todos e todas temos dereito a ser tratados ben

recursos contra o acoso escolar

o programa tei

Programa enfocado á mellora da convivencia escolar e a prevención do acoso escolar. Baséase na titorización entre iguais.

biblioteca escolar

A nosa Biblioteca, entendida como centro de recursos e eixe central do noso centro como dinamizadora de propostas e proxectos

+

lecturitas recomenda...

malena ballena

algúns contos para ver

+

+

+

el árbol de la amistad

+

qué le pasa a uma?

hugo y la receta mágica

No noso centro sabemos eque o conflito forma parte da vida e é unha oportunidade de aprendizaxe; sabemos que todos e todas temos uns dereitos e deberes e tod@s debemos ser garantes dos mesmos. Aprendemos tod@s xunto@s a rexeitar os actos violentos que fan sufrir aos nenos e nenas e respetar a diversidade.Aprendemos a dicir NON AO ACOSO ESCOLAR:

Alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º EPCEIP Sada y sus Contornos

Pinchade aquí para ver o seu traballo

Xunt@s o conseguiremos!

biblioteca

CEIP SADA Y SUS CONTORNOS