Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Estás preparado/a para descubrir a solución?

A SOLUCIÓN É:

Queres saber máis sobre este medio de comunicación?

ESCOLA

A palabra deste enigma está escrito en código morse, o cal é un método de transmisión de información, que emprega secuencias estándar de pulsos curtos e longos coñecidos como puntos e raias para a representación de letras, números e caracteres especiais.

Quen foi o seu inventor?

Como se escribe con este código?

Cousiñas interesantes

Cal é a súa orixe?

Tradutor de texto a morse

Samuel Morse naceu en Charlestown, Boston (Estados Unidos) o 27 de abril de 1791. Era fillo dun pastor calvinista e destacado xeográfico. Durante os seus primeiros anos como estudante, descubriu a súa vocación pola pintura, ademais de desenvolver un gran interese polos descubrimeentos científicos máis recentes e polos experimentos coa electricidade. Morreu o 2 de abril de 1872.

SAMUEL FINLEY BREESE MORSE

Nun viaxe por Europa en 1832, Samuel Morse coñeceu a Charles Thomas Jackson, un médico e inventor moi interesado polos últimos adiantos no campo da electricidad e coñecedor dos experimentos de Ampère. Ambos falaron moito tempo, e Morse comezou a concebir a idea dun sistema no que un impulso eléctrico tivera a capacidade de moverse a través dun arame. A idea non era nova, pero ata ese momento ninguén a puxera en práctica. O 6 de xaneiro de 1833, Morse realizou a primera demostración pública deste. Samuel Morse pasou varios anos perfeccionando tanto o seu aparello telegráfico eléctrico como o código, coa axuda do seu colega, Alfred Vail. Tras varios intentos sen logralo, conseguiu que o Congreso de Estados Unidos aprobara unha lei para financiar a construción dunha liña telegráfica de 60 quilómetros.

HISTORIA DO CÓDIGO MORSE

1/2

A proba definitiva para mostrar a eficacia do seu invento chegou o 1 de maio de 1844, cando a través do telégrafo difundiuse a noticia da nominación do senador Henry Clay como presidenciable. Dita noticia viaxou dende Baltimore, onde tiña lugar a Convención do partido republicano, ata o Capitolio. Non obstante, a fama chegou ao seu apoxeo o 24 de maio do mesmo ano, cando transmitiu a través do telégrafo unha frase bíblica. Antes de morrer dunha neumonía, Morse viuse envolto en varios litixios con outros países e científicos polos dereitos, algo que finalmente lle sería concedido en 1854.

2/2

CÓDIGO MORSE (letras)

1/2

CÓDIGO MORSE (números)

2/2

COUSIÑAS INTERESANTES...

  • O código que inventou Samuel Morse ía por cables. Non obstante, a finais do século XIX, Guillermo Marconi inventou o radiotelégrafo, que permitía enviar o código do seu predecesor a través de ondas de radio en vez de cables. Isto foi un gran avance para o transporte marítimo.
  • Como as sinais deste código son tan sinxelas, pódese utilizar tamén con luces intermitentes. Moitas forzas navais empregan esta clase de luces.

TRADUTOR DE TEXTO A MORSE

Se queres traducir un texto escrito a morse, podes entrar neste tradutor online...

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

FONTES DA PRESENTACIÓN:https://historia.nationalgeographic.com.es/a/samuel-morse-inventor-nuevo-codigo-comunicacion_14086/3https://es.dreamstime.com/im%C3%A1genes-de-archivo-libres-de-regal%C3%ADas-c%C3%B3digo-morse-n%C3%BAmero-0-9-image11443189www.elpais.com