Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Find the hidden keys

PREPARAR UN ESCENARIO: Imos preparar un escenario de varias formas para que os participantes poidan "localizar" algunhas pistas. Nesta primeira pantalla imos deixar unha serie de pistas para que os participantes decodifiquen unha mensaxe escrita en código Morse. Para elaborar esta pantalla imos facer os seguintes pasos: 1.-Busca en Recursos unha forma que che guste 2.-Escolle a ferramenta Texto "A" e escribe esta dirección: https://morsedecoder.com/ 3.-Adecua o texto dentro da forma que escolliches e agrupa eses dous elementos. 4.- Imos "agachalo". Para iso selecciona a forma e clica na icona de "animación" (botón co foco) No menú que se abre escolle a opción "Hover Mouse" e aí "Fade in". Outra opción de "agochar" elementos é coa área invisible. 1.- Para iso en "elementos interactivos" vai ata abaixo de todo e "arrastra" o elemento area invisible ao lienzo. Axústao en tamaño. 2.- A continuación selecciona esa área invisible e preme na icona de interacción. Escolle a opción "Tooltip" (burbuja) e escribe este texto: Morse code is a combination of short and long pulses. Dots and dashes. 3.- Repetimos operación. Escolle un área invisible, pona nalgún lugar do fondo. Clica en interacción --> tooltip --> ENIGMA: Decode the following message. (Agora abre a páxina morsedecoder.com) , escribe a palabra que queres que decodifiquen e copíaa aquí.

Find the hidden keys

FILL IN THE GAPS. Imos traballar agora cunha extensión. (plantilla programada), Neste caso os participantes deberán escribir a palabra determinada na páxina anterior. Se é correcta, permitiralles avanzar. 1.- Clica an "Add page" (añadir página) 2.- En mis creaciones, Localiza o genially "extensións Scape" 3.- Incorpora á páxina 1. 4.- Agora que está no noso genially xa incorporada tes que copiar os seguintes elementos: a) Na parte superior do genially (fóra de páxina) ves dúas liñas en francés. Copia (control C) e pégaas nesta páxina (control V) b) Copia agora o elemento q1 e o botón check. Pégaos aquí. (se queres máis ocos, copia q2, q3, q4, etc. Os que necesites) c) Copia tamén agora o botón co candado e o botón de error. Pégaos aquí. O primeiro que imos facer é cambiar unha destas dúas iconas. Escolle unha forma, escribe un texto dentro dela (por exemplo, cun código) e un botón interactivo de avanzar á seguinte páxina. Agora agrupa os 3 elementos (forma, texto e botón) O seguinte paso é desagrupar o botón co candado. (mellor faino fora da páxina para traballar máis cómodo). Verás que hai un texto que pon ok. Selecciónao, pono coa forma que fixemos antes e volve agrupala. Finalmente selecciona esa forma xa con todo, e decide interacción (a onde leva?) Se queres, podes tamén personalizar a de erro. Aí verás un texto "Erreur" que é o que tes que agrupar coa imaxe que queiras. Agora temos que indicar cal é a resposta correcta. para iso clica no botón "Check" Preme na icona da interacción. Desde a icona "</>" terás todo o código que precisas. Na primeira liña verás isto: var solution = ["8"] ese 8 é o que hai que poñer para que a solución sexa correcta. Cambia ese 8 pola palabra que queiras. Se houbera mais preguntas (q2, q3...) simplemente porías cada solución separada cunha coma. ["pepe", "af1"] significa que a solución aos dous campos son pepe no primeiro, e af1 no segundo. Así ata os campos que teñas. Comproba que funciona

Find the incorrect sentence

P=20

He usually come by bus.

Tom has already arrived.

Q=5

PREPARAR UN ESCENARIO 2. Neste exemplo, faremos o mesmo que o escenario anterior. Neste caso poremos unha serie de frases agrupadas cunha forma. Na animación escolleremos que só se amosen (fade-in) ao pasar o rato por riba (hover mouse). Neste exemplo imos facer unha serie de frases. Os participantes teñen que escoller a incorrecta. Ademáis do exemplo, debes poñer unha letra e un número (ata 24). A resposta correcta usarémola despois na roda de cifrado.

RODA DE CIFRADO: Desde o genially de extensións Scape incorpora a páxina 7. "Add page". Copia a roda e pégaa nesta páxina. Agora copia a imaxe co texto (variable) e pégaa aquí tamén. Esa imaxe será o que se vexa no centro da roda. Esa roda funciona co botón esquerdo para un lado e co dereito cara a outro. Colócaa no punto exacto que deches na solución anterior Finalmente engade a páxina 1 de novo (se a eliminaches antes) e copia de novo q1 e check. Tamén as liñas da parte superior e as imaxes de acerto e erro (mira na páxina anterior como se facía) Modifica o código de check para que a solución sexa a palabra que decodifiquen na roda.