ALIMENTOS DE TEMPADA
Proposta didáctica
Destinatarios e obxectivos
Alimentos por tempada
DICIOHORTA
Primavera
Inverno
Outono
Verán
Vídeo e actividade inicial
Actividades I
Actividades II
1. Intrusos
2. Cada alimento a súa estación
4. KM nos alimentos
3. Entrevista aos avós e avoas
1. Reflexiona
2. Banco de fotografías
4. Receitario da clase
3. Menú saudable
DESTINATARIOS E OBXECTIVOS
DESTINATARIOS
ESTA UNIDADE VAI DIRIXIDA AO ALUMNADO DE 3º CICLO PRIMARIA.
OBXECTIVOS
1. Describir ordenadamente o proceso de obtención dun produto ata a súa venda, valorando o impacto deste proceso no medio ambiente.
2 . Explicar as causas e consecuencias do cambio climático e actuacións responsables para frealo: alimentos de proximidade e alimentos de tempada
OBXECTIVOS
3. Recoñecer estilos de vida saudables e os seus efectos sobre o coidado e mantemento do funcionamento global do corpo e tamén do medio ambiente.
4. Elaborar un menú saudable con alimentos de proximidade e de tempada.
DICCIOHORTA:
Aquí atoparás palabras relacionadas coa horta sobre as que precisamos reflexionar antes de facer os exercicios. Sabes o que significan estas palabras? Aquí cho contamos :
Orixe dos alimentos
Alimentos de tempada
Alimentos kilométricos
Pegada de carbono
QUE SON OS ALIMENTOS DE TEMPADA?
Son aqueles alimentos que se colleitan nunha determinada estación ou época do ano, cando o clima e as condicións naturais son as axeitadas para o seu crecemento completo.
QUE É A ORIXE DOS ALIMENTOS?
É o lugar onde se cultivan os alimentos que consumimos. Se un tomate se cultivou en Galicia, a súa orixe é Galicia.
O lugar onde se cultivou un alimento por primeira vez é o lugar do que é ORIXINARIO.
Por exemplo, o tomate é orixinario dos Andes. Pero a día de hoxe podemos atopar tomates cultivados en Galicia ou en Holanda (lugares de orixe).
QUE SON OS ALIMENTOS KILOMÉTRICOS?
Son aqueles alimentos que se cultivan noutros países diferentes ao noso, en lugares moi afastados e que percorren moitos kilómetros ata chegar ás nosas casas. Poden ser alimentos que aquí non se poden cultivar, pero tamén outros moitos que si (como patacas, laranxas ou mazás).
QUE É A PEGADA DE CARBONO?
É a cantidade de Gases de Efecto Invernadoiro que se xenera para producir un alimento ou para fabricar calquera obxecto. No caso dos alimentos inclúe todos os gases que se producen dende o momento en que se planta ata o momento en que o comemos (plantación, mantemento do cultivo, colleita e transporte ás tendas).
PRIMAVERA
ALIMENTOS DE TEMPADA
01
VERÁN
ALIMENTOS DE TEMPADA
02
OUTONO
ALIMENTOS DE TEMPADA
03
INVERNO
ALIMENTOS DE TEMPADA
04
Vídeo de FUHEM:
Agricultura de proximidade:
á horta do recuncho
ACTIVIDADE
Subtítulos en galego
A PENSAR!!! LOCALIZA O INTRUSO
PRIMAVERA
VERÁN
INVERNO
OUTONO
DEMOSTRA O APRENDIDO:
Arrastra cada ALIMENTO á ESTACIÓN DO ANO que lle corresponda
FROITAS
VERDURAS
Fala coas túas avoas e avós ou outra persoa maior da túa contorna e que che conten que alimentos se recollían en cada época.
Escribe unha redacción ou grava un vídeo.
MAPAMUNDI
ACTIVIDADE
REFLEXIONA!!!
En que estación estás?
Que alimentos atopas na túa neveira?
Fai unha listaxe.
Cres que hai algún intruso?
De ser así, pensa como é posible e que consecuencias ten isto para o medioambiente e para ti?
BANCO DE FOTOGRAFÍAS
Tíralle unha foto a un alimento de tempada e compártea no Padlet.
+ info
Elabora un menú saudable
LEMBRA O APRENDIDO SOBRE A PIRÁMIDE ALIMENTARIA
Emprega na listaxe de alimentos produtos de tempada
Escribe a túa receita saudable
+ info
RECEITARIO DA CLASE
Grazas!
Este material públicase baixo Licenza Creative Commons “Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional”
«Esta publicación realizouse co apoio financeiro da Xunta de Galicia. O contido de dita publicación é responsabilidade exclusiva de AMIGOS DA TERRA e non reflicte necesariamente a opinión da Xunta de Galicia»