Want to make creations as awesome as this one?

EDLG IES Francisco Asorey

More creations to inspire you

Transcript

EQUIPO do EDLG

ENLACES para ver, aprender, comprobar, enredar…

ACTIVIDADES

OBXECTIVOS DO EDLG

PRESENTACIÓN

EDLGIES Francisco Asorey

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Francisco Asorey de Cambados está composto por alumnado, profesorado e persoal administrativo que parte da idea, da lexislación e do sentimento de que a lingua propia de Galicia é o galego. E así deseña, propón e impulsa iniciativas e accións encamiñadas a reforzar a presenza da nosa lingua na nosa comunidade escolar.

Title 1

Tamén colaboran connosco no deseño e realización de actividades puntuais máis profesores e profesoras, alumnas e alumnos, e persoal non docente, buscando implicar (tal e como indicamos nos nosos obxectivos) ó maior número posible de participantes e receptores dos traballos. Logramos así outro dos nosos obxectivos: manifestar o respecto polo galego como lingua propia e natural, pola diversidade lingüística e pola cultura en xeral.

Durante este curso 2020-2021 o EDLG do IES Francisco Asoreyestará formado polas seguintes persoas:Coordinadora: Susana Otero (Lingua Galega e Lit) Profesorado: Alberto Nogueira (FOL) Domingo Tabuyo (Xeografía e Historia) Atala Paredes (Economía) Moisés Amado (Música) Inmaculada Castro (Lingua Castelá e Lit) Alumnado: Lucía Boullosa (1ºBACH) Julia Boullosa (1º BACH) Jessica Coejo (4º ESO) Helena Fiel (4º ESO) Lucía Abal (4º ESO) Cristina Aparicio (4º ESO) Fabio Fraga (4ºESO) Alaitz Otero (4ºESO) Raquel Quin Bea (3º ESO) Roi Cores (3º ESO) Natalia Paz (3º ESO)

Os obxectivos deste equipo e para este curso aparecen recollidos no Proxecto de Fomento da Lingua Galega do centro, e dirixidos a todos os sectores (profesorado, alumnado e contorna sociolingüística do centro). Todos os nosos traballos buscan desbotar prexuízos a respecto das linguas e aumentar o uso do galego nos falantes do noso centro educativo. Ademais hai que incidir en desenvolver actitudes positivas cara a mesma e habilitar medidas que favorezan o seu uso máis espontáneo. Tamén somos conscientes de que os logros nestes eidos nunca os imos conseguir só dende os centros de ensino, polo que cómpren moitas medidas efectivas e reais dende outros organismos e institucións.

OBXECTIVOS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

ENLACES para ver, aprender, comprobar, enredar…

ENLACES para ver, aprender, comprobar, enredar…clic aqui

ENLACES para ver, aprender, comprobar, enredar…· Dicionario lingua galega https://academia.gal/dicionario. Dicionario inglés-galego https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvaladares/node/293. Toponimia oficial de Galicia https://www.xunta.gal/toponimia-e-nomenclator. Diario de novas tecnolóxicas de Galicia https://www.codigocero.com/. Museos de Galicia https://museos.xunta.gal/es. A lingua oficial https://www.lingua.gal/portada. Corrector ortográfico http://sli.uvigo.es/corrector/index.php. Biblioteca Dixital de Galicia https://biblioteca.galiciana.gal/es/inicio/inicio.do. Praza das Letras https://praza.gal/. Información cultural http://culturagalega.gal/. Unha selección variada de música, do EDL do IES Campo de San Alberto (Noia). https://www.youtube.com/playlist?list=PLCdXm0SMToaes9VV7k9y1_rml5aDUX5Bb

Dende xaneiro organizamos o noso día a día cos calendarios en galego do EDLG.

- E tamén co inicio do ano, podemos ler e informarnos do día a día na nosa lingua.

- Inician o mes de febreiro os paxaros namorados… E o concurso de haikus.

- Arredor da data sinalada do 24 de febreiro, recordamos a figura e as letras de Rosalía de Castro decorando con distintas técnicas os corredores do centro.