Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

LETRAS GALEGAS 2021

EMPEZAR

Na primavera de 1863 saíron dunha imprenta de Vigo os primeiros exemplares de "Cantares Gallegos".Ningúen podía imaxinar que aquel libro de Rosalía de Castro marcaría un fito na historia de Galicia.

Ademais de Rosalía de Castro, houbo dous autores que sobresaíron naquela etapa:

Con esta obra iníciase o chamado Rexurdimento (etapa na que, despois de séculos de esmorecemento, a cultura e a lingua galegas comezan unha etapa de esplendor).

Curros Enríquez

Eduardo Pondal

En 1963, cando se cumprían cen anos da publicación do libro de Rosalía, a Real Academia Galega decidiu marcar un día no calendario que servise para festexar e promover as nosas letras.

Cada 17 de maio, no medio da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propias.

A través delas rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.

Este 2021 homenaxeamos a Xela Arias, escritora, editora, tradutora e profesora de literatura.

1/10

a

B

c

Na primavera de 1863 saíron dunha imprenta de Vigo os primeiros exemplares dunha obra que marcou un fito na historia de Galicia. Cal é esa obra?

Follas Novas

Cantares gallegos

As pitas baixo a chuvia

MOI BEN!

Volve a intentalo!

1/10

a

B

c

Quen escribiu Cantares gallegos?

Carballo Calero

Rosalía de Castro

Xela Arias

MOI BEN!

Volve a intentalo!

1/10

a

B

1 de maio

c

Que día celebramos as Letras Galegas?

17 de maio

25 de xullo

MOI BEN!

Volve a intentalo!

1/10

a

B

c

Cada ano a Real Academia Galega nomea a unha persoa que destacou pola súa creación literaria e defensa da lingua galega. Cal é a autora que homenaxeamos este ano?

Rosalía de Castro

Xela Arias

Victoria Moreno

MOI BEN!

Volve a intentalo!

María de los Ángeles Arias Castaño, naceu en Sarria (Lugo) en 1962. Desde os seis anos chamáronlle Xela.Filla de Amparo Castaño López e Valentín Arias López, mestre, escritor e traductor.En 1984 María de los Ángeles pasou a ser María dos Anxos; e finalmente en 1995 un xuez autorizou o cambio de nome polo de Xela.

Ata os tres anos viviu na Granxa de Barreiros, onde seu pai era mestre.

Imaxinades o que é poder pasar o día entre vacas, pitos, ovellas ou cabalos? Vivir alí tiña outra gran vantaxe: a casa dos avós estaba moi preto e podía ir velos decote.

Despois a familia mudouse a Lugo. Alí comezou a ir á escola no Colexio Fingoi.

Con seis anos ilustrou canda seu irmán Xoán Carlos (que tiña catro) a portada do libro Os soños na gaiola?

Cando tiña sete anos, a familia trasladouse a Vigo.

Vigo é a cidade máis poboada de Galicia. Cando Xela chegou a ela contaba con 197.000 habitantes, hoxe achégase aos 300.000.

A súa infancia foi a dunha nena de barrio da época. Pola mañá ía ao colexio de Sárdoma, onde traballaba o seu pai, e pola tarde xogaba cos veciños e veciñas.

Vigo é a cidade máis poboada de Galicia. Cando Xela chegou a ela contaba con 197.000 habitantes, hoxe achégase aos 300.000.

Nas fins de semana e nas vacacións Xela e a súa familia volven a miúdo a Sarria. No San Xoán de 1968 Valentín Arias escribía estas liñas dedicadas á súa filla nun relato titulado Xeliña fala galego, que se centra na importancia da fala nai e na necesidade de falarlles aos meniños en galego para garantir a transmisión Xeracional.

Con só once anos, no ano 1973, gaña o concurso de contos infantís da agrupación cultural O Facho co conto A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia.

De que trataba aquel primeiro conto? Así o explicaba Xela nunha entrevista que lle fixeron no xornal Faro de Vigo:

Trata dun soño que tiña eu. Ía de viaxe moi alegre e atopábame cunha selva de paxaros; conducía o meu coche e os paxaros insultábanme; marchei de alí. E como me desaparecera o coche, entrei na selva dos leopardos e non sabían dicirme onde buscar o meu coche. Cando o atopei, ao ir tocalo, resulta que era de nata. Entón os leopardos conducíronme ao país dos magos e o coche volveuse outra vez de verdade.

Estudiou no instituto Castelao ubicado no barrio do Calvario.

En 1979 naceu unha nova editorial: Edicións Xerais de Galicia. Os seus creadores quixeron contar con ela no seu equipo. Aquela moza nova coñecía dende pequena o mundo da literatura galega e mergullouse de cheo nesa fábrica de libros e soños.

Na editorial traballou primeiro de oficinista e logo de corretora, tradutora e editora. A súa paixón pola literatura e a súa capacidade axudaron a converter Xerais nunha das editoriais máis importantes de Galicia.

1/10

a

B

1959

c

En que ano naceu Xela Arias?

1962

1964

MOI BEN!

Volve a intentalo!

1/10

a

B

c

Monforte

Sarria

Ribadeo

En que vila de Lugo nace Xela?

MOI BEN!

Volve a intentalo!

1/10

a

B

c

Como se chamaban os pais de Xela?

Amparo e Valentín

Angelita e Valentín.

Rosa e Manuel

MOI BEN!

Volve a intentalo!

1/10

a

B

c

María Amparo

María de los Angeles

María Valentina

Que nome lle puxeron a Xela cando naceu?

MOI BEN!

Volve a intentalo!

1/10

a

B

c

Valentín Arias López, pai de Xela, era mestre, escritor e traductor. Cando Xela tiña sete anos escribiu o relato "Xeliña fala galego". De que trata?

Fala da importancia de non renunciar a nosa lingua.

De Xeliña, que non quería xogar con outros nenos/as.

Fala do importante que é ler

MOI BEN!

Volve a intentalo!

1/10

a

B

A fraga dos leopardos e os paxaros perdidos

c

Cal é o título do conto co que Xela gañou o concurso que organizaba a agrupación cultural O Facho?

A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia

A acampada dos elefantes con leopardos

MOI BEN!

Volve a intentalo!

1/10

a

B

c

Cantos anos tiña Xela cando gañou o concurso de contos infantís?

11

14

16

MOI BEN!

Volve a intentalo!

1/10

a

B

c

Edelvives

Xerais

Galaxia

En que editorial traballou Xela Arias?

MOI BEN!

Volve a intentalo!

Xela tamén sabía gozar das súas moitas afeccións: percorrer en moto a cidade, escoitar música, facer submarinismo, explorar o mundo e... escribir, sempre escribir!.A poesía é o seu xeito de explicar como ve o mundo.

Publica en revistas literarias, participa en recitais e incluso escribe cancións para grupos de rock.

Tamén é una muller comprometida que defende causas xustas: os dereitos da muller, o ecoloxismo, o pacifismo, e que apoia proxectos a prol da cultura galega.

Malia o curto da súa traxectoria vital e profesional, deixounos catro poemarios.-

Denuncia do equilibrio. Publicado en 1986.

Tigres coma cabalos Os versos dialogan coas fotos de Xulio Gil, con quen Xela estivo casada dez anos.

Darío a diario Poemas ao redor da maternidade que teñen como protagonista o seu fillo que daquela tiña dous anos. Darío a diario. Invasión que se me convén fantástica. Invasión sen ocasión. Invadíuseme a vida de cueiros e biberóns, de roupiñas pequenas e xoguetes de colores, de risas, choros, agarimos, agarimos. Tódolos bebés son tu e ningún coma ti. Tódolos nenos son tu e ningún coma ti. Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti. Tódolos mozos son tu e ningún coma ti. Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti. Tódas as nais son eu e todas, coma min, saben que es único.

Publicada en xullo de 2003, apenas catro meses antes de finar.

1/10

Cal destas publicacións non é de Xela Arias?

MOI BEN!

Volve a intentalo!

autor.- Manuel María Teño que volver ós moi lonxanos días da mocedade a retornar ás terras de Barreiros e a Vilerma e contigo, teus pais e teus irmaus, revivir días soñando cun futuro no que aínda nada era imposible. Ti eras fonda claridade, unha grande ollada sosegada semellante cecais a unha abeleira.

Non sei qué ventos te levaron á beira do mar das despedidas decíndoche palabras indecisas -¿perderías ou non o equilibrio?- que che clarificaron ese sen sentido de ter que vivir nun mundo cruel. Foi entón cando o tigre máis feroz vilmente, a traición e por sorpresa nos destruíu inxustamente dun zarpazo a luz do teu amor

RECORDATORIO E LAIO POR XELA ARIAS

autor.- Manuel María

RECORDATORIO E LAIO POR XELA ARIAS autor.- Manuel María Teño que volver ós moi lonxanos días da mocedade a retornar ás terras de Barreiros e a Vilerma e contigo, teus pais e teus irmaus, revivir días soñando cun futuro no que aínda nada era imposible. Ti eras fonda claridade, unha grande ollada sosegada semellante cecais a unha abeleira. Non sei qué ventos te levaron á beira do mar das despedidas decíndoche palabras indecisas -¿perderías ou non o equilibrio?- que che clarificaron ese sen sentido de ter que vivir nun mundo cruel. Foi entón cando o tigre máis feroz vilmente, a traición e por sorpresa nos destruíu inxustamente dun zarpazo a luz do teu amor esperanzado.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Equipo de Dinaminación da Lingua Galega