Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Xacobeo 2021

Abadín

Santiago de Compostela

Arca

Arzúa

Sobrado dos monxes

Baamonde

Vilalba

Mondoñedo

Lourenzá

Ribadeo

O noso CamiñoO Camiño Norte

2020-2021

Pasiño a pasiño Faremos o Camiño PREPARADOS?

Curso 2020-2021

A vía de Fisterra e Muxía é a prolongación xacobea ata a Finisterrae romana, tamén chamada, “O fin do mundo” que situaban aos mediavais no Santuario de A virxe da Barca e no Cabo de Fisterra.. Ten certificación propia. Despois de conseguir a “Compostelana” o camiñante pode prolongar a súa viaxe ata o lugar onde Santiago destrúe o Altar do Sol, construído polos fenicios, na súa peregrinación pola Península Ibérica.

Camiño de Fisterra -Muxía

Este Camiño conmemora a ruta de entrada a Galicia que o sarcófago de pedra de Santiago Apóstol realizou ata chegar a Compostela desde Jerusalén no ano 44. No códice Calixtino, nárrase esta viaxe. Na actualidade pódese facer a través dunha travesía marítima, parando nos portos da Ría de Arousa ou por terra, visitando as diferentes localidades por dúas rutas:

  • Norte: parte de Ribeira
  • Sur: Sanxenxo
As dúas entrelázanse no río Ulla e de alí a Santiago de compostela, seguindo o Camiño Portugués

Mar de Arousa e Río Ulla

O Camiño do Suroeste

Este Camiño tamén se coñece como Vía da Plata que tamén desinaba á vía pública empedrada polo que os musulmáns se dirixían ao norte cristiano. Este camiño entra en Galicia polos Concellos da Mezquita e de Gudiña. Chegados a este punto pódense escoller dúas rutas: una que vai por Verín e a outra que atravesa por Laza. Ambas desembocan en Ourense e de aí ata Santiago.

O Camiño de Inverno Este Camiño era empregado, tradicionalmente, polos peregrinos na época invernal para evitar as neves no Cebreiro. Arranca dende a capotar da comarca leonesa do Bierzo, Ponferrada e, xa en Galicia, atravesa as catro provincias. En Lalín crúzase coa Vía da Plata ata chegar a Compostela.

O Camiño Francés Este Camiño foi declarado Patrimonio da humanidade pola UNESCO no 1993. Este Camiño entra en Galicia polo Cebreiro, de aí a Triacastela, Sarria, Portomarín, palas de Rei, Melide, Arzúa e Arca ata chegar a Santiago de Compostela.

O Camiño Primitivo Este Camiño é a primeira e a máis antiga na ruta de peregrinación, recoñecida, como o Camiño Norte, como patrimonio da Humanidade no 2015. O Camiño enlaza Oviedo con Santiago pasando, na gran medida por calzadas romanas.. Foi un camiño moi transitado por astur-galaicos nos séculos IX e X.

O Camiño Norte Este Camiño foi declarado Patrimonio da humanidade pola UNESCO no 2015. O Camiño Norte entra en Galicia por Ribadeo e continúa ata Compostela durante 198 Km. De Ribadeo pasa por Lourenzá, Abadín, Vilalba, Baamonde, Sobrado dos Monxes, Arzúa e Arca. De Arca a última etapa chega a Santiago de Compostela

O Camiño Inglés Este Camiño ten a súa orixe no Século XII, cando en 1147 unha escuadra de ingleses, alemáns e flamencos visitaron a tumba de Santiago. Debido a súa localización, as cidades de A Coruña e Ferrol serviron de portos de entrada para a peregrinación xacobea en tempos medievais para aqueles pobos europeos que decidían acceder por mar a Galicia. Os que máis viñan por este camiño eran os ingleses por iso empezou a coñecerse este camiño como o Camiño Inglés.

Temos diferentes camiños e todos levan a Santiago

Historia do camiño

Mandou levantar unha primeira capela de pedra e barro xunto ao antigo mausoleo e instaláronse os primeiros grupos beneditinos no Mosteiro de San Paio de Antealtares dende onde custodiaban as reliquias. Ata catro reconstrucións ou ampliacións sufriu a igrexa orixinal construíndose en 1075 a catedral románica que hoxe se conserva. A noticia propagouse rapidamente por toda Europa e os peregrinos empezaron a chegar á que, co tempo, acabaríase convertendo en Santiago de Compostela.

Pasiño a pasiño Faremos o Camiño

Curso 2020-2021

Conta a lenda que unha noite alá polo 830 o ermitán Pelayo veu unhas luces que viñan dun bosque próximo. Sorprendido por aquel fenómeno que se repetía noite tras noite avisou ao bispo de Iria Flavia, Teodomiro, quen despexou a zona e descubriu unha tumba con 3 sarcófagos. Din que a Divina Providencia revelou a Teodomiro a identidade dos ocupantes de aqueles sarcófagos: Santiago el Mayor e os seus discípulos Anastasio e Teodoro. O rei Alfonso II el Casto acudiu á chamada de Teodomiro realizando con toda a súa corte o Camiño dende Oviedo e converténdose no primeiro peregrino Xacobeo.

Historia do camiño

O camiño dos Aquilinos