Want to make creations as awesome as this one?

Proxecto de primaria e infantil do colexio CEIP PLURILINGÜE JAVIER SENSAT para o curso escolar adicado ao cinema

Transcript

Castelo de Soutomaior

a IDADE MEDIA

Aquí poderemos ver unha explicación sobre os castelos medievais. Veredes alguns clips de vídeo famosos sobre "O rei Arturo e os cabaleiros da mesa cadrada" dos Monty Python.

Esta é unha explicación sobre a sociedade do medievo. O alumnado de sexto explica como era a sociedade da época nos tempos do inicio do camiño De Santiago, e os artesanos.

De novo o alumnado de sexto conta como era a vida cotiá do medievo poñendo o exemplo do Castelo de Soutomaior, Pontevedra. Coméntase o interior do castelo e as súas partes e costumes do día a día. Tamén se poderán ver algúns clips da película de Robin Hood protagonizada polo actor Erol Flinn e outra versión máis moderna.

Este apartado trata da vestimenta de época e a maneira de vivir. A banda sonora é da serie de Xogo de Tronos e o alumnado de sexto explica a importancia da roupa especialmente na guerra. Nos clips de video aparece a figura do Rei Ricardo de Inglaterra, chamado corazón de león.

A orde de cabaleiros queda reflexada nesta explicación da orixe do rei Arturo e a súa espada Excalibur. Neste clip pódese ver o momento no que se fixo rei e dende entón o rito de nomear cabaleiros instaurouse por todo o medievo como no noso colexio entre o alumnado de infantil de 4 anos.

A orde de cabaleiros exemplifícase moi ben nesta explicación para o alumnado de infantil. O noso voluntario presenta á escudeira, a espada de reposto, o yelmo, a lanza, as cores do rei, insignia, escudo, etc.