Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

SABES QUE MULLER É?

Solución

Biblioteca "Os Soños na Gaiola" EDLG CEIP Juan Fernández Latorre

Moitos do seu tempo tíñanlle envexa polo intelixente que era e por ser muller.

Naceu en Alejandría polo ano 360 despois de Cristo.

Os seus estudos matemáticos facilitaron o cálculo.

Estudou tamén os astros, foi astrónoma.

Foi unha gran matemática.

Dicía que había que defender o dereito a pensar.

Solución

SABES QUE MULLER É?

Biblioteca "Os Soños na Gaiola" EDLG CEIP Juan Fernández Latorre

Foi tamén a primeira muller nun barco británico como investigadora científica.

Gustáballe mirar os libros de naturais que tiña seu pai.

Naceu o 3 de outubro de 1916 en Ferrol.

Estudou Ciencias Naturais na Universidade de Madrid.

Foi a primeira muller que traballou no Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Madrid.

Puxéronlle o seu nome a un barco oceanográfico en Vigo no ano 2012.

Solución

SABES QUE MULLER É?

Biblioteca "Os Soños na Gaiola" EDLG CEIP Juan Fernández Latorre

Os seus descubrimentos en bioloxía molecular foron moi importantes.

O seu traballo máis importante ten que ver co ADN.

Marchou a Estados Unidos e traballou no laboratorio de Severo Ochoa, un Premio Nobel.

Naceu o 30 de novembro en 1938, en Asturias.

Foi bioquímica.

Para ela a investigación era moi importante. Dicía que un país que .sen investigación non pode desenvolverse.

Solución

SABES QUE MULLER É?

Biblioteca "Os Soños na Gaiola" EDLG CEIP Juan Fernández Latorre

Considerada a 1ª enfermeira en misión humanitaria internacional.

Levou a vacina da variola ás colonias españolas en América

Marchou do porto da Coruña cun equipo médico e 22 nenos e nenas de entre 8 e 10 anos, que levaban a vacina.

Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina da Varíola.

Saíu para América a principios do século XIX.

Isabel nunca volveu a España. Agora hai un hospital en Madrid que leva o seu nome.

Solución

SABES QUE MULLER É?

Estudou Químicas na Facultade de Ciencias da USC.

En 1952 é contratada como axudante de observación no Observatorio Astronómico de Santiago, onde estará ata 1963.

Realizou grandes estudos sobre as estrelas.

Naceu no Carballiño (Ourense) o 13 de maio de 1914.

Estudou tamén Farmacia e Matemáticas.

É coñecida como "a contadora de estrelas".

Solución

SABES QUE MULLER É?

Naceu o 26 de agosto de1918 en Virginia Occidental (Estados Unidos de América).

Como era afroamericana e onde vivían no podía estudar máis do oitavo curso, seus pais marcharon a outro lugar onde puidese ir ao instituto.

Experta en matemáticas e xeometría, o seu traballo consistía en facer todos os cálculos que necesitaban os enxeñeiros aeronáuticos.

Sempre lle gustaron os números. De pequena contaba todo o que podía: os pasos que habí ata un sitio, árbores, edificios, etc.

En 1950 presentouse para traballar na axencia espacial que agora é a NASA.

Pouco a pouco recoñeceron o seu valor e traballou en grandes proxectos como lanzamentos de foguetes espaciais como o Apolo 11 ou Apolo 13 e participou tamén en plans de misión a Marte.

SABES QUE MULLER É?

Solución

Biblioteca "Os Soños na Gaiola" EDLG CEIP Juan Fernández Latorre

Dedicou a súa vida ao estudo do comportamento dos chimpancés e a defender o medio ambiente.

Fundou un instituto para protexer e estudar a chimpancés e puxo oficinas por todo o mundo.

Os seus estudos puxeron de manifesto moitas coincidencias entre os chimpancés e o ser humano.

Naceu en Londres en 1934.

Poñíalle nome aos chimpancés cos que traballaba e non un número, como se hacía normalmente.

Ata este momento é o único ser humano aceptado por unha sociedade de chimpancés salvaxes.

ELA É:

HYPATIA DE ALEJANDRÍA

ELA É:

MARGARITA SALAS

ELA É:

ÁNGELES ALVARIÑO

ISABEL ZENDAL

ELA É:

ANTONIA FERRÍN MOREIRAS

ELA É:

ELA É:

KATHERINE JOHNSON

ELA É:

JANE GOODALL