Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

C.P.R.Plurilingüe La Milagrosa Lugo

Día da muller

8 de marzo de 2021

O Día 8 de Marzo, foi institucionalizado por decisión das Nacións Unidas en 1975, como o Día Internacional das Mulleres

Recoñecendo de maneira implícita que as mulleres, viven en clara desvantaxe cos homes, admitindo a necesidade de deseñar políticas públicas que corrixan esta situación de desigualdade e clara discriminación.

As mulleres de todos os continentes, separadas por fronteiras nacionais, diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas únense para celebrar o seu día.

O lema deste ano 2021 é :

“Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19

Celebramos os enormes esforzos que realizan mulleres e nenas en todo o mundo para forxar un futuro máis igualitario e recuperarse da pandemia da Covid-19.

As mulleres atópanse na primeira liña da crise da Covid-19 como traballadoras da saúde, coidadoras, innovadoras e organizadoras comunitarias.

Hoxe queremos homenaxear a dúas mulleres que viven o seu compromiso desde a fe, loitando cada día para axudar a aquelas persoas cuxas circunstancias lles restaron a capacidade de valerse por si mesmas.

Sor Faustina

Sor Montse

Coordinadoras do comedor San Froilán

Como un compromiso de toda a Comunidade Diocesana con motivo do Xubileo do ano 2000

Como un proxecto diocesano:é a Diocese a que ofrece unha resposta a persoas que realmente o necesitan

Como un proxecto solidario que pretende compartir cos irmáns o noso pan de cada día.

O Comedor San Froilán nace

Así nos contan as irmás a súa experiencia

(Pincha en "YouTube" para ver o video)

Grazas!

Equipo Animación Pastoral-Equipo Normalización Lingüística