Xogo:Memoria illas atlánticas
parquenacionalillasatlanticas1
Created on March 1, 2021
Xogo de memoria sobre os ecosistemas terrestres e mariños do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
More creations to inspire you
Transcript
Cíes
Ons
Sálvora
Cortegada
As pezas da paisaxe
Pincha nas pezas e descubrirás os segredos de cada lugar.
Nas PRAIAS e DUNAS as condicións son moi duras para as plantas. Ali teñen que soportar: o sol, o sal e a sede xunto cun solo moi seco e pouco abonado. Ademáis o vento move as areas podendo destapar as raíces!. Así que as plantas dunares teñen que adaptarse e buscar solucións:
- raices que almacenan auga,
- follas de verde claro e pálido para reflexar a luz e así soportar o calor,
- follas moi resistentes ou moi flexibles para non romper co vento,
- raíces longas que agarran da area, etc.
As distintas plantas van medrar nas dunas máis próximas ao mar ou nas máis alonxadas segundo soporten máis ou menos a proximidade do mar e o seu sal. Por exemplo: a eiruga do mar (Cakile maritima) é capaz de vivir na praia, o feo de praia (Ammophila arenaria) ou a artemisia de praia (Artemisia crithmifolia) nas primeras dunas pero o helicriso (Helychrisum italicum subsp. serotinum) e camariña (Corema album) teñen que vivir nas dunas máis alonxadas do mar.
Algunhas plantas que podes ver nas dunas das illas son moi escasas, por exemplo a Armeria pungens que as do Parque Nacional son as únicas que podes ver en Galicia e a Linaria arenaria, está catalogada en Perigo de Extinción!.
Os CANTÍS das illas son grandes paredes que dan ao mar, onde crían as aves mariñas, como a gaivota patiamarela (Larus michahellis) e o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis). As illas representan para estas dúas especies un dos seus lugares preferidos para criar, xa que non hai moitos depredadores e no seu mar teñen alimento. Outras aves mariñas máis escasas, como o paiño (Hydrobates pelagicus) ou a pardela cincenta (Calocnetris diomedea), tamén crian no cantil das illas, sendo un dos poucos sitios de Europa onde o fan.
É dificil pensar que entre estas pedras azotadas polo vento mareiro sexan capaces de medrar as plantas, verdade? apenas sen solo e moito vento e sen auga nas raíces!, e aínda así hai plantas que son capaces de vivir entre as gretas das pedras como a herba de namorar (Armeria pubigera subsp. pubigera), o brizo (Angelica pachycarpa) e a caléndula do Algarve (Calendula incana subsp. algarbiensis).
Ás MATOGUEIRAS é a vexetación que cobre a maior parte das illas, agás cortegada que é mais boscosa. A planta máis abundante nestas matogueiras é o o toxo (Ulex europaeus subsp. latebracteatus), acompañados de fentos comúns (Pteridium aquilinum) e silvas (Rubus ulmifolius). Nalgúns arquipélagos o mato ademáis está formado por carqueixa (Erica spp.), e en Ons e Sálvora medra a xesta Cytisus insularis, planta que so medra neste Parque Nacional.
É un lugar cheo de vida xa que nos matos refúxianse gran parte dos animais das illas: coellos e outros pequenos animais como aves, réptiles e insectos.
Os BOSQUES nas illas son moi escasos debido a que os ventos do mar ás veces veñen moi con moita forza e cargados de sal, duas cousas que as árbores non resisten moi ben.
En Cíes, Ons e Sálvora pódense ver algunhas árbores autóctonas medrando nas súas zonas máis resgardadas do vento. Sen embargo en Cortegada a illa está casi completamente cuberta de árbores xa que é unha illa protexida no interior da ría. Loureiros, salgueiros, ameneiros, carballos e cerquiños son as árbores máis abundantes na illa, xunto con especies de fora como o eucalipto ou o piñeiro.
Nos fondos de rocha que permanecen sumerxidos incluso con marea baixa, crecen os BOSQUES DE GRANDES ALGAS PARDAS formados por Saccorhiza polyschides, Laminaria ochroleuca e Laminaria hyperborea, especies de gran talla. Estas zonas dan alimento e refuxio a moitas especies animais como vermes poliquetos, a peneira (Haliotis tuberculata), a lapa pelúcida (Patella pellucida), que se alimenta das laminarias, a nécora (Necora puber) ou a centola (Maja brachydractyla). Tamén son moitos os peixes que atopa refuxio e alimento neste particular bosque, como o abadexo (Pollachius pollachius), o congro (Conger conger), o mero (Polyprion americanus), os góbidos ou os blénidos. Formando parte do sotobosque de laminarias, así como en zonas libres do mesmo, se atopa a alga parda Cystoseira baccata que nos indican a existencia das augas limpas libres de contaminación, e frecuentados por cabaliños de mar.
Os FONDOS DE MAËRL, formados por algas coralináceas calcificados, ofrecen una intricada rede de refuxios albergan unha gran diversidade animal entre a que está a volandeira (Aequipecten opercularis) ou a vieira (Pecten maximus), cangrexos ermitáns da especie Anapagarus hyndmany así como as fases xuveniles de especies como a nécora (Necora puber) oo o choco (Sepia officinalis). Entre os peixes destacan os bolos (Ammodytes tobianus). Estes fondos son considerados a nivel europeo un hábitat de alto valor ecolóxico pero moi vulnerables, polo que os usos deben estár moi restrinxidos.
Os FONDOS DE CASCALLO están formados por grandes restos de cunchas de moluscos. Tamén aquí se agocha unha variada fauna: bivalvos como a vieira (Pecten maximus), a zamburiña (Chlamys varia) ou a ameixa rubia (Venerupis romboides), berberecho bravo (Acanthocardia sp), variedade de vermes poliquetos, polbos (Octopus vulgaris); fanecas bravas (Echiichtys vipera), etc.
Os FONDOS de ROCHA son zonas moi oxixenadas e onde gretas, covas, paredes, etc., ofrecen moito refuxio, polo que hai gran número de especies. Na zona que queda emerxida durante a marea baixa é común o mexillón (Mytilus galloprovincialis) e, nas zonas máis expostas ao embate do mar, medra o percebe (Pollicipes cornucopia), sobre unha base de arneiróns dos xéneros Balanus y Chthamalus, entre os que tamén viven o bígaro (Littorina neritoides) e a lapa (Patella spp.). Sumerxidos nas charcas de marea baixa se encontran o ourizo de mar común (Paracentrotus lividus) ou os apegóns (Anemonia sulcata). No que se refire ás algas, son abundantes as calcáreas incrustantes, outras como a coralina (Corallina elongata), Gelidium sesquipedale, o musgo de Irlanda (Chondrus crispus) o as do xénero Fucus.
Nestos fondos as AREAS están sempre en movemento. Como resistirias ti vivir entre areas movedizas? Os animais e plantas buscan a maneira:
- ou ben soterrados para ancorarse no fondo e que as corentes non te leven lonxe como por exemplo as navallas (Ensis spp.), ameixas babosas (Venerupis pullastra), berberechos (Cerastoderma edule). Estos moluscos teñen un sifón que chega á superficie de area por onde filtran auga para asi poder respirar e alimentarse.
- ou ben desprazándose sobre el, como os peixes planos (rodaballos, raias, lenguados...) que nadan pegados ao fondo e coa mesma cor que area par camuflarse e non ser vistos.
A seba é unha planta con flores que cos seus longos rizomas son capaces de suxeitar a area e crear pradeiras sumerxidas, creando zonas de refuxio e de cría para moitos peixes e moluscos, como o choco.
Uppss!
Ala! esta non era.
Uff! trabuqueime...
Ala! que non pasa nada, inténtao outra vez!
Ala! eu pensaba que era
As plantas e animais das DUNAS pasan sede e fame. Teñen trucos especiais para sobrevivir.
Ai! este non.
Ala! esta non era.
Uff! trabuqueime...
Ala! que non pasa nada, inténtao outra vez!
Uppss!
Upss!
Ala! esta non era.
Ala! que non pasa nada, inténtao outra vez!
Oh!
Aquí non está!
Uppss!
Seguinte
Aquí non está!
Uppss!
Uff! trabuqueime...
Ala! que non pasa nada, inténtao outra vez!
Ala! eu pensaba que era
Esta non era!
Ui! que non era esta.
Ala! que non pasa nada, inténtao outra vez!
Esta non...a por outra!
Ai!
Ala! eu pensaba que era
Ala! non era esta.
Vaia! esta non é.
Esta non é
Ala! esta non era.
Uff! trabuqueime...
Ala! que non pasa nada, inténtao outra vez!
Ai!
Non é aquí!
Ai!
Vaia! non era esta.
Ui! aquí non.
Ala! que non pasa nada, inténtao outra vez!
Ala! eu pensaba que era
Ai!
Ala! esta non era.
Uff! trabuqueime...
Ala! que non pasa nada, inténtao outra vez!
Trabuqueime
Ala! non era esta.
Vaia! esta non é.
Solución
PRAIA e DUNA
MATOGUEIRA
BOSQUE
FONDO DE ROCHA
FONDO DE AREA
FONDO DE MAËRL
BOSQUE DE ALGAS