Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

Día da Muller

de marzo

2021

Mulleres

Galegas

Deportistas

@burbullasdePT

Historia

Curtas

Deportistas

Speedcups

Primaria

Xogo

Conto

Infantil e Primaria

Infantil e Primaria

Quen quere ser millonario?

Primaria

Aforcado

Monta o teu mural

EI e EP

EI e EP

Canta

Historia.

Curtas.

DragonBoy

Una feliz Catástrofe

La niña más pequeña de toda la escuela

Las princesas también se tiran pedos

Super Lola

Curtas.

Te quiero (casi siempre)

El niño/la niña que...

La princesa que quería escribir

Las princesas también se tiran pedos

Curtas.

Irene González

Naceu na Coruña o 26 de marzo de 1909 e morreu no 1928 con 19 anos a causa dunha tuberculose pulmonar.Converteuse na primeira muller futbolista de Galicia e de España.Durante os seus 19 anos pelexou e traballou duro para conseguir o recoñecemento que se merecía no mundo do fútbol.

Foi a primeira muller futbolista dianteira centro, a primeira gardameta, a primeira capitá e a primera muller en xogar nun equipo de homes, conseguindo así ser a primeira en disputar unha competición de fútbol masculina.

Hilda Rodríguez

Naceu en Portomarín o 10 de maio de 1955.É unha deportista que competiu en bochas adaptadas.Gañou dúas medallas de ouro nos Xogos Paralímpicos de Atlanta 96.​

Foi a primeira lucense en subirse ao podio nuns Xogos Olímpicos, primeira medallista paralímpica galega.Ao longo dos 12 anos que competiu en atletismo e boccia coa Federación de Paralíticos cerebrais conseguiu 52 medallas de ouro -dúas delas en Atlanta 96-, 14 de prata, dez bronces, 11 récords nacionais, un ibérico e 19 medallas as 13 veces que foi internacional.

Cristina Fernández Piñeiro

María Cristina Fernández Piñeiro naceu en Gondomar o 10 de outubro de 1963.Foi xogadora de balonmán no colexio e despois nun clube de Vigo, dende os 13 aos 20 anos.Foi unha árbitra española de balonmán, a primeira muller en arbitrar en Asobal e en partidos internacionais, con dúas décadas de traxectoria na élite deste deporte español e europeo.

Foi toda una referencia no mundo da arbitraxe, foi a primeira en acudir como colexiada a unha fase final dun mundial e a uns Xogos Olímpicos.Acumula no seu historial máis dun centenar de partidos internacionais.É, ademais, unha das pioneiras no traballo pola igualdade da muller noutras ligas europeas.

Begoña Fernández

Naceu en Vigo o 22 de marzo de 1980.Foi xogadora olímpica de balonmán e un dos rostros máis destacados das Guerreras.Chegou a ser unha das mellores xogadoras do mundo e a mellor pívot do planeta, logrou coa selección, da que foi capitá, as súas primeiras medallas internacionais, como o bronce no Campionato do Mundo do 2011 ou o mesmo metal nos Xogos Olímpicos do 2012.

Tras unha longa carreira, dixo adeus no 2015 ao deporte. Nese mesmo ano comezou a traballar no hospital Álvaro Cunqueiro como auxiliar.

Verónica Boquete

Empezou a súa traxectoria nas categorías inferiores da Sociedade Deportiva Xuventú Aguiño de Ribeira.Desde febreiro de 2015 é embaixadora da UEFA para o desenvolvemento do fútbol feminino e desde 2017 forma parte da comunidade de futbolistas CommonGoal, iniciativa liderada polo tamén español Juan Mata que loita a favor da reintegración social da infancia a través dos fondos recaudados co 1% do salario dos e das futbolistas da comunidade.

Naceu en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987. É unha futbolista española que xoga como centrocampista na Associazione Calcio Milan da Serie A de Italia. Foi internacional coa selección española.

Saleta Fernández

Naceu en Monforte de Lemos (Lugo). Fixo os seus primeiros estudos no CEIP A Gándara, onde o seu mestre de Educación Física, Felipe Barata, amante do Atletismo, animouna a adestrar nesta modalidade.A partir do 2009 comezou a gañar medallas, a primera na categoría infantil a nivel galego e, a continuación, comezou a ir a campeonatos nacionais.​ Aos 16 trasladouse ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde estudou bacharelato.

Alí saltou 1,75 m. Por consello de Ruth Beitia, trasladouse a Santander para adestrar con ela e co seu adestrador Ramón Torralbo.En xuño de 2014 foi seleccionada para os Xogos Olímpicos da Xuventude.

Adiaratou Iglesias

Naceu en Bamako (Mali) o 6 de febreiro de 1999.ten un resto visual de apenas un 10% e chegou a España con 10 anos onde foi adoptada por unha mestra de Lugo despois de pasar parte da súa infancia nun centro de menores.

Adestra no Clube galego Lucus Caixa Rural Galega.​ Palmarés de 2019Subcampeona do mundo de atletismo paralímpico en 100 e 200 metros lisos) celebrado en Dubái.Ten praza para os Xogos Olímpicos de Tokio onde poderemos volver a desfutar dos seus trunfos.

Susana Rodríguez Rivas

Naceu en Vigo en 1988.É unha triatleta paralímpica. Nacer con menos dun 10 % de visión non lle impediu licenciarse en Medicina nin converterse nunha deportista incansable, toda unha campiona.

A paratriatleta conquistou a medalla de prata no Mundial da disciplina que se celebrou en Róterdam, mérito que se suma á terceira posición obtida no anterior mundial e á quinta lograda en Río 2016. Agora mesmo atópase preparando a temporada actual, enfocada tamén aos Xogos de Tokio 2021 e loitando en primera liña contra a Covid-19 no Hospital de Santiago de Compostela

Marta Brañas

Naceu en Arteixo (A Coruña) en 1985.É Campiona de España de boxeo.A Marta coñécese como a Potrilla de Arteixo. Ten 35 anos e xa fixo historia.Converteuse na primeira boxeadora profesional galega e, despois, no 2015, en campeona de España.Foi a primeira boxeadora profesional galega, e a primeira española que debutou profesionalmente en América.

Tamara Echegoyen

Tamara Echegoyen Domínguez naceu en Ourense o 17 de febreiro de 1984.É unha deportista española que compite en vela nas clases Elliott . Participou en dous Xogos Olímpicos de Verán, obtendo unha medalla de ouro en Londres 2012 e o 4º lugar en Río de Janeiro 2016.​

Gañou unha medalla de ouro no Campeonato Mundial de Match Race de 2013, dúas medallas de ouro no Campeonato Mundial nos anos 2016 e 2020, unha medalla de ouro no Campeonato Europeo de Elliott de 2011 e unha medalla de bronce no Campeonato Europeo de 2016.Foi distinguida tamén co Premio nacional do Deporte e o ano pasado converteuse na primeira española en participar na Volvo Ocean Race, unha intensa proba de nove meses.

Beatriz Gómez Cortés

Naceu en Pontevedra o 29 de decembro de 1994.Deportista olímpica que compite en natación.Foi a mejor nadadora galega da historia. Olímpica en Londres 2012, cando só tiña 17 anos, entre os seus mellores resultados destacan o Campionato Mundial Júnior en 200 metros estilos acadado no 2011 en Lima ou un sexto posto en 400 metros libres no Campionato de Europa Absoluto en Francia.

A pesares da decepción que supuxo non poder obter un billete olímpico para Río a deportista confía en que esta tempada sexa a do seu retorno á élite.

Chus Lago

Naceu en Vigo o 25 de decembro de 1964 é alpinista, exploradora, escritora e política.Entre os seus logros máis destacados como deportista destacan acadar o cumio do Everest sen osíxeno artificial en 1999, converténdose na primeira muller española e a terceira do mundo en conseguilo. Para baixar si que o necesitou durante dúas horas e media, polo que o seu éxito non figura nos libros como ascenso sen osíxeno.En 2004 converteuse na primeira muller do alpinismo nacional en obter o título "Leopardo de las Nieves".En 2009 converteuse na primeira española en acadar o Polo Sur en solitario a través da Antártida.

As súas últimas expedicións tiveron lugar en diversas rexións polares, liderando o proxecto "Compromiso con la Tierra". .

Ana Peleteiro

Naceu en Ribeira o 2 de decembro de 1995.É unha atleta española, plusmarquista en triple salto en todas as categorías de idade a partir de sub-18. É a actual campiona de Europa en pista cuberta.Formouse na súa localidade competindo ata os 17 años na Asociación de Atlétismo e Deportes do Barbanza.O 12 de xullo de 2012, proclamouse campiona mundial júnior​ e bateu a mellor marca europea de todos os tempos da súa categoría.En xuño de 2019 trasladouse a Madrid, para continuar a súa progresión no Centro de Alto Rendemento para deportistas da capital, e ese 1 de octubro ficha polo F.C. Barcelona.​Actualmente, estuda Ciencias da Actividade Física e Deporte no INEF.

En 2019 conseguiu a medalla de ouro no Campionato Europeo en pista cuberta cun mellor salto de 14,73 m, novo récord de España absoluto. Por este éxito la RFEA escolleuna como mellor atleta española do ano.​ Durante este febreiro do 2021 proclamouse campiona no Campionato de España celebrado en Madrid.

En 2018 obtén os seus 1º éxitos internacionais en categoría absoluta. O 3 de marzo consegue o bronce nos mundiais de pista cuberta de Birmingham e o 10 de agosto o bronce no europeo ao aire libre, celebrado en Berlín.

Sara Álvarez Folgueira

Naceu en Lugo o 14 de novembro de 1990.A súa historia no judo comezou aos 4 anos, cando seu pai a apuntou nas extraescolares. Copaso dos anos comezou a competir a nivel rexional e nacional conseguindo o seu primeiro título en 2004.Dende aquel momento empezou a competir a nivel nacional e internacional en todas as categorías, acadando medallas en campionatos importantes;Copas do Mundo, Campionatos deEuropa, chegando, incluso a participar, nos torneos máis importantes a nivel mundialsenior.Deste xeito conseguiu estar no posto 21 do Ranking Mundial, a punto de obter praza para os Xogos Olímpicos de Londres 2012, consolidándosecomo a mellor judoka galega de todos os tempos.

Pouco despois sufriu outra recaída abandonando a competición para recuperarse ao 100%. Neste momento Sara, espera impaciente a chegada dos Xogos de Tokio para os que está adestrando con ilusión e traballo para conseguir volver subir ao máis alto do podio.

En 2009 disputando a semifinal do Campionato do Mundo Junior lesionouse gravemente e despois de varias operacións e un longo tempo de recuperación volveu a competir ao mesmo nivelconseguindo ser campiona de España senior, medallas en Copas do Mundoe subir ao máis alto do podium no Campionato de Europa sub-23.

Ordena os gobeletes

speedcups

tan rápido como poidas

¿

?

Ana Peleteiro é plusmarquistaSaleta Fernández naceu en MonforteAdiaratou naceu en MaliChus Lago é alpinistaVerónica Boquete é de SantiagoBegoña Fernández naceu en 1980Marta Brañas é de ArteixoA Tamara gústalle o mar.Susana Rodríguez é médico.Cristina foi a primeira árbitro.Hilda competiu en bochas adaptadasIrene foi futbolista no 1920Marta, a Potrilla de ArteixoPelteiro é campiona españolaChus Lago é viguesa.Hilda ganou dúas medallas olímpicasCristina Fernández naceu en GondomarBegoña Fernández deixou a competición.Verónica xoga na liga italiana.Saleta adestra en Santander.Adi é subcampiona do mundoSusana competirá nos Xogos 2021Beatriz gómez mellor nadadora galegaSara é a mellor Judoka.Sara Álvarez naceu en Lugo.Sara Álvarez ten trinta anos.

x

x

x

x

x

Cambia texto aquí

Le message "Impossible de charger le contenu enrichi" est normal -->

Emparella cada nena coa súa sombra

Le message "Impossible de charger le contenu enrichi" est normal -->

Emparella cada nena coa súa sombra

Le message "Impossible de charger le contenu enrichi" est normal -->

Emparella cada nena coa súa sombra

Busca as parellas

Busca as parellas

Aforcado día da muller

Monta o teu mural...

@burbullasdePT