Want to make creations as awesome as this one?

Plantilla interactiva sobre a xestión de residuos no Concello de Boiro

Transcript

BOIRO

A sección web, "A xestión de residuos en Boiro", nace como iniciativa da FEMP co gallo do convenio de colaboración con ECOEMBES. Con ela, o Concello de Boiro pretende axudar aos cidadáns a que coñezan, de xeito sinxelo e ameno, a información máis interesante de residuos da súa cidade.

Explora as seccións deste menú e descubre o seu contido de forma interactiva.

Desenvolvido por EcoAvantis

BOIRO

A XESTIÓN DE RESIDUOS EN

Coñece os residuos que xestiona o Concello de Boiro. Aprende a identificar onde depositar cada residuo, algunhas equivalencias sobre a súa reciclaxe e os erros máis frecuentes aos que te enfrontas días a día.

Deposita os teus residuos de papel e cartón no contedor azul

  • Papel usado: xomais, revistas, follasde papel, etc.
  • Envases e caixas de cartón

Depósito durante as 24h do día. Recollida periódica

  • Dobra os residuos de papel e cartón que xeras para que ocupen o mínimo espazo posíbel en contedores
  • Se es un pequeno comercio, colexio, oficina, etc. e depositas os teus residuos de papel e cartón nos lugares de acopio sinalados para que os recollan porta por porta, asegúrate de dobrar, amontoar e depositalos libres doutros residuos
  • Asegúrate de que os teus residuos de papel e cartón non conteñan comida, cartóns, papeis plastificados, cueiros, etc.
  • Retira grampas, canudos e plásticos que veñan incorporados nos residuos de papel e cartón que xeras
  • Emprega ou merca envases grandes e evita empregalos pequenos para xerar menos residuos
  • Reduce o consumo de produtos desbotábeis ou que conteñan demasiados envases de papel e cartón

Deposita os teus envases lixeiros no contedor amarelo

  • Envases metálicos, latas, bandexas de aluminio e tapóns metálicos
  • Cartóns
  • Envoltorios de plástico e aluminio, bolsas, envases ao baleiro, oveiros, pratos desbotábeis, etc.
  • Botellas e envases de plástico, produtos de limpeza, iogures, terrinas, etc.
  • Caixas pequenas de madeira para viño, fresas, estoxos, etc.

  • Baleira sempre o contido que queda dentro do envase e procura que estean o máis limpo posíbel a fin de facilitar o traballo do operarios
  • Deposita os envases dobrados ou compactados para aforrar espazo
  • Non introduzas envases dentro doutros envases
  • Emprega sempre que poidas bolsas que poidas volver a empregar en futuras compras
  • Reutiliza os envases e evita os que só sexan dun só uso
  • Sácalle partido a envases e outros obxectos que non empregues e délles utilidade, seguro que serven para algo

Depósito durante as 24h do día.

Deposita os teus residuos de vidro no contedor verde

  • Botellas de vidrio
  • Tarros
  • Frascos
Os contedores verdes de vidro situados nas rúas serven para recoller tan só os envases de vidro (tarros, frascos e botellas). Mais hai outros materiais, como a cerámica ou outros tipos de vidro (vasos, cristais das xanelas, etc.), que por teren unha composición distinta á do vidro dos envases, deben de depositarse no punto limpo máis próximo. Entra nesta ligazón para saberes máis sobre os residuos de vidro.

  • Baleira sempre o contido que queda dentro dalgúns vidros e deposítaos o máis limpo posíbeis
  • Antes de separar as botellas, separa os tapóns, tapas e bolsas e deposítaos no contedor amarelo
  • Non deixes nada fóra do contedor

De 8 a 22h. Recollida periódica

Deposita a túa roupa e calzado usados no contedor vermello de Cáritas ou levao o punto limpo.

  • Roupa de vestir
  • Calzado
  • Textil do fogar
  • Outros produtos téxtiles
Preme nesta ligazón para saberes máis información sobre os residuos de téxtil e calzado.

  • Desconfía das ONGs ou entidades falsas que colocan caixas de cartón na túa comunidade de veciños ou barrio. Consulta a seguinte listaxe para coñecer que xestores de roupa autorizados existen no teu concello: http://www.ocu.org/consumo-familia/nc/informe/contenedores
  • En moitos casos, a roupa poderala depositar no punto limpo de túa cidade ou en entidades sociais ou benéficas
  • A roupa usada que desexes depositar no contedor lávaa, dóbraa e deposítaa en bolsas pechadas dentro dos contedores
  • Os zapatos deben estar apareados e unidos polos cordóns ou ben con cinta e dentro deunha bolsa
  • Outros elementos como cintos e bolsos deberían de estar o máis compactados posible
  • Ten coidado de non depositar outros residuos, en especial aqueles que poidan ensuciar a roupa (restos de comida, pinturas, produtos de limpeza, etc.)

Horario definido polo edificio que alberga o contedor, polo punto limpo fixo municipal (P.I. Espiñeira) con horario de Martes a Sábado de 10h. a 14h. e de 16h. a 20h.

Garda o teu aceite usado doméstico en botellas ou garrafas e deposítao nos contenedores especializados dispostos na via pública ou no punto limpo

Aceites domésticos usados de todo tipo Preme nesta ligazón para saberes máis información sobre os residuos de aceites domésticos.

  • Non vertas o aceite utilizado nunca polo sumidoiro, pode causar graves problemas de contaminación
  • Almacena correctamente o aceite e lévao a un punto limpo
  • Emprega funis especiaies que se axusten ás botellas mediante unha rosca igual á do tapón e que normalmente o Concello reparte de balde
  • Informáte sobre onde existen contedores para o aceite usado ou os puntos limpos máis próximos á túa casa
  • Se non hai puntos limpos ou contedores preto ou se prefieres empregar o aceite usado doutro xeito, recomendámoste empregalo para fabricar xabón:
Como facer xabón con aceite usado1 litro de aceite usado de fritir; 1 litro de auga (se é de choiva, mellor) 160 g de sosa cáustica de 90% 20-40 ml de aceite esencial (opcional); Luvas; Gafas de protección, no caso de estar nun lugar pechado; Utensilio para remexer a mestura Recipiente onde mesturar ingredientes; Recipiente para molde Antes de comenzar, deberás poñerte as luvas, para evitar que a sosa cáustica dane a túa piel e, no caso de estares nun lugar pechado, é recomendábel empregar gafas de protección para que non se nos irriten os ollos por mor dos vapores desprendidos.uncomo.com

Horario de apertura de punto limpo (Martes a Sábado de 10h. a 14h. e de 16h. a 20h.). Nos contenedores específicos dispostos na vía pública as 24 horas.

Deposita os teus medicamentos caducados e os seus envases no punto SIGRE máis próximo

  • Medicamentos caducados coa súa caixa e prospecto
  • Cartela de medicamentos
  • Envases baleiros de medicamentos ou con restos de medicación
  • Medicamentos que non necesites
Bota unha ollada aquí para coñecer como reciclar ben os medicamentos e os seus envases (Fonte: Sigre). Entra nesta ligazón para saberes máis sobre os residuos de medicamentos caducados.

  • Revisa periódicamente a caixa de primeiros socorros doméstica para non acumular medicamentos.
  • Emprega os puntos SIGRE, aseguraraste de que se procesan axeitadamente. Aquí tes unha ligazón para atopar o máis próximo: http://www.sigre.es/recicla-punto-sigre/reciclaje/.
Qué se hace con los envases y medicamentos del punto SIGRE-Spot 10 segundos campaña "Mano a mano, por un mundo mejor" Spot campaña "Mano a mano, por un mundo mejor" cita SIGRE ofrece un tratamiento medioambiental específico a los residuos de medicamentos y a sus envases Los restos de medicamentos son residuos especiales.Sigre
  • Podes reciclar medicamentos estean ou non caducados.
  • Intenta levar os medicamentos no seu envase orixinal.
  • Os envases poden conter medicamentos ou estar baleiros.

Horario definido polo edificio que alberga o contedor (boticas-Punto SIGRE)

Deposita os teus residuos de pilas y baterías usadas no punto limpo ou no mini punto limpo. Ademáis, existen diversos edifcios (concello, comercios,etc) que dispon de contenedores específico para o depósito de pilas e baterias.

  • Baterías botón
  • Baterías estándar
  • Acumuladores portátiles
  • Baterías, acumuladores e baterías de automoción
  • Baterías, acumuladores e baterías industriais
  • Outros tipos
Entra nesta ligazón para saberes máis sobre os residuos de baterías.

  • Non tires nunca as baterías ó lixo, deposítaas sempre en contedores axeitados
  • Non intentar nunca recargar unha batería que non sexa recargábel
  • Non mestures baterías de distintas marcas ou con cargas distintas

Horario definido polo edificio que alberga o contedor, mini punto limpo e punto limpo municipal ,con horario de Martes a Sábado de 10h. a 14h. e de 16h. a 20h. (Luns, Domingo e festivos pechado)

Lembra que os pratos, vasos, floreiros, lámpadas de baixoconsumo, cerámicas, porcelanas, espellos e cristais de xanelas... ...NON son admitidos no contedor de orgánica e restos! Gárdaos elévaos ao punto limpo máis próximo

Con 8 latas de conserva poderíase fabricar unha ola de cociña Con 80 latas de refresco poderíase fabricar un aro de bicicleta Con 8 caixas de cereais poderíase fabricar un libro Con 6 cartóns baleiros poderíase fabricar unha caixa de zapatos Fonte: Ecoembes

O Concello de Boiro responsabilízase da xestión e tratamento dos residuos que se xeran no seu concello. Fai clic nas iconas que presentamos deseguido para saber onde depositalos, cal admite cada contedor, algúns hábitos responsábeis e os horarios recomendados para axudármonos a reciclar e sermos máis sostíbeis.

Deposita os teus residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) no punto limpo fixo do concello. Podes depositar os pequenos aparatos no mini punto limpo. Os RAEE poderán tamén entregarse ao distribuidor no momento da adquisición dun novo electrodoméstico ou solicitar o servizo de recollida a domicilio especial.

Calquier aparato eléctrico (exemplo electrodoméstico) ou electrónico (computadora) que funcione mediante conexión á rede eléctrica ou mediante unha fonte de enerxía, batería o acumulador eléctrico:

  • Frigoríficos, cociñas, radiadores
  • Aspiradoras, cafeteiras, secadores, modelador do pelo
  • Lavadoras, lava-louza, ferramentas
  • Computadoras, pantallas, teléfonos
  • Radios, televisores, instrumentos musicais
  • Fluorescentes, lámpadas, LEDs
  • Brocas, máquinas de coser, corta céspedes
  • Consolas, xoguetes teledirixidos, cronómetros deportivos
  • Termómetros, tensiómetros, estetoscopios
  • Detectores de fume, termóstatos, alarmas
  • Máquinas expendedoras, etc.

  • Identifica calquera RAEE de forma moi sinxela: comproba se precisou de baterías ou corrente eléctrica para funcionar.
  • Non abandones ou deposites estes residuos en lugares non autorizados, pois pode supoñer a contaminación do chan, augas e contorna además dunha sanción.
  • Non tires ó lixo os aparatos eléctricos ou electrónicos.
  • Infórmate sobre os comercios de túa vila que dispoñen de contedores específicos para certos RAEE.
  • Nunca abandones un RAEE xunto ao contedor do lixo con idea de que "xa o aproveitará outro".
  • Nunca manipules un RAEE para desmontar as súas pezas y mesturalas con outros residuos

Horario de punto limpo fixo: Martes a Sábado de 10h. a 14h. e de 16h. a 20h. Luns, Domingos e festivos pechado e mini punto limpo. No caso dos comercios, horario definido por dito establecemiento.

  • Restos de comida
  • Papel e cartón manchado de aceite, pintura, etc.
  • Obxectos de goma
  • Tapóns de cortiza
  • Cueiros, compresas e tampóns
Lembra non depositar no contedor de restos vidro, papel e cartón, envases de plástico, cartóns, etc.! Entra nesta ligazón para coñecer máis sobre os residuos orgánicos.

De 20h a 06h. Recollida en servizo diario nos núcles de Boiro, Escarabote e Cabo de Cruz. As ·24 horas no resto dos núcleos.

  • Introduce dentro do contedor para non ensuciar os arredores
  • Emprega, se é posíbel, bolsas biodegradábeis para depositar o lixo orgánico
  • Pecha ben as bolsas para non se derramar o contido ao interior ou exterior do contedor
  • Non desperdicies os alimentos. Calcula ben as cantidades e aproveita restos de comida en bo estado
  • Separa os residuos orgánicos dos inorgánicos desde o momento no que se xeran
  • Se podes, produce compost aproveitando a materia orgánica e os restos verdes que xeres

Deposita a fracción resto de residuos no contedor gris.

Fai clic en cada unha das iconas que aparecen na pantalla e comproba que camiño seguen os residuos desde que son xerados ata que finaliza o proceso de tratamento.

Con 6 cartóns de sopa reciclados poderíase fabricar un rolo de papel hixiénico Con 40 botellas de plástico PET poderíase fabricar un forro polar Con 550 latas de aluminio poderíase fabricar unha cadeira Por cada folio reciclado afórrase a enerxía equivalente a 2 lámpadas de baixo consumo de 20w cada unha acesas durante 1 hora Fontes: Ecoembes e Recíclame

Non deposites no contedor amarelo ningún dos seguintes residuos!:

  • Xoguetes de plástico, que deben de ir ao contedor de "restos" mesmo que tamén exista a posibilidade de doalos a ONGs que recollan xoguetes usados para obras sociais.
  • Biberóns e chupetes, que tamén van ao contedor de "restos".
  • Utensilios de cociña, que segundo pasa o tempo poden deixar de ser útiles e cómpre levalos ao punto limpo máis próximo.
  • Cubos ou cubetas de plástico, que cando se rompen ou queremos renovalos, podemos depositalos no contedor de "restos".

Todos os residuos que depositamos nos contedores son tratados de xeito distinto segundo a súa natureza. Coñece como é xestionado cada un polo Concello de Boiro, os medios e as infraestruturas empregadas para iso e os responsábeis de cada fase

Deseguido presentámoste o proceso básico de xestión da fracción restos en Boiro. Fai clic nos pines que aparecen xunto a cada etapa para descubriremos o contido

Índice

Sección 2: Que proceso seguen os residuos?

>

Unha vez que os camións recollen a fracción resto no noso municipio, realizan un trasvase da súa carga a outros vehículos especialmente diseñados para optimizar o transporte as plantas de tratamento. Esta operación levase a cabo na planta de transferencia de Boiro, xestionada por Sogama.

No mesmo complexo de instalacións de Pinto onde se leva a cabo a separación e clasificación, áchase a planta de biometanización e compostaxe, tamén xestionada pola Mancomunidade do Sur. Así, unha vez realizada a separación e clasificación inicial na que se obteñen ademais de materiais aproveitábeis, unha fracción húmida, esta última sométese a diversos procesos de concentración e macerado ata a súa metanización, na que se obtén o biogás. Esta mestura, xunto co metano extraído do vertedoiro e o gas resultante, alimenta varios xeradores que producen ENERXÍA ELÉCTRICA, parte da que é para autoconsumo e ol resto pasa á rede. A materia orgánica procedente dos dixestores de compost sométese a centrifugación para reducir a porcentaxe de humidade, posteriormente é mesturada con restos vexetais e sométese a fermentación e esterilización. O material resultante, o COMPOST, sométese a procesos de refinado para obter o material bioestabilizado. Máis información sobre compostaxe e biometanización aquí.

Trala sua compactación, os residuos da fracción resto son levados a unha planta de tratamento de Sogama. Neste complexo de isntalacións levanse a cabo varios procesos. O primeiro de eles e a separación e clasificación de materiais.

  • Fracción orgánica ou húmida destinada o proceso de fermentación anaerobia (biodixestión).
  • Fracción seca, constituida fundamentalmente por materiais aproveitables non separados previamente nos fogares, como papel, cartón, metais, envases lixeiros como PET, polietileno de alta e baixa densidade ou briks.
  • Resto de materiales no aprovechables, que serán llevados a vertedero.

Cando estos residuos, tras separar a parte reciclable, se acondiciona co resto un Combustible Derivado de Residuos (CDR), que logo alimenta unha Planta Termoeléctrica para xerar enercía eléctrica suficiente para abastecer o 12% dos fogares galegos.

Os materiais potencialmente reciclables separado do fluxo (metais e vidro) son levados a instalacións específicas de reciclado onde se convertirán en novos productos. Este proceso levase a cabo nas plantas de reciclaxe xestionadas por diferentes recicladores.

No proceso de separación e clasificación, no que se obten una fracción orgánica, que e aproveitada no proceso de biodixestión, e unha fracción seca, utilizada no reciclado de materiais aproveitables tamén se extrae unha masa do resto de materiais non aproveitables, que e levada a vertedoiro controlado A proporción de materia orgánica contida nesta fracción pode ser aproveitada para xerar biogás en vertedoiro, que se emplea para producir enerxía eléctrica.

984 CONTEDORES

RECOLLIDA DE SUPERFICIE Os contedores, polo xeral de gran capacidade, sitúanse sobre as beirarrúas ou rúas e son baleirados no interior dos camións.

Camión compactador grande Permite a minipulación e levantamento de contenedores de grandes dimensións e recorre os núcleos máis poboados do municipio. 2 Camións compactadores pequenos Normalmente o equipo de recollida conta con un conductor e dous operarios, que se acercan e retiran os contenedores para o seu baleirado. O elevador mecánico facilita o traballo. Estes camións recorren as parroquias máis pequenas e con cami´ños máis estreitos. Xestor responsable A recollida da fracción resto no noso municipio e xestionada polo Servizo Municipal de Residuos.

A recollida da fracción resto no noso municipio e xestionada polo Servizo Municipal de Recollida de Residuos

Sección 2: Que proceso seguen os residuos?

Índice

Deseguido presentámoste o proceso básico de xestión da fracción papel e cartón. Fai clic nos pins que aparecen xunto a cada etapa para descubriremos o contido

>

103 CONTEDORES DE SUPERFICIE (metálicos ou non metálicos)

RECOLLIDA DE SUPERFICIE Os contedores de papel e cartón, polo xeral de gran capacidade, sitúanse sobre as beirarrúas ou rúas e son baleirados no interior dos camións. RECOLLIDA PORTA POR PORTA No noso municipio, existe un servizo de recollida porta a porta do cartón xerado nos comercios, normalmente no centro úrban de Boiro, con rutas establecidas e horarios fixados tanto para o depósito como para a recollida.

3 CAMIÓN GRÚA Un camión especializado neste tipo de recollida, eleva e baleira os contedores que despois coloca de novo no seu lugar.

Polo xeral, o xestor responsábel da recollida de papel e cartón é o propio servizo municipal (contratista) dos Concellos, que recolle os contedores azuis e o cartón do pequeno comercio e transporta os residuos á planta do RECUPERADOR. No caso concreto de Boiro, a recollida e a recuperación é levada a cabo pola mesma entidade, COREGAL. Os datos básicos de contacto da empresa son os seguintes: - Dirección: Parcela nº28 , Polígono Industrial de Espiñeira 15930 Boiro (A Coruña) - Web corporativa: www.coregal.es - Correo electrónico: coregal@coregal.es - Teléfono: 981838908

Unha vez os camións recollen selectivamente o papel e o cartón de contedores e do pequeno comercio en Boiro, transpórtaos ata a planta de recuperación da empresa COREGAL, situada no polígono industrial de Espiñeira (Boiro)..

Unha vez limpo, clasificado e embalado o papel e o cartón, envíase á PLANTA DE RECICLAXE de SAICA-NATUR para despois convertelo en bobinas de papel novo que serviraa para fabricar procustoscoma xornais, revistas, caixas de cartón, papeis hixiénicos, etc.

Os residuos e envases de papel e cartón que depositamos nos contedores azuis, procésanse en canto chegan á planta do recuperador . Isto lévase a cabo na PLANTA DE SEPARACIÓN E CLASIFICACIÓN (ou planta de recuperación) onde se limpan de elementos impropios (plásticos, metais, vidro, etc.), clasifícanse segundo o tipo de papel para reciclar e prénsanse en feixes de dimensións e pesos estandarizados. Os datos básicos de contacto da entidade son os seguintes:

O resultado do proceso de xestión e tratamento de papel e cartón é a fabricación de NOVOS PRODUTOS de uso cotiá coma os xornais e revistas, catálogos comerciais, caixas de cartón, bolsas de papel, bandexas de alimentos e papeis hixiénicos.

Sección 2: Qu proceso seguen os residuos?

Índice

Deseguido presentámoste o proceso básico de xestión da fracción envases lixeiros. Haz clic nos pins que aparecen xunto a cada etapa para descubriremos o contido

A fracción de residuos de envases lixeiros é xestionada coa colaboración do Sistema Integrado de Xestión Ecoembes

>

408 CONTEDORES DE SUPERFICIE

RECOLLIDA DE SUPERFICIE Os contedores amarelos, polo xeral de gran capacidade, sitúanse sobre as beirarrúas ou rúas e son baleirados no interior dos camións.

Camión autocompactador carga trasera Normalmente o equipo de recollida conta con un operario-conductor e peón-operario, que se acercan e retiran os contenedores para o seu baleirado. O elevador mecánico facilita o traballo.

A recollida de envases lixeiros en Boiro é xestionada por COREGAL. Os seus datos de contacto básicos son os seguintes: - Dirección: Parcela nº28 , Polígono Industrial de Espiñeira 15930 Boiro (A Coruña) - Web corporativa: www.coregal.es - Correo electrónico: coregal@coregal.es - Teléfono: 981838908

Unha vez os camións recollen selectivamente os residuos de envases lixeiros en Fuenlabrada, realizan un transvase da súa carga cara outros vehículos especialmente deseñados para optimizar o transporte ás posteriores plantas de tratamento. Esta operación lévase a cabo na ESTACIÓN DE TRANSFERENCIA de BOIRO

Unha vez chegan aos recicladores os envases prensados, son tratados e reincorporados ao circuíto comercial na planta de reciclaxe. Para iso, seguen procesos de reciclaxe diferentes segundo sexan plásticos, metais ou cartóns: Plástico (PET, PP, PVC, PEAD, PEBD):

  • Reciclaxe mecánica: previa triaxe e clasificación. O material córtase e alimenta unha máquina extrusora-granceadora onde é moído e fundido con temperatura. Por último, límpase e centrifúgase para separar por densidade.
  • Reciclaxe química: cando o plástico está demasiado degradado. Reacción química reversíbel baseada na polimerización do plástico e a súa recuperación.
Metais (ferro, estaño e aluminio): Os envases de aceiro estañado (lata) recíclanse doadamente con consumos enerxéticos reducidos mediante a separación do estaño do aceiro e empréganse na fabricación doutros envases ou chatarra. A reciclaxe do aluminio supón un gran aforro enerxético e os materiais obtidos manteñen as súas propiedades cando se funden repetidas veces. Para separalos do resto, emprégase un mecanismo denominado decorrentes inducidas de Foucault, que proxecta cara fóra da cinta transportadora os envases de aluminio, pégalle os férricos e deixa igual a os demais. En combinación con sistemas de electroimáns serve para completar a separación dos metais. Cartóns:
  • Reciclaxe conxunta: dando lugar a un material aglomerado denominado “Tectán”.
  • Reciclaxe por separado: os compoñentes aprovéitanse de xeito independente, separándose nun “hidropulper” por fricción as fibras de celulosa do polietileno e aluminio. Após a finalización do proceso o hidropulper baléirase pola súa parte inferior a través dun filtro que deixa pasar a auga e a fibra de celulosa.
Por último, para separar o polietileno do aluminio, pódense empregar disolventes, recuperando o polietileno da disolución. Tamén se pode recuperar o aluminio por combustión.

Os envases lixeiros chegan á PLANTA DE CLASIFICACIÓN DE ENVASES E RESIDUOS DE ENVASES de Cerceda, xestionada pola SOGAMA. O obxectivo é agora recuperar aquelas fraccións reciclábeis que forman parte do contedor amarelo recollido selectivamente. Para iso, após seren cribados por diferentes calibres, formas e peso, selecciónanse en elementos plásticos e non plásticos. Sepáranse os cartóns e metais (ferro e aluminio) e os plásticos clasifícanse principalmente en PET (Polietileno Tereftalato), PEAD (Polietileno de Alta Densidade ou plástico duro) e film. O resto de plásticos son recuperados como unha mestura. Os residuos non aproveitábeis (non reciclábeis) desta fracción lévanse ó vertedoiro. Unha vez pechado o ciclo de selección, os materiais son prensados segundo a súa composición e dispostos en balas para seren remitidos aos correspondentes centros de reciclaxe.

O resultado do proceso de xestión de envases e residuos de envases é a obtención de diferentes tipos de plásticos e metais. No caso do plástico, as aplicacións poderían ser as seguintes:

  • Polietileno de alta densidade (PEAD): pezas para a construción, condutos e fixacións, film de diversas calidades e láminas, cubos, caixas, embalaxes, mobiliario urbano e floreiros.
  • Polietileno de baixa densidade (PEBD): film e láminas para envases, film para construción, membranas antihumidade, film para agricultura e mobiliario urbano.
  • Polietileno tereftalato (PET): fibra, fitas, láminas, botellas e outros envases, pinzas inxectadas, resinas de poliéster non saturadas.
  • Polipropileno(PP): floreiros, mobiliario urbano, tubos, condutos e fixacións, film e láminas, paneis insonorizados, sinais de tráfico y lousas para o chan.
No tocante ao resultado da reciclaxe de metais, cómpre sinalar que tanto o aceiro estañado (lata) así coma o aluminio, unha vez que se separan, empréganse para fabricar outros envases ou chatarra. Con respecto á recuperación da fibra de celulosa dos cartóns recíclase o 80% aproximadamente do peso do envase. O resto recupérase conxuntamente e obtense unha pastilla de polietileno reforzada polo aluminio. Este resto tamén se emprega como combustible na industria do cemento, xa que o polietileno é un bo combustible e o aluminio oxidado substitúe á bauxita, ingrediente do cemento.

Deseguido presentámoste o proceso básico de xestión da fracción vidro. Fai clic nos pins que aparecen xunto a cada etapa para descubriremos o contido

A fracción de residuos de vidro é xestionada coa colaboración do Sistema Integrado de Xestión Ecovidrio

Sección 2: Que proceso seguen os residuos?

Índice

>

Unha vez que os camións recollen selectivamente o vidro en Boiro, transpórtano á planta de tratamento xestionada polos diversos recuperadores.

Unha vez que os residuos de envases de vidro se recollen selectivamente, transpórtanse á PLANTA DE SEPARACIÓN E CLASIFICACIÓN, onde se separan en diversas categorías e prepáranse para seren enviados aos recicladores.

O resultado do proceso de xestión e tratamento dos envases de vidro é a fabricación de NOVOS PRODUTOS . As utilidades do vidro reciclado son exactamente as mesmas cas dos obxectos do que proceden, por iso, unha vez recuperado e fundido pode xerar novos envases , de un único uso ou reutilizábeis, utensilios do fogar, elementos decorativos, elementos de construcción, etc

117 CONTEDORES DE SUPERFICIE (iglú)

RECOLLIDA DE SUPERFICIE Os contedores verdes sitúanse sobre as beirarrúas ou rúas e son baleirados no interior dos camións.

CAMIÓN CON GRÚA/PLUMA Estes camións dispoñen, na súa parte posterior, dunha grúa elevadora que se emprega para enganchar, levantar e baleirar a cargados contedores iglús e metálicos.

Os residuos de envases de vidro depositados nos contedores verdes recóllense de xeito selectivo no concello, correspondéndolle esta xestión ao Sistema Integrado de Xestión ECOVIDRIO, a través da empresa ASCAN. Os seus datos de contacto básicos son os seguintes: - Dirección: Calle Estébanez Calderón , 3-5 (4ª Planta) 28080 Madrid - Web corporativa: www.ecovidrio.es - Correo electrónico: atencion.ecovidrio@ecovidrio.es - Teléfono: 914118344

Unha vez separados os envases de vidro , lévanse á súa correspondente PLANTA DE RECICLAXE ou reciclador, onde se transformarán na materia prima de novos envases de vidro. Recíclase o 100%, é dicir, todo o vidro é aproveitábel sen perder ningunha das súas calidades. Aquí, límpanse os envases de todo o que puidese conter e deseguido o vidro tritúrase ata converterse en calcín (vidro seleccionado, limpo e moído). Posto que o calcín require de menos temperatura de fusión cas materias primas orixinais, no proceso de reciclaxe e fabricación de novos envases consúmese menos enerxía. As compañías envasadoras empregan os envases de vidro a modo de continente do produto que comercializan.

Deseguido presentámoste o proceso básico de xestión da fracción téxtil e calzado. Fai clic nos pins que aparecen xunto a cada etapa para descubrireremos o contido

Índice

Sección 2: Que proceso seguen os residuos?

>

5 CONTEDORES DE SUPERFICIE

Asemade da recollida de superficie, para o téxtil e calzado contémplase a recollida a través de puntos limpos e entidades ou asociacións sen ánimo delucro: PUNTO LIMPO Aquí, os cidadáns depositan de balde o téxtil e calzado, mesmo que é preciso ser veciño de Boiro e seguir as instrucións do persoal municipal. ENTIDADES OU ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO Que deberán de estar debidamente autorizadas polo Concello de Boiro para a recollida de roupa e zapatos usados.

A flota devehículos que recollen os residuos téxtiles e calzado no concello está composta por camións do xestor autorizado polo concello de Boiro que é Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

O xestor responsábel de téxtil e calzado en Fuenlabrada é a empresa Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela , que recolle este residuo tanto de contedores localizados en diferentes puntos da vía pública coma do punto limpo mediante o correspondente convenio co Concello. Asemade, ocúpase polo xeral da recollidano resto de contedores . Os seus datos de contacto son os seguientes:

  • Dirección: Santiago de Compostela
  • Web corporativa: cáritas-santiago.org
  • Correo electrónico: comunicacion.cdsantiago@caritas.es
  • Teléfono: 981554433

Cáritas diocesana de Santiago de Compostela, encárgase de transportar os residuos de téxtil e calzado desde contedores e puntos limpos ata a planta de separación e clasificación.

Unha vez foron separados e clasificados en categorías, todos os residuos téxtiles e calzado que reúnan certas características de calidade e que estean en bo estado, entréganse a ONGs ou outras entidades para seren reutilizados. Xusto o contrario ocorre cos materiais moi desgastados, inservíbeis ou inclasificábeis, que se envían ao vertedoiro.

Unha vez que os residuos téxtiles e calzado son recollidos selectivamente, transpórtanse ata a PLANTA DE SEPARACIÓN E CLASIFICACIÓN, onde son separados en diversas categorías e acondicionados segundo a súa calidade para darlles saídaa través das diferentes vías existentes.

Coa recollida por separado de téxtil e calzado conséguese reducir o volume global de residuos da fracción restos, da fracción envases lixeiros, ademais de posibilitar a REUTILIZACIÓN E RECUPERACIÓN DE MATERIAS PRIMAS para fabricar novas prendas ou artigos téxtiles coma os seguintes:

  • Mantas
  • Materiais de insonorización
  • Trapos de uso industrial
  • Borlas e fiación industrial

O material que non chega a ter a calidade suficiente emprégase como materia prima para fabricar outros produtos téxtiles (mantas, materiais de insonorización, etc.) ou recíclase como trapos de uso industrial. Para iso, lévanse a unha PLANTA DE RECICLAXE, onde se leva acabo a súa transformación.

Deseguido presentámoste o proceso básico de xestión dos residuos de baterías. Fai clic nos pins que aparecen xunto a cada etapa para descubriremos o contido

A fracción de residuos de baterías é xestionada coa colaboración do Sistema Integrado de Xestión Ecopilas

Índice

Sección 2: Que proceso seguen os residuos?

>

4 MINI PUNTOS LIMPOS CONTENEDORES ESPECÍFICOS Polo xeral, estes contedores encóntranse en tendas de venta de aparellos eléctricos, de xoguetes,etc , aínda que tamén en puntos limpos e en mini puntos limpos.

As baterías considéranse residuos perigosos , polo que a súa recollida separada é obrigatoria. Os sistemas de recollida municipal previstos polo Concello, son os seguintes:

  • Puntos limpos fixos e mini puntos limpos. As baterías de vehículos e as baterías de grandes dimensións só se recollerán en puntos limpos fixos.
  • Puntos de recollida en establecementos comerciais e especializados

CAMIÓN/FURGÓN CONVENCIONAL CON PLATAFORMA Neste vehículos non se produce compacto ningún dos residuos, mais estes almacénanse con coidado para despois transportalos, separalos e clasificalos.

O xestor responsábel da recollida de baterías é OFIPILAS e os seus datos de contacto son os seguintes:

  • Dirección: Calle Comandante Zorita , 12 28020 Madrid
  • Web corporativa: www.ofipilas.es
  • Correo electrónico: info@ofipilas.es
  • Teléfono: 912756359
Ofipilas é unha Oficina de Coordinación das actividades de xestión dos residuos de pilas e acumuladores portátiles constituida polos Sistemas Colectivos de Responsabilidad Ampliada del Productor de Pilas y Acumuladores (SCRAP): ECOPILAS, ERP ESPAÑA S.L.U., FUNDACIÓN ECOLEC y UNIBAT

O Sistema Integrado de Xestión OFIPILAS recolle coa periodicidade precisa os residuos nos puntos de almacenaxe e trasládaos á sinstalacións autorizadas para que sexan debidamente clasificados e tratados.

Unha vez que os baterías chegan á PLANTA DE SEPARACIÓN E CLASIFICACIÓN, onde son separados en diversas categorías e acondicionados segundo a súa calidade para darlles saída a través das diferentes vías existentes.

Os materiais que se conseguen recuperar coa reciclaxe de baterías, emprégase como materia prima noutros procesos de fabricación ou industriais. Entre outros, son os seguintes:

  • Grafito e bióxido de manganeso
  • Cimiento metálico Hg, Cu, Ni, Zn y Cd
  • Disolución de sulfato de zinc
  • Sales de manganeso
  • Chumbo
  • Cobalto, níquel, cobre, ferro, aluminio, cadmio, titanio, litio, etc.

Unha vez separadas e clasificadas, as pilas e baterías son sometidas a un proceso mecánico con diferentes etapas de trituración baixo condicións de refrixeración con nitróxeno, separándose finalmente os metais férreos dos non férreos , o plástico, papel e po de baterías . Todos estes materiais son despois trasladados e aproveitados. Esta instalación, na que se tratan tanto as baterías estándar, coma as de móbil e de vehículos, está xestionada por Sistemas Colectivos de Responsabilidad Ampliada del Productor de Pilas y Acumuladores (SCRAP): ECOPILAS, ERP ESPAÑA S.L.U., FUNDACIÓN ECOLEC y UNIBAT

PUNTO LIMPO FIXO Situado no Polígono Industrial de Espiñeira Horario :Martes a sábado de 10.00 a 14.00h y de 16.00 a 20.00hDomingos, luns e festivos pechado Os únicos residuos admitidos son de orixe domiciliario e non de actividade industriais ou comerciais:

MINI PUNTO LIMPO A súa razón de ser é facer máis doado e accesíbel para a cidadanía o depósito de residuos especiais que se xeran nos fogares en pequenas cantidades, pero que teñen unha alta incidencia contaminante. Os Mini Puntos Limpos de Boiro recolle os seguintes residuos de orixe domiciliario:

  • CD/DVD
  • CAR (Cartuchos de impresora)
  • RAEE (pequenos aparellos)
  • TEL (telefónos móbiles)
  • Pilas e baterias
  • Pilas e acumuladores
  • LBC (Lámpadas de baixo consumo)

Deseguido presentamoste o proceso básico de xestión de aceites domésticos usados. Fai clic nos pins que aparecen xunto a cada etapa para descubriremos o contido

Índice

Sección 2: Que proceso seguen os residuos?

>

34 CONTEDORES ESPECIAIS Existen ademáis contedores específicos (non dependentes do concello de Boiro) en equipamentos coma mercados, supermercados, centros comerciais, etc.

Os aceites domésticos usados, ademais de nos contedores especiais na rúa e en diversos edificios ou instalacións, poden ser depositados debidamente no puntos limpo municipal. Os usuarios deben de almacenar o aceite en envases pechados que poden ser propios (polo xeral botellas de plástico usadas) .

A empresa responsábe lda recollida de aceites domésticos en Boiro é Deter-Oil Os seus datos de contacto son os seguintes: Dirección: Camino de telefónica, s/n Torrejón de la calzada 28080 Madrid - Web corporativa: www.deteroil.com - Correo electrónico: reciclados@deter-oil.com - Teléfono: 672109584

Os aceites domésticos, unha vez recollidos polo xestor autorizado, son transportados á planta de tratamento, onde serán transformados noutros produtos útiles.

Os aceites domésticos empregados recollidos e transportados por separado, poden recibir diversos tratamentos mediante os que se preparan para a produción debio carburantes, xabóns ou outros usos na industria química. Isto lévase a cabo na PLANTA DE RECICLAXE.

O potencial contaminante dos aceites domésticos sobre o chan e a auga, fai que debamos de evitar que acabe en vertedoiros, colectores ou depuradoras e, moito menos, en acuíferos, ríos o no mar. A recollida de aceites usado, ademais de evitar atrancos nos canelóns dos edificios e no saneamento, reduce o uso de recursos procedentes de materias primas e impulsa a actividade económica e empregos "verdes". Os materiais que se conseguen recuperar coa reciclaxe de aceites domésticos son, entre outros, os seguintes:

  • Biodiesel (aproximadamente con 1 kg de aceite doméstico poderíase producir case 1 kg de biodiesel).
  • Xabóns
  • Ceras
  • Vernices
  • Etc.

PUNTO LIMPO FIXO Situado no Polígono Industrial de Espiñeira Horario :Martes a sábado de 10.00 a 14.00h y de 16.00 a 20.00hDomingos, luns e festivos pechado Os únicos residuos admitidos son de orixe domiciliario e non de actividade industriais ou comerciais:

Deseguido presentámoste o proceso básico de xestión de medicamentos caducados e o seus envases. Fai clic nos pins que aparecen xunto a cada etapa para descubriremos o contido

Os medicamentos caducados son xestionados coa colaboración do Sistema Integrado de Xestión SIGRE

Índice

Sección 2: Que proceso seguen os residuos?

>

8 CONTEDORES ESPECIAIS Existe un sistema de recollida separada específica mediante estes contedores chamado "Punto SIGRE", que, polo xeral, áchase en boticas adheridas a este tipo de recollida. As boticas do concello de Boiro son as seguintes: -Farmacia Escarabote ( Lugar Escarabotiño nº18 15992 Escarabote) -Farmacia Jose Manuel Otero Quintáns (Lugar Arribada s/n 15991 Cespón) -Farmacia Principal Julia Carbajosa ( Calle Principal nº78 15930 Boiro) -Farmacia Cimadevila (Calle Pincipal nº25 15930 Boiro) -Farmacia Jose Manuel García Seoane ( Lugar Egipto s/n Bajo 15930 Boiro) -Farmacia Susana Blanco Alcaide (Avda. Barraña nº2 Bajo 15930 Boiro) -Farmacia Maria Jesús Perez Crespo (Lugar Mangas nº1 Bajo 1539 Boiro ) -Farmacia Francisco Enríquez Salido (avda. Constitución nº35 Bajo 15930 Boiro)

SIGRE Medicamento e Medio Ambiente, é un Sistema Integrado de Xestión que xestiona os envases e restos de medicamentos de orixe doméstico. Recollen os residuos a través dos contedores instalados en boticas onde os consumidores poden depositar os medicamentos que xa non precisen ou que estean caducados, así coma os seus envases baleiros.

A recollida de medicamentos caducados, é un sistema de loxística inversa que aproveita a mesma canle de distribución que empregan as boticas mais nun senso inverso, é dicir, o consumidor leva os envases e restos de medicamentos á botica, onde se xuntan e gardan temporalmente ata que son recollidos e transportados aos xestores por medio de furgóns convencionais.

O Sistema Integrado de Xestión SIGRE Medicamento e Medio Ambiente S.L. é o xestor autorizado para a recollida de medicamentos caducados e os seus envases en Boiro. Os seus datos de contacto son os seguintes: - Enderezo: Calle María de Molina 37, 2ª planta – Madrid, 28006 - Web corporativa: http://www.sigre.es - Correo electrónico: sigre@sigre.es - Teléfono: 91.391.12.30 - Fax: 91.319.72.12

Os residuos de medicamentos recóllense nos Puntos SIGRE e son transportados á Planta de Tratamento de Envases e Residuos de Medicamentos de SIGRE, localizada no concello vallisoletano de Tudela de Duero, que é a única instalación específica existente en España para o tratamento deste tipo de residuos.

Os materiais reciclábeis dos envases (papel e cartón, metal e plásticos basicamente) son entregados por parte do xestor ás PLANTAS DE RECICLAXE de entidades recicladoras especializadas, que lle dan unha nova vida a estes materiais.

Os restos de medicamentos son enviados a xestores autorizados para seren valorados enerxeticamente na PLANTA DE VALORIZACIÓN controlada como residuos perigosos ou non perigosos, segundo a Lista Europea de Residuos.

Na Planta de Tratamento de Envases e Residuos de Medicamentos de Tudela de Duero ou PLANTA DE SEPARACIÓN OU CLASIFICACIÓN, o xestor da instalación leva a cabo un proceso de triaxe dos residuos que chegan á planta para obter as distintas fraccións que os compoñen e fornecer a cada unha delas o tratamento máis axeitado.

Os materiais dos envases (cartón, plástico, metais, etc.) recuperados na selección, unha vez reciclados, poden ser aproveitados de novo como materia prima para producir, por exemplo, novos envases ou outros produtos.

Ademais da valorización enerxética, unha parte dos medicamentos e os envases que non poden seren reciclados, son enviados a unha PLANTA DE ELIMINACIÓN para seren eliminados de xeito controlado tamén segundo a catalogación como residuos perigosos ou non perigosos na Lista Europea de Residuos.

Deseguido presentámoste o proceso básico de xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. Fai clic nos pins que aparecen xunto a cada etapa para descubriremos o contido

Os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos son xestionados coa colaboración do Sistema Integrado de Xestión Fundación Ecoraee´s

Índice

Sección 2: Que proceso seguen os residuos?

>

PUNTO LIMPO 4 MINI PUNTOS LIMPOS Ademáis existen comercios que posúen contedores especiais para a recollida separada de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. Polo xeral poden entregarse pequenos electrodomésticos, lámpadas, móbiles, etc.

Os residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) son de obrigada recollida separada con responsabilidade do produtor sobre a súa recollida e tratamento. A recollida de RAEE en Boiro contempla 3 solucións para o seu depósito. Son as seguintes:

  • Entregarlos o distribuidor no momento da compra de un novo.
  • Depositalos nun punto limpo/mini punto limpo .
  • Solicitar o servizo de recogida especial domiciliaria o concello..

A recollida de RAEE, co servizo de recollida porta a porta, lévase a cabo coa flota de vehículos do xestor autorizado do Concello de Boiro que é COREGAL

Os RAEE en Boiro son xestionados por diversos Sistemas Integrados de Xestión (SIX). OfiRAEE é a encargada de poñer en mans destes SIX tódolos RAEE que xestiona o concello de Boiro. A súa dirección de contacto e: - Web corporativa: www.ofiraee.es - Correo electrónico: soporte@ofiraee.es - Teléfono: 902003958

O transporte de RAEE realízase de xeito que se garantan as condicións óptimas de preparación para a súa reutilización e a reciclaxe de compostos evitando a súa rotura, exceso de amontoamento, emisión de substancias ou perda de materiais. Polo xeral será realizado por parte do transportista ou xestor que subministran o aparato eléctrico ou electrónico novo xunto cun xustificante que o acredite. Durante o transporte e almacenamento de RAEE non se poderán abrir ou desmontar os residuos.

Os RAEE, unha vez transportados, almacénanse e clasifícanse en instalacións acreditadas para iso. Ne las, tomaranse as medidas oportunas para evitar que os residuos leven golpes e poidan sufrir roturas coa consecuente emisión, nalgúns casos, de gases contaminantes, materiais polvorolentos ou vertidos de aceites.

Unha vez clasificados e almacenados, os RAEE son tratados para posibilitar unha reciclaxe de calidade dos materiais e compostos que os conforman e o tratamento das substancias perigosas que conteñen, feito que comporta un importante aforro de enerxía, materias primas e, en consecuencia,de emisións de gases contaminantes á atmosfera. Na PLANTA DE RECICLAXE almacenaranse, de xeito separado e en contedores axeitados ás súas características fisicoquímicas, as fraccións resultantes após o tratamento. Para saberes máis sobre o tratamento de RAEE, preme nesta ligazón.

Polo xeral, as fraccións que se poden obter após a reciclaxe de RAEE son as seguintes:

  • Tarxetas de circuítos impresos
  • Mestura de metais como (cobre, ferro, aluminio, entre outros) e plásticos
  • Fíos e cables
  • Pezas metálicas
  • Carcasas plásticas
  • Tubos de raios catódicos (vidro e metais)
  • Madeira
Posteriormente, esas fraccións son trituradas e moídas, cribadas e separadas con imáns magnéticos e correntes, electrostaticamente ou mediante diferenza de peso. Por último, cada fracción empregarase para fabricar novos compostos ou outros produtos ou materiais para a súa venda, co conseguinte beneficio ambiental.

PUNTO LIMPO FIXO Situado no Polígono Industrial de Espiñeira Horario :Martes a sábado de 10.00 a 14.00h y de 16.00 a 20.00hDomingos, luns e festivos pechado Os únicos residuos admitidos son de orixe domiciliario e non de actividade industriais ou comerciais.

MINI PUNTO LIMPO A súa razón de ser é facer máis doado e accesíbel para a cidadanía o depósito de residuos especiais que se xeran nos fogares en pequenas cantidades, pero que teñen unha alta incidencia contaminante. Os Mini Puntos Limpos de Boiro recolle os seguintes residuos de orixe domiciliario:

  • CD/DVD
  • CAR (Cartuchos de impresora)
  • RAEE (pequenos aparellos)
  • TEL (telefónos móbiles)
  • Pilas e baterias
  • Pilas e acumuladores
  • LBC (Lámpadas de baixo consumo)

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

Contesta a unha serie de preguntas e di que farías á hora de depositar un residuo no lugar axeitado. Tan só hai unha resposta correcta, non te preocupes se te equivocas, o importante é que aprendas a separar os residuos e mellorar a taxa de reciclaxe da túa cidade.

Onde hai que depositar os restos da poda do teu xardín?

No contedor gris/verde escuro de materia orgánica e restos

Levaríaos ata o punto limpo máis próximo

No contedor azul de papel e cartón

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

1/10

6/10

2/10

3/10

4/10

5/10

7/10

8/10

9/10

10/10

Onde hai que depositar un cartón de leite baleiro?

No contedor azul de papel e cartón

No contedor amarelo de envases lixeiros

En No contedor gris/verde escuro de materia orgánica e restos

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

9/10

8/10

7/10

5/10

4/10

3/10

2/10

6/10

1/10

10/10

Onde hai que depositar un cueiro usado?

No contedor gris/verde escuro de materia orgánica e restos

No contedor amarelo de envases

No contedor azul de papel e cartón

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

8/10

7/10

5/10

4/10

2/10

3/10

6/10

1/10

9/10

10/10

Onde hai que depositar unha lata de conservas ou refresco baleira?

Gardaríaas e levaríaas ata o punto limpo máis próximo

No contedor azul de papel e cartón

No contedor amarelo de envases lixeiros

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

10/10

9/10

8/10

7/10

5/10

4/10

2/10

3/10

6/10

1/10

Antes de deposita unha botella de vidro baleira no contedor verde, debo..

Limpar a botella por dentro e por fóra

Separar o tapón metálico e depositalo por separado no mesmo contedor

Separar o tapón metálico e depositalo por separado no contedor amarelo

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

8/10

7/10

5/10

4/10

2/10

1/10

3/10

6/10

10/10

9/10

Onde hai que depositar unha cinta de vídeo inservíbel?

No contedor amarelo de envases

Levaríaos ao punto limpo máis próximo

No contedor azul de papel e cartón

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

10/10

9/10

8/10

7/10

5/10

6/10

1/10

3/10

4/10

2/10

Onde hai que depositar un prato de cerámica inservíbel?

No contedor gris/verde escuro de materia orgánica e restos

No contedor azul de papel e cartón

No contedor verde de vidro

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

9/10

8/10

7/10

5/10

6/10

2/10

4/10

1/10

3/10

10/10

Onde hai que depositar as prendas de roupa ou calzado que xa non empregamos e que poderían ter unha segunda vida?

No contedor azul de papel e cartón

No contedor gris/verde escuro de materia orgánica e restos

No contedor específico que hai na rúa ou no punto limpo máis próximo

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

9/10

8/10

7/10

5/10

6/10

2/10

4/10

1/10

3/10

10/10

Onde hai que depositar o papel de aluminio empregado?

No contedor amarelo de envases

No contedor gris/verde escuro de materia orgánica e restos

Gardaríao e levaríao ao punto limpo máis próximo

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

9/10

8/10

7/10

5/10

6/10

2/10

4/10

1/10

3/10

10/10

Onde hai que depositar unha lámpada incandescente inservíbel?

No punto limpo máis próximo

No contedor gris/verde escuro de materia orgánica e restos

No contedor verde de vidro

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

1/10

3/10

7/10

8/10

6/10

5/10

4/10

2/10

9/10

10/10

Grazas polo seu esforzo. Anímate a poñer en práctica os teus coñecementos e axudar a Fuenlabrada a ser cada día máis sostenible.

Índice

Sección 1: Que residuos xestiona o meu Concello?

>

Fai clic en cada unha das imaxes ou iconas para obteres información de interese

Por cada tonelada de vidro reciclado afórrase unha enerxía equivalente a uns 136 litros de petróleo A reciclaxe dunha tonelada de vidro evita a extracción duns 1.200 kg de materia prima A enerxía que se aforraría con 1 botella de vidro podería iluminar unha lámapada de 100w durante 4 horas Unha cantidade de 3.000 botellas de vidro recicladas equivalería á reducción de 1.000 kgs. de lixo no vertedoiro Fonte: Recíclame

Non deposites no contedor azul de papel e cartón ningún dos seguintes residuos!:

  • Cartóns de zumes, leite, etc., xa que ás veces facémolo porque pensamos que como conteñen cartón van aquí. Os cartóns van ao amarelo porque teñen cartón, plástico e aluminio.
  • Panos de mesa ou papel sucio, que deben ir ao contedor de materia orgánica ao igual que cueiros, compresas, etc.

Seguro que te gustaría saber cal é o resultado do teu esforzo cotiá e por que é importante a túa colaboración na separación de residuos en orixe en Boiro.

>

Índice

Sección 3: Cal é o resultado da miña colaboración?

Preme en cada unha das imaxes para descubrir a evolución dos principais datos de recollida e tratamento do Concello de Boiro. A fonte de datos empregada é o "Informe de residuos municipal do concello de Boiro"

Evolución recollida residuos por fracción (t) 2016201720182019Resto6.769,106.846,756.908,486.794,69Papel y Carton429,61412,58423,16410,45Envases ligeros346,61361,74371,33386,76Vidrio385,72397,2421,54448,51Téxtil y calzado25,02Aceites domésticos0,3240,3870,567Pilas y baterias770261564343Medicamentos caducadosRAEE39702436394881148383 Fonte: Informe plan de residuos municipales.

% de errores en contenedor amarelo (envases lixeiros) MEDIA CUATRIMESTRAL% IMPROPIOSXan-Abr 201433,29May-Ag 201433,89Set-Dec 201437,22Xan-Abr 201529,61May-Ag 201530,03Set-Dec 201529,41Xan-Abr 201633,19May-Ag 201630,04Set-Dec 201634,74Xan-Abr 201733,21May-Ag 201732,78Set-Dec 201733,66Xan-Abr 201824,25May-Ag 201828,65Set-Dec 201839,5Xan-Abr 201931,84May-Ag 201926,04Set-Dec 201923,23 Fonte: Informe plan de residuos municipal.

Aportación de residuos por habitante y año y dia (kg) AnoPOBOACIÓN (hab empadroados)Xenérico+ lixeiros+ papel/cartón +vidro(Tm)Kg/hab/anoKg/hab/dia2010191068.682,21454,421,2442011192548.296,57430,91,182012191657.924,39413,481,1322013191447.879,40411,581,1282014190607.960,55417,661,1372015189508.004,34422,391,1572016188717.931,04420,281,1512017188858.018,27424,581,1632018188448.124,51431,141,1812019188388.004,26424,891,164 Fonte: Informe plan de residuos municipal.

Coste anual relativo a recollida e tratamiento de residuos (euros) GASTOS201720182019Xestión de bolsa negra SOGAMA513.280,51523.673,91437.394,63Explotación do punto limpo, recollida de envases lixeiros, recollida de cartón COREGAL/COGAMI67.760,0076.092,5079.134,00Adquisición de contedores3.309,575.999,8610.289,71Persoal recollida de lixo151.461,63206.841,99212.501,73Gastos derivados dos medios de recollida (reparacións, adquisición e carburantes)115.762,95122.432,58103.502,34Recollidas complementarias con outras empresas20.849,8420.530,3021.287,96TOTAL GASTOS872.424,50955.571,14864.110,37 Fonte: Informe plan de residuos municipal.

Porcentaxe de separación de residuos o ano(%) AnoPOBOACIÓN (hab empadroados)Xenérico+ lixeiros+ papel/cartón +vidro TmTotal selectiva (C+V+EL)% selectiva separada2010191068682,211.264,0614,562011192548296,571.141,4413,752012191657924,391.093,6413,82013191447879,41.112,4114,112014190607960,551.127,4614,162015189508004,341.159,7914,492016188717931,041.161,9414,652017188858018,271.171,5214,612018188448124,511.214,9714,962019188388004,261.245,7218,33 Fonte: Informe plan de residuos municipal.

>

Índice

Sección 3: Cal é o resultado da miña colaboración?

"A responsabilidade da xestión dos residuos tan só é do meu Concello" Non, o teu compromiso persoal é imprescindíbel para que as taxas de separación e reciclaxe de residuos no teu concello sexan óptimas. "A calidade dos produtos reciclados é menor ca dos produtos convencionais" Non, xa que hai residuos coma o vidro, o aluminio así coma unha gran variedade de plásticos que poden ser reciclados de xeito case ilimitado sen perderen calidade.

"Na planta de tratamento mesturan todo o que nós tivemos que separar antes" Non tal. A pesar de que é case imposíbel que o residuo chegue á planta de tratamento totalmente puro, nas plantas de clasificación separánse todas as fraccións mediante métodos manuais e/ou automáticos antes do tratamento ou reciclaxe. "Se separamos os residuos perderanse postos de traballo" Xusto o contrario, se melloramos entre todos a taxa de reciclaxe do noso concello, organizarase un sistema cada vez máis potente e con máis postos de traballo vacantes derredor dos residuos. A reinserción de materiais nos distintos circuitos produtivos benefician a numerosas industrias e cooperativas de recicladores urbanos. A separación de residuos en orixe colabora coa creación e o sostemento de traballo digno.

"Separar é unha tarefa inútil porque despois os residuos de diversas fraccións distintas mestúranse no camión de recollida" Os camións de recollida de residuos poden ter ata dous compactadores no seu interior (sistema bicompartimental), o que fai posibel a recolección de diferentes residuos nun mesmo camión sen que se mesturen entre eles. Aínda así, se casualmente advirtes algunha incidencia ou erro na recollida de residuos do teu municipio, contacta co teu Concello. "Reciclar é difícil e require tempo" Non tal. Tan só debes de ter unha bolsa ou recipiente para cada fracción. Non fai fallar encher a cociña con cubos de lixo. Con facelo un día xa adquires o hábito e has comprobar que non lle resta tempo ningún ás túas tarefas cotiás. Como saberás, costa menos reciclar que fabricar un novo material ou produto, además afórranse recursos e reducimos a contaminación asociada á obtención de materias primas. "Que alguén mo explique, quero información" A mellor forma de ser máis responsábel coa separación de residuos é coñecendo o sistema ou o sector do noso concello. Nesta sección web podes achar información básica sobre moitas das dúbidas que poidas ter. Contacta co teu Concello para calquera dúbida.

Preme en cada un dos pins para coñeceres algún dos falsos mitos asociados á separación de residuos en orixe, os principais beneficios del reciclaxe e algunhas curiosidades de os residuos

Cando reciclamos os residuos que xeramos impedimos que calquier susbtancia tóxica, restos en descomposición, aceites e plásticos, cheguen aos nosos ríos e mares e poidan causar graves danos ambientais. Se nos axudas a reciclar, evitarás que eses residuos se dispersen polo entorno.

Pois a reciclaxe é moito máis eficiente en termos de consumo de enerxía ca propia extracción, transporte e procesado de novas materias primas.

Pois recursos tan limitados coma o petróleo, gas natural, carbón, metais extraídos de minas naturais, etc. poden esgotarse aiña se non reciclamos a un nivel axeitado os envases e materiais de plástico, o papel e cartón e os envases e materiais de metal.

Unindo á sociedade por unha causa común, cos seus problemas e preocupacións. Proba diso é que moitos cidadáns interésanse por participar en iniciativas ou grupos locais que fomentan a reciclaxe.

"Moi pouca xente separa os residuos" Cada vez somos máis os ciudadáns que sabemos que a separación en orixe dos residuos e a mellora das taxas de reciclaxe, son un dos principais valores do noso concello. "Contamina máis transportar os materiais que van se reciclados que levalos directamente ao vertedoiro" Non tal. De feito, moitos Concellos dispoñen de Estacións de Transferencia onde se gardan os materiais reciclábeis que despois son transportados en grandes cantidades ás diferentes plantas de tratamento, disminíndo deste xeito a contaminación asociada ao transporte. "Só se recicla o útil, o resto non fai falla" Non, ademais dos residuos de papel e cartón, os envases, o vidro, medicamentos, téxtil e calzado, etc. que tiñen unha segunda vida moi definida, debemos de saber que a materia orgánica tamén ten a súa utilidade como compost ou abono ou como medio para obter enerxía en vertedoiros (produción de biogás).

...o proceso de descomposición dunha lata pode levar 500 anos e do vidrio ata 5.000 anos?

...en 1998 en España reciclábanse o 4,8% dos envases domésticos, namentres que en 2014 o 73,7%? ...unha bolsa de plástico, que ten un tempo de uso medio de entre 12 e 20 minutos,pode chegar a tardar en degradarse entre 15 e ata 1000 anos?

...a reciclaxe de papel, cartón, envases e residuos de envases xerou en España 42.600 postos de traballo dos que 9.400 son directos? ...a fabricación de papel reciclado require un 63% menos de enerxía e un 86% menos de auga que a creación de papel novo?

...a reciclaxe durante 2014 en España permitiu aforrar o equivalente ao consumo anual de auga de 6,84 millóns de cidadáns? ...coa enerxía aforrada polo material reciclado durante 2014 en España, poderíase manter unha lámpada de 60w acesa durante máis de 5,7 millóns de anos?

Posto que a reciclaxe e a devolución ao mercado dos residuos en forma de novos produtos, mellora a eficiencia enerxética do sistema, reduce custes e crea emprego en torno a un sector que é rendíbel. Todo iso axudará a fortalecer a economía do noso territorio.

"Os residuos domésticos non causan tantos problemas" A pesares de que os principais causantes dos problemas ambientas son as industrias e os vertidos, a gran cantidade de residuos domésticos que se producen deben de seren percibidos coma un problema no que se se acha toda a sociedade. Debemos de actuar!. "Fareino mal, mais..." Non debemos caer na autocompracencia nin na pasividade fronte a unha oportunidade de mellora ambiental como é a separación dos residuos en orixe e o aumento da taxa de reciclaxe. Se non poñemos todo o noso interese estaremos sendo insolidarios e incívicos co resto dos cidadáns que si separan na casa.

...grazas á reciclaxe en España, desde 1998 evitouse consumir 22 millóns de MWh de enerxía? ...70 kg de papel e cartón recuperado deixarían de ocupar un espazo de 1m3 no vertedoiro (por cada 700kg de papel aforramos un espazo dun coche ou cada 100.000 toneladas de papel aforramos o espazo dun gran estadio de fútbol)?

Fai clic en cada unha das imaxes ou iconas para obteres información de interese.

Por cada botella de plástico que se recicla, afórrase a enerxía necesaria para ter unha TV acesa durante 3 horas Recuperar dúas toneladas de plástico equivalería a aforrar 1 tonelada de petróleo Con 5 latas de aluminio recicladas poderíase fabricar un bote de aerosol Fonte: Recíclame

Cómpre que saibas diferenzas entre vidro e cristal! É frecuente que, á hora de desfacérnonos de elementos de cristais os depositemos no contedor verde, pero isto é un erro. O vidro só no verde! Os erros máis comúns son os seguintes:

  • As lámpadas non van ao contedor verde, debemos de levalas sempre ao punto limpo fixo o móbil do noso concelloo ou ao que teñamos máis preto.
  • Os espellos, cinseiros de vidrio, vasos ou vaixelas, tamén deben de seren reciclados no punto limpo máis próximo.

Consulta a normativa de aplicación en materia de residuos a escala municipal, provincial, autonómica e nacional. Nesta sección, asemade, poderás coñecer e descargar os pregos de contratación, convenios e acordos de colaboración do teu Concello, así como estratexias e plans de residuos e outros documentos de interese.

Lei 27/2013 de racionalización e sustentabilidade da Admin. Local

Lei 22/2011 de residuos e chans contaminados

Lei 11/1997 de envases e residuos de envases

RD 110/2015 sobre residuos de aparatos eléctricos e electrónicos

RD 106/2008 sobre baterías e acumuladores e a xestión ambiental do seus residuos

>

Índice

Sección 4: Que información de referencia podo consultar?

Ordenanza municipal de limpeza e residuos

Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local

DEREITOS

  • Esixir un servizo público de recollida de residuos
  • Facer uso, segundo o establecido na correspondente ordenanza, deste servizo
  • Ser informado, previa petición razoada, e dirixir solicitudes, reclamacións e suxestións en relación ás cuestións que suscite a prestación do servizo
  • Denunciar anomalías e infraccións que coñezan, debendo informalos das actuacións practicadas
OBRIGAS
  • Evitar e previr incidentes co servizo municipal de recollida de residuos
  • Cumprir as prescripcións previstas nas normas municipais
  • Atender á recollida selectiva
  • Aboar taxas e impostos municipais previstas nas ordenanzas fiscais como contrapartida á prestación do servizo
  • Aboar os gastos ocasionados polas execucións subsidiarias que o Concello teña que realizar no seu nome
  • Aboar os gastos directamente imputados a estes que se deriven da prestación do servizo nos temos da ordenanza
  • Aboar as multas que, por infracción da ordenanza, sexan impostas

Plan Estatal Marco de Residuos PEMAR

Plan Rexional de Residuos Urbanos da Com. Madrid

Guía Divulgativa de Xestión de Residuos Municipais e Limpeza Vial

Guía de Xestión de Residuos Municipais

>

Índice

Sección 4: Que información de referencia podo consultar?

Guía Técnica sobre a Xestión de Residuos Municipais

Guía Técnica de Xestión de Residuos Municipais e Limpeza Vial

Fai clic en cada unha das referencias para descargar estratexias e plans de residuos, ademais doutros documentos de interese como guías.

Fai clic en cada unha das imaxes ou iconas para obteres información de interese

1 litro de aceite doméstico podería contaminar uns 1.000 litros de auga Reciclando unha lata afórrase a suficiente enerxía para manter acendida unha televisión durante 1 hora Con 9 latas de conserva poderíase fabricar unha bóla de petanca O mercurio dunha batería de botón pode contaminar uns 600.000 litros de auga, o equivalente ao consumo dun concello de 3.000 habitantes durante 1 ano ou 1 familia de 4 membros durante toda a vida Fonte: Recíclame

Nesta sección poderás coñecer as diferentes canles de comunicación do teu Concello en materia de xestión de residuos, así coma os principies formularios que poderás descargar para solicitar ou inscribirte en calquera servizo.

981 84 99 60

medioambiente@boiro.org

Localización

Concello de Boiro

Praza de Galicia s/n

Horario presencial de atención ao cidadán: luns a venres de 9.00h a 13.00h

15930 Boiro (A Coruña)

>

Índice

Sección 5: Como podo comunicarme co meu Concello?

Instancia xeral de Registro

>

Índice

Sección 5: Como podo comunicarme co meu Concello?

En cada un dos títulos que aparecen na seguente lista, é posíbel descargar os principais impresos, formularios ou documentos que han servir para presentar calquera solicitude cidadá relacionada cos residuos no Concello de Boiro