Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

"Ao nen@ gústalle a natureza, pero encérran@ en clases pechadas; gústalle dar sentido á súa actividade e róubanlle o sentido; gústalle moverse e inmobilízano; gústalle falar e dinlle que permaneza en silencio; gústalle pensar e só lle valoran a súa memoria; quere seguir á súa fantasía e non lle deixan; quere ser libre e ensínanlle a obedecer pasivamente"

Adolphe Ferriere (1879-1960)

BENVID@S

CEIP Mestres Goldar

Presentación

e.infantil

"O obxectivo do ensino non é producir aprendizaxe, senón producir condicións de aprendizaxe."



"Se as condicións son axeitadas, @ nen@ constrúe a súa propia aprendizaxe."

Malaguzzi

Identidade Pedagóxica

Educación viva e activa, co obxectivo de manter o respecto polos ritmos de aprendizaxe dos nenos/as ás súas diferentes etapas de desenvolvemento, así como o aproveitamento das canles naturais de aprendizaxe.

Definir a imaxe do neno/a priorizando as súas necesidades.

Axuntar criterios docentes a través dunha proposta globalizada, que busca promover o diálogo coa contorna e o intercambio de experiencias entre os nenos e nenas.

Sincronizar a resposta educativa que brindamos en cada momento co ritmo madurativo do neno/a.

FAMILIAS

O camiño que empezamos a trazar, coa implicación das familias, é o de entender que a comunidade somos tod@s, que tod@s somos imprescindibles e válid@s no acompañamento dos nenos/as e que o único cambio posible é o que comeza dentro de cada un de nós, o que nos fai mellorar individualmente e en conxunto.

O camiño que empezamos a trazar, coa implicación das familias, é o de entender que a comunidade somos tod@s, que tod@s somos imprescindibles e válid@s no acompañamento dos nenos/as e que o único cambio posible é o que comeza dentro de cada un de nós, o que nos fai mellorar individualmente e en conxunto.

A nosa mirada

A nosa mirada vai en dúas direccións. A primeira, coa que os adultos/as miramos a infancia; a segunda, coa que os nenos e nenas ven o mundo. Só se os/as respectamos e aceptamos tal como son, atrevéndonos a poñérmonos á súa altura, a mirar como eles e elas ven, poderemos falar de cultura da infancia.

Figura do adulto/a como acompañante e guía, proporcionándolle atención e confianza.

Escoitar, comprender, tolerar, interactuar, cooperar e compartir, establecendo a base dunhas relacións afectivas sólidas e seguras.

O benestar do neno/a, depende en gran medida da maneira en que o acompañe o/a adulto/a.

Reorganizamos o tempo da xornada, concedendo máis importancia ao tempo das "rutinas" e ás propostas de aprendizaxe. O ambiente vólvese máis amable, tranquilo, pracenteiro; de intercambio e diálogo, onde o valor fundamental será o respecto polo neno/a activo e competente.

No día a día, nada é banal, nada é rutina, senón que todo depende do valor que se dea a cada momento da relación co neno/a.

Montse Fabrés

finalidades

Crecemento Emocional: O neno necesita saber xestionar as súas emocións e sentir seguridade e confianza para lograr novas aprendizaxes. O esforzo e a motivación cara á aprendizaxe xorden cando a persoa está emocionalmente equilibrada.

É importante acompañar os procesos de autonomía, autorregulación e xestión emocional
Natureza propia e Necesidades: Cremos no respecto pola natureza propia da persoa, mantendo a propia esencia e a súa manifestación natural, centrándonos sempre en actuacións que fomenten a responsabilidade.
Liberdade/espontaneidade: Sentimos que o recoñecemento e a aceptación da persoa tal e como é permite un crecemento en equilibrio e benestar.

A nosa finalidade principal é favorecer o desenvolvemento dos sentidos mediante movemento, emoción, ritmo, imaxes e palabras, tomando como elementos esenciais o xogo, a creatividade, o descubrimento, a aprendizaxe significativa e o contexto, as relacións entre iguais, a equidade e a investigación e a aprendizaxe activa.

Contidos vs capacidades

O ideal non é que un neno/a acumule coñecementos, senón que desenvolva capacidade.

A educación non é un asunto de escoitar e narrar, senón un proceso activo de construción.

John Dewey


O que os nenos/as aprenden non se dá como resultado automático do que se ensina. Máis ben débese, en gran parte, á acción dos nenos/as como consecuencia das súas actividades e dos recursos ao seu dispor.

Loris Malaguzzi



Materiais

En relación con materiais formais e limitados das editoriais

Dende o noso criterio non entendemos a práctica do ensino/aprendizaxe relacionada co material convencional que achegan a día de hoxe as editoriais existentes.

Non usamos libros de texto nin compendio de fichas.


Os nosos materiais


Seleccionamos materiais provenientes de diferentes correntes pedagóxicas como Montessori, Waldorf, Reggio Emilia ou escola activa en función da nosa formación e expectativas, o que imos revisando continuamente favorecendo así a revisión e actualización destes materiais, evitando que queden obsoletos ou non sirvan ao obxectivo marcado.

Ofrecemos un enorme abanico de materiais magníficamente deseñados para as aprendizaxes curriculares. Están agrupados en diversas áreas, son válidos para acompañar procesos baseados na experimentación e a manipulación directa, e caracterízanse pola súa versatilidade: teñen unha utilidade concreta pero permiten aos nenos/as de diferentes idades e intereses a exploración doutras posibilidades.

Este feito fai tamén que o adulto/a poida detectar con moita facilidade as competencias que vai alcanzando o neno/a mediante a observación da relación que establece co material: como xoga, como o utiliza, con que frecuencia o colle, o tempo e a implicación que lle dedica son pautas básicas para saber en que momento de desenvolvemento cognitivo se atopa.

As aprendizaxes xurdidas da curiosidade e investigación, e desenvolvidas a través da manipulación, son significativas e profundas, polo que incluímos materiais para o desenvolvemento sensorial e motriz, a linguaxe, a escritura, as matemáticas, as ciencias naturais e sociais, o xogo simbólico, a expresión artística/musical, sen esquecer o ámbito da autonomía.

Espazos

Dispoñer de espazos e de ambientes preparados, que actúen como contextos intelixentes e permitan transformar de forma versátil as zonas de actividade ofrecendo diferentes propostas de aprendizaxe.

Estes espazos de aprendizaxe pretenden responder as necesidades de experimentación e xogo dos nenos/as.

Sen esquecer que as zonas exteriores son espazos de aprendizaxe en si mesmos, pero en ocasións pódense converter no recurso ambiental dunha actividade concreta nun determinado momento.

Xogo


A base da nosa metodoloxía, o xogo:


Eliximos algúns dos factores identificados por Anna Forés e Marta Ligioiz (2009) que proporcionan a aprendizaxe a través do xogo e adaptámolos ao contexto educativo:


Pracer e satisfacción: a través da necesidade natural que constitúe o xogo, o neno/a proba, explora e asume con normalidade o erro porque lle permite mellorar e iso constitúe unha gran satisfacción. Goza o proceso.


Estimula a curiosidade: o xogo permite ao neno/a para descubrir novas oportunidades e faille ser máis creativo. Ir avanzando require que se vaia preguntando continuamente sobre que decisións tomar.


Estimula o afán de superación, de reto e a autoconfianza: o feedback xerado a través do xogo fai que o neno/a persevere e siga afrontando os novos retos. E isto mellora a autoestima, o recoñecemento social do resto de compañeiros/as e constitúe unha estupenda forma de fomentar a resiliencia.


Supón unha oportunidade de expresar os sentimentos: ao xogar exprésanse de forma natural as emocións. O neno/a asume o seu protagonismo e no vórtice do xogo maniféstase tal como é.


Favorece a interiorización de pautas e normas de comportamento social: calquera xogo ten as súas propias regras que se deben coñecer e respectar. Moitos nenos/as que son incapaces de manter unhas normas elementais, durante o xogo móstranse totalmente respectuosos coas mesmas.


Estimula o desenvolvemento de funcións físicas, psíquicas, afectivas e sociais: dependendo do tipo de xogo, exercitaremos unhas funcións corporais ou outras. Especialmente interesantes serán os xogos grupais que facilitarán a aprendizaxe cooperativa.


O xogo é a forma natural que ten o neno/a de relacionarse, de coñecer o mundo e crecer como ser social, de aprender, de calcular, de tentear con cantidades, proporcións, magnitudes, emocións, sensacións, perigos e desafíos ...

Enfoque

Intelixencias múltiples: Cada ser humano ten unha combinación única de intelixencia. Este é o desafío educativo fundamental: estimular a cada alumno/a dunha forma personalizada .


Aprendizaxe significativo e funcional: É aquel que conecta coas estruturas previas que interiorizou o suxeito e amplíaas e modifica, xerando unha conexión entre o que xa se coñece e o novo que imos incorporar. Para que sexa significativo, debe producirse dentro dun contexto que teña sentido para o neno/a e lle ofreza posibilidades en función das súas características persoais.


Aprendizaxe por descubrimento: É o mellor medio para estimular o pensamento simbólico e a creatividade do individuo.


Propostas de aprendizaxe: Un conxunto de actividades que permanece no tempo indefinidamente que convida a través de experiencias intrínsecas, provocativas, e vivenciais a enriquecer o desenvolvemento madurativo do neno/a, estreitando vínculos cos procesos manipulativos, o acompañamento emocional adulto e as relacións entre iguais.


Realización de pequenos proxectos de investigación: partindo dos intereses do neno/a en relación coa súa realidade máis próxima.


Avaliación: Avaliar forma parte do propio proceso de ensino-aprendizaxe e, por tanto, está intrinsecamente relacionado con acompañar, facilitar e asegurarse de que atopamos a mellor maneira de axudarlles no seu desenvolvemento e maduración.

Os nenos/as tamén deben de participar deste proceso evaluativo, adquirindo as destrezas necesarias para ir autorregulando a súa propia aprendizaxe.


Escenarios dixitais: Acompañamos a xeracións de nenos/ as chamados “nativos dixitais” os cales crecen rodeados de aparellos móbiles, dispositivos táctiles e reprodutores visuais e auditivos que en ocasións xa “manexan” perfectamente cando chegan á escola.

Por tanto neste apartado enfocamos o noso labor como docentes cara ao uso correcto non abusivo das tecnoloxías co noso exemplo como referencia.


Creatividade: Non entendemos a produción artística como un receitario, unha recompilación de técnicas que levan a cabo en cada sesión. O importante é saber por que o facemos, porque a arte ten razón de ser cando se vincula coa súa función antropolóxica: comunicar, comunicarse.


Relacións: O coñecemento é produto da interacción entre a persoa e o medio, pero o medio entendido como algo social e cultural, non soamente físico.


Límites: Nós velamos para educar na responsabilidade. A adquisición da responsabilidade é máis lenta pero permite ao neno/a ser el mesmo e ir incorporando na súa maneira de facer actitudes e actuacións favorables á boa convivencia (pero sempre con conciencia). Consideramos os límites como a base da liberdade pero, non se trata dun concepto inxenuo ou egoísta de liberdade, onde cada persoa fai o que lle da a gana sen importar as consecuencias que teñan na contorna senón que é unha liberdade responsable que ten en conta o compromiso coas outras persoas dende a autonomía e a vivencia individual e social. É dicir, nesta escola educamos na responsabilidade, fronte a obediencia. Os límites vanse introducindo de maneira progresiva a medida que van xurdindo as situacións, de maneira individual e se lles van recordando( sempre en voz baixa e dirixindonos a un neno ou nena en concreto) o límite pertinente para cada situación.


Liberdade de movemento: consideramos que a relación entre as diferentes idades e favorecedora no desenvolvemnto do neno/a, polo que a zona de infantil non está restrinxida por idades específicamente. Cando hai intereses mútuos xorden os encontros interzonas.


Social: aprender do grupo e co grupo e vivir aquilo que se está a aprender.







Linguaxe

Conciencia fonolóxica: A Conciencia Fonológica é a capacidade para reflexionar e manipular conscientemente os segmentos fonológicos da linguaxe oral e considérase necesario que o neno/a dispoña de certa conciencia fonológica antes de comezar a ler, de feito, é un poderoso factor para a predición do éxito lector .


Conseguir o adecuado desenvolvemento das habilidades de expresión oral é o comezo do proceso da lectura e a escritura, e a evidencia científica así o sinala.

A aprendizaxe da linguaxe escrita fundaméntase na linguaxe oral, por tanto, hai que traballar os cimentos orais para que despois a adquisición da linguaxe escrita teña lugar sen dificultades.


Segundo os últimos estudos neurocientíficos, os nenos/as non teñen desenvolvidas todas as capacidades cognitivas, motrices, sensoriais e emocionais para iniciarse en capacidades cognitivas superiores como as matemáticas e a aprendizaxe da lectura e a escritura ata os seis ou sete anos. Polo que o noso obxectivo é traballar as actividades previas da lectura, a escritura, a comunicación oral e o pensamento lóxico-matemático para consolidar as bases precisas para as posteriores aprendizaxes.


Na etapa infantil priorizarase o traballo da organización neuromotriz, a estimulación da linguaxe e o desenvolvemento emocional a través da socialización e o xogo.


Se o ambiente é rico en materiais escritos, en interaccións e en prácticas de lectura e de escritura, a capacidade comunicativa en lingua escrita desenvólvese de maneira significativa.

Entendemos que a educación afecta á persoa de maneira global e sostemos a idea de que a aprendizaxe nas etapas temperás é transcendente, tanto no sentido figurado como no máis literal: irá máis aló da etapa mesma e determinará o curso da vida do individuo.

Se un neno/a non xoga non crece, non se desenvolve, non aprende.

-Tonucci.-

Diversidade

"Unha escola debe ser un lugar para todos os nenos/as, non baseada na idea de que todos son iguais, senón que todos son diferentes”

Loris Malaguzzi


Rol do adulto/a

Entendemos que o neno/a é e debe poder ser protagonista das súas aprendizaxes. Cremos no neno/a que se constrúe así mesmo. Cremos no neno/a que escoita e toma decisións en beneficio do seu desenvolvemento.

E é porque cremos nesta cultura de neno/a, que o noso papel de adultos/as dentro do ambiente vai máis aló do acompañamento.

O adulto/a é: un acompañante, un mediador, sentar á súa altura, un abrazo, unha conversación, un creador de propostas, un observador, un aprendiz...

metodoloxía

"Non hai mal tempo, senón roupa non axeitada"

O CONTACTO COA NATUREZA

Proverbio Noruego

Contamos con espazos verdes de xogo, con contacto directo coa natureza, coa aprendizaxe real do cambio estacional vivido en directo.

Dotamos estes espazos con propostas sensoriais que enriquecen o seu desenvolvemento, xogos con area, auga, con elementos naturais...
Sabemos que osixenarse é fundamental para calquera ser vivo, non debe ser algo exclusivo das estacións máis cálidas; é por iso que contamos con roupa impermeable axeitada para poder gozar sempre do exterior.

contexto

O CEIP Mestres Goldar


Centro de educación infantil e primaria dunha soa liña.

O equipo docente está formado por 17 mestres/as:

  • 1 especialista en E.Física, que imparte tamén 1 sesión semanal de psicomotricidade en cada grupo de E.I.
  • 1 especialista en E.Musical, que imparte tamén 1 sesión semanal de música en cada grupo de E.I.
  • 1 especialista en lingua estranxeira (inglés), que imparte tamén unha sesión semanal en cada grupo de E.I.
  • 1 especialista en P.T.
  • 1 especialista en A.L. (compartido)
  • Orientadora (compartida)
  • Mestra de relixión


Persoal non docente:
Conxerse
ATE

anpa

Faite Soci@!!

A ANPA é unha asociación sen ánimo de lucro, formada polas familias dos alumnos/as matriculados no cole. Tentamos que o noso colexio conte cos mellores servizos posibles para a conciliación e que a comunidade educativa estea viva

Servizos

Para asociarse a ANPA págase unha cota anual de 15€ por familia. Con estes cartos a ANPA xestiona, entre outras cousas:

  • Comedor escolar (a través do convenio con FOANPAS, Catering de Arume 14:00-15:45)
  • Acollida matinal (8:00 a 9:00)
  • Actividades extraescolares, en horario de 16:00-18:00.
  • Banco de libros
  • Excursións
  • Agasallos para cada neno/a
  • Subvención da excursión de sexto.
  • Cargo seguro de responsabilidade civil
  • Festa de Entroido
  • Festa de fin de curso


A finalidade da ANPA é:

  • Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro.
  • Actividades complementarias co centro (Magosto, Nadal ,Entroido, Maios, Fin de curso...)
  • Promover a participación da familia nas diferentes actividades.
  • Promover actividades formativas, como charlas, etc…
  • Representación e participación dos pais/nais no Consello escolar.
  • Colaborar coa dirección do colexio.
  • Colaborar co profesorado e o alumnado para o bo funcionamento do centro
  • Outros proxectos de interés.

Contacto

Tlfno.: 644 577 635

E-mail: anpa_mestresgoldar@yahoo.es

Facebook: ANPA CEIP Mestres Goldar.

http://anpamestresgoldar.blogspot

Para asociarse a ANPA págase unha cota anual de 15€ por familia. Con estes cartos a ANPA xestiona, entre outras cousas:

  • Comedor escolar (a través do convenio con FOANPAS, Catering de Calidus 14:00-15:45)
  • Acollida matinal (07:30 a 09:00)
  • Actividades extraescolares.
  • Banco de libros
  • Excursións
  • Agasallos para cada neno/a
  • Subvención da excursión de sexto.
  • Cargo seguro de responsabilidade civil
  • Festa de Entroido
  • Festa de fin de curso


A finalidade da ANPA é:

  • Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro.
  • Actividades complementarias co centro (Magosto, Nadal ,Entroido, Maios, Fin de curso...)
  • Promover a participación da familia nas diferentes actividades.
  • Promover actividades formativas, como charlas, etc…
  • Representación e participación dos pais/nais no Consello escolar.
  • Colaborar coa dirección do colexio.
  • Colaborar co profesorado e o alumnado para o bo funcionamento do centro
  • Outros proxectos de interés.

Tlfno.: 644 577 635

E-mail: anpa_mestresgoldar@yahoo.es

Facebook: ANPA CEIP Mestres Goldar.

http://anpamestresgoldar.blogspot

proceso de admisión

Do 1 ao 21 de Marzo

Na web do centro colgarase toda a información relativa a este proceso.


Para dúbidas ou aclaracións
sobre o aquí exposto, contactar a través de:
ceip.mestres.goldar@edu.xunta.es
886120095 (martes de 16:30 a 17;30)

MEDRANDO XUNTOS

"A nosa tarefa é axudar aos nen@s a que suban as súas propias montañas".