Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

INICIO

CoñécenosCEIP Plurilingüe García Barbón

Servizos

Máis do cole

Educación Primaria

Educación infantil

Adaptándonos ao futuro

As señas de identidade do cole

VÍDEO

Educación Infantil

O noso obxectivo é motivar e potenciar as capacidades do alumnado a través dun proceso de ensino-aprendizaxe individualizado, adaptado aos distintos ritmos e estilos cognitivos dos nenos e nenas. Buscamos unha aprendizaxe competencial e por proxectos que xurden dos intereses e necesidades do alumnado, da súa curiosidade e experiencias.O alumnado convive en recunchos de aprendizaxe que promoven a observación, experimentación, independiencia, autonomía, liberdade e adquisición de hábitos e rutinas.A metodoloxía da etapa é activa, manipulativa, significativa e globalizada, onde o xogo é o eixe principal do ensino.Potenciamos a aprendizaxe cooperativa e o pensamento de deseño (design thinking), que axudan a desenvolver a intelixencia emocional, a creatividade e a intuición.

VÍDEO

Educación Primaria

Durante esta etapa guiamos ao noso alumnado no proceso de construír, desenvolver e profundizar nos seus coñecementos. O proceso educativo convértese nun reto ao descoñecido, nun descubremento constante no que as nenas e nenos son protagonistas da súa propia aprendizaxe.O obxectivo é afianzar o seu desenvolvemento persoal, mellorar as habilildades sociais e os hábitos de traballo por medio de metodoloxías activas que os leven a aprender de xeito cooperativo e investigar a través de proxectos. Fomentamos unha aprendizaxe STEAM que lles permita aprender facendo, empregando o razoamento baseado na evidencia , incorporando a gamificación, programación e robótica, visual thinking,... estimulando así a toma de decisións e o pensamento crítico.Nesta etapa buscamos unha aprendizaxe comprensiva e eficaz das habilidades instrumentais, por medio dunha lectura eficaz e dunhas matemáticas manipulativas que lle permitan plasmar os seus novos coñecementos en todas as linguas e materias buscando alumnos e alumnas competentes para resolver, de maneira autónoma, distintas situacións que os preparen para o futuro.

+ INFO

+ INFO

+ INFO

As tecnoloxías son un elemento transformador do ensino dentro dun contexto de sociedade da información e do coñecemento en constante cambio.

O enfoque comunicativo no ensino das linguas é un dos elementos motivadores para a súa aprendizaxe.

Préstamos Mochilas viaxeirasVoluntariado alumnadoNovidades lectorasRadio na biblio....

Ensino das linguas

Biblioteca e radio escolar

Novas tecnoloxías

Máis do cole...

+ INFO

+ INFO

+ INFO

Atención a diversidade coma forma de garantir o óptimo rendemento, aprendizaxe e desenvolvemento de todos e cada un dos nosos alumnos e alumnas.

A formación global da persoa contribue o desenvolmento das competencias emocionais e o benestar do alumnado.

As distintas celebracións escolares completan o proceso educativo, melloran as relacións interpersoais do alumnado e aumentan a súa motivación.

Atención á diversidade

Transversalidade no ensino

Celebracións escolares

+ INFO

http://anpagarciabarbon.org

As actividades extraescolares comezan as 15.00 h para os máis pequenos e prolónganse ata as 17.00 h a maior parte. Ofértanse dentro do centro máis de 15 propostas: multideporte, inglés, kung fu, teatro, intelixencia emocional, música, patinaxe…Fora do centro están vixentes convenios de colaboración con tres piscinas: Piscina Municipal de Teis, Náutico e Coliseum. Tamén coa empresa Patos Surf que recolle aos rapaces e rapazas no centro e tráenos de volta trala actividade na Praia de Patos.

Actividades extraescolares

+ INFO

O servizo de comedor faise en varios turnos en función das solicitudes de cada curso. Os alumnos e alumnas están acompañados en todo momento de monitores, tanto no comedor como no tempo de lecer posterior. O servizo remata as 16.00 h, hora límite de recollida.O centro non dispón de cociña propia, o xantar procede dunha empresa de catering da cidade.

Comedor escolar

A aula matinal funciona dende as 7.30 da mañá ata a hora de entrada as aulas. Pódese asistir durante todo o curso o en momentos puntuais, en función das necesidades das familias.

Servizos ANPA

Aula matinal

Abrimos as portas virtuais do noso cole para que podas coñecelo

Visita o cole

PLURILINGÜÍSMO Y PLURINFANTIL

RADIO NA BIBLIO

BIBLIOTECA CREATIVA

CONTRATOS PROGRAMA

SECCIÓN BILINGÜE

LINGUA GALEGA

DIGICRAFT

ROBÓTICA

EDIXGAL

Os nosos proxectos

886111087

SECRETARÍA

886111088

EQUIPO DIRECTIVO

Para resolver dúbidas ponte en contacto connosco, estaremos encantados de aclaralas.

Contacto

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgarciabarbon/

ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal

"Dimo e esquézoo , ensíname e recórdoo, involúcrame e apréndoo"