Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

Bibliografía: Almanaque das Irmandades, A.C. Alexandre BóvedaX.H. Acuña, AS imaxes de Castelao, 2000, A Nosa Terra, Vigo.Rosa María Cid Galante (2006): “Grao de participación da muller ourensá en movementos asociativos, políticos e reivindicativos (1920-1936)”, MINIUS XIV, pp. 57-72 María Pilar García Negro, (2001): “As mulleres en Castelao”, Revista de lenguas y literaturas catalana, gallega y vasca, Nº 7, p.p.183-234.

As personaxes femininas en Castelao.Marzo de 2021.4º ESO-IES Terra de Turonio.

As mulleres vistas por Castelao

Fundación do partido galeguista, 1931

Exposición na Coruña en 1917.

No exilio en Buenos Aires, 1940

Na IV Asemblea nacionalista en Monforte, 1922

"... humorista, ilustrador, caricaturista, narrador, dramaturgo, ensaísta, pensador e criador de doutrina política, político en exercício, motor do nacionalismo galego moderno.." no conxunto da súa obra plástica ou literaria "descobriremos a solidariedade estrutural entre partes, a intertextualidade, ... os leit-motive que dan unidade e reforzan a trama interior dun conxunto de pezas ... o Castelao literario se comprende á luz da sua vocación política ..." (María Pilar García Negro, 2001)

-Ela non me quería e mateina.Cousas.

Cincoenta homes por dez reas (1926).Visión crítica do matrimonio, como institución que somete e explota a muller.

Cousas, 1926, 1929." revival galego daquela Olympe de Gouges que proclamaba, en 1791, que se as mulleres podian subir ao cadafalso, deberían poder subir igualmente á tribuna pública." (María Pilar García Negro, 2001)

¡ Un padrenostriño pol-os que morreron en Oseira, Nebra e Sofán !

A obra deseña un "abano de dependenciasfemininas ... subordinadas ao matrímónio como única saída permitida e asumida,praticantes da moral imposta por regras de xogo que elas non deciden, vendedoras do seu corpo como única mercadoría «competitiva» no mercado." (María Pilar García Negro, 2001)

"Sabela", retrato das mulleres do pobo: mozas alegres, adultas estragadas polo traballo

As mulleres do pobo, traballadoras e explotadas.A explotación laboral e sexual na Marquesiña e na Tola do monte.A maternidade imposíbel de Dona Micaela.

Os vellos non deben de namorarse, 1940

Retrincos, 1934

Cousas, 1926-1929

As labregas loitando pola redención dos foros en Oseira, Nebra ou Sofán.

Un ollo de vidro, 1922

1918: Manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo, Título III (Problemas políticos) «Igualdade de direitos prá muller», Título V (Custións xurídicas): «Igualdade de direitos prá muller casada polo menos no caso da emigración do marido». 1931: Ponencia redactora do proxecto do Estatuto de Caliza recolle que a muller terá dereito ao voto no futuro Estado. 1931, as Cortes do Estado aprobaron o dereito ao voto da muller. 1931: Asemblea Constituínte do Partido Galeguista, que tivo lugar os dias 4,5 e 6 de Decembro no Hotel Madrid de Pontevedra, artigo III «igoaldade de dereitos civis ás mulleres». 1933: A Nosa Terra, «O recanto da muller», sección en que colaboraron mulleres que adoitaban pertencer ao Partido Galeguista. 1936: Castelao obtén un escano no Congreso dos deputados pola Frente Popular, e expresará o seu agradecemento ás mulleres, «sobre todo as labregas e peixeiras». Marzo de 1936: varias mozas redactan e fan público un manifesto dirixido ás mulleres galegas «para organizárense e defenderen a Galiza». Abril de 1936, constitúen as Mocidades Femininas Ourensás. Fonte: María Pilar García Negro, (2001):

Fragmento do manifesto publicado o 20 de marzo de 1936 en A Nosa Terra:"Nascimos n-unha Terra fermosa e ricas. Herdamos unha lingoa musical e rexa, ilustre e nova. N-ela, na vosa lingoa, mozas d-Ourense, escribiu Rosalía de Castro os versos máis belidos e saudosos que teñan florecido en alma de muller...Falando en galego, espallando o noso idioma, fagueredes obra de reivindicación, e poderedes alternar nun mundo das ideas e da vida sen a vergoña e o remordimento de vos sentir dominadas e servas. Loitando pol-o afirmamento da cultura e da tradición galega loitades pol-a eisaltación do esprito, pol-o trunfo da civilización ameazada. Organizandovos pra axudar e ilustrar ao pobo de Galicia fomentaredes a riqueza e a paz diste pobo que debía ser ditoso e feliz e non o é pol-a pouca concencia que de seu deber teñen os que debían axudalo e ilustralo"Fonte: Rosa María Cid Galante (2006): “Grao de participación da muller ourensá en movementos asociativos, políticos e reivindicativos (1920-1936)”, MINIUS XIV, pp. 57-72,

Almanaque das Irmandades, A.C. Alexandre Bóveda

O 19 de xuño de 1936 dáse a coñecer o manifesto galeguista de mulleres a prol do si no Plebiscito do Estatuto Galego. Un grupo de mulleres galegas encabezadas por Olimpia Valencia, a primeira muller que se licenciou en Medicina na USC, dirixido ás irmás galegas pedindo o apoio para o Estatuto de autonomía: "Pola limpeza política e pola prosperidade pública. Polo traballo e pola reivindicación social… Por Galicia mulleres da nosa terra."

Carmen Prieto Rouco

Busca información sobre estas contemporáneas de Castelao e o Grupo Nós. Fontes que podes consultar:-Álbum de mulleres (http://culturagalega.gal/album/) -Galipedia.

Virxinia Pereira

Francisca Herrera

Olimpia Valencia

Margot Sponer

Fonte: Galipedia

Representación do ano 2000, Centro Dramático Galego (IGAEM). Obra completa.

Os vellos non deben de namorarse