Want to make creations as awesome as this one?

Dia da muller e a nena na Ciencia

More creations to inspire you

Transcript

Científicas Galegas

Dia da Muller e a nena na ciencia 2021

Mª José Alonso

Ángeles Alvariño

Rebeca Atencia

Jimena eElisa Fdez. de la Vega

Antonia Ferrín

Minia Manteiga

Angela Ruiz Robles

Marisol Soengas

Olimpia Valencia

Begoña Vila

Maria J. Wonenburger

Isabel Zendal

MARIA XOSÉ ALONSO Graduouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981 e obtivo o seu doutoramento en 1985. É catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na USC En 2014, xunto a Alicia Estévez, foi a primeira muller en ingresar na Real Academia Galega de Ciencias despois de case 25 anos. Recibiu numerosos recoñecementos internacionais, alén de asesorar a revistas de alto impacto e ao Goberno español

ÁNGELES ALVARIÑOÉ unha mulleres de ciencia máis importantes da historia de Galicia. A súa carreira investigadora comezou en Vigo, pero a desenvolveu logo nos Estados Unidos, con estudos de fonda repercusión. Ao longo da súa carreira, descubriu doce novas especies de minúsculos depredadores que forman parte do plancton. Tamén describiu unha nova especie de medusa. En total, Ángeles Alvariño atopou 22 novas especies para a ciencia. Tal foi a súa relevancia que desde 2012 un buque do Instituto Español de Oceanografía leva o seu nome.

BEGOÑA VILAEsta astrofísica viguesa traballa no novo gran telescopio da NASA que explorará o espazo.Comezou a estudar Física na USC e logo especializouse en Astrofísica no Instituto de Astrofísica de Canarias. Realizou o seu doutoramento en Manchester, onde investigou sobre galaxias espirais, e fixo o posdoutoramento na universidade de Cardiff. Máis tarde mudouse a Canadá, desde onde empezou a traballar coa NASA . Comezou como analista, ascendeu a enxeñeira de sistemas e, finalmente, foi designada como encargada técnica do dispositivo que guiará a viaxe do gran telescopio, onde lidera a un equipo dun milleiro de persoas. Foi premio María Wonenburger en 2017.

Jimena Fernández de la Vega foi médica, xenetista e profesora en Galicia, de onde era natural o seu pai, tamén médico e primeiro director do balneario de Guitiriz. Foi, xunto coa súa irmá Elisa, a primeira licenciada en Medicina da Universidade de Santiago.Pero non foi doado. Tanto ela como a súa irmá , que se especializou en Pediatría, sufriron o acoso de compañeiros e profesores e tiveron que abandoar a aula en varias ocasións.A investigadora "tivo o gran acerto" de incorporar a xenética ao ámbito da saude e así se converteu nunha pioneira da xenética médica en España. Especializouse neste ámbito a través de varias estancias en Alemania, Italia e Austria. Tamén orientou a sua vida profesional a aplicación da hidroloxía no campo da saude.A Real Academia Galega De Ciencias elixiuna coma Científica do ano 2021 "como exemplo de muller científica" nuns tempos nos que "non era doado" ser admitida e recoñecida .

MARIA JOSEFA WONENBURGER(Oleiros, 1927-A Coruña, 2014) Licenciouse en Matemáticas en 1950 na primeira promoción da Universidade Central de Madrid. Foi a primeira española en conseguir unha bolsa Fulbright, o que lle permitiu estudar na universidade de Yale. Alí doutorouse nunha rama das matemáticas da que se converteu en toda unha experta mundial: a teoría de grupos. Tamén foi coñecida polos seus desenvolvementos en álxebras de Lie, que se usan en estudos de xeometría en espazos vectoriais. Tivo unha vida de recoñecementos en Estados Unidos mentres aquí ficaba no anonimato. Regresou en 1983 á Coruña pola enfermidade da súa nai, e só nos seus últimos anos chegaron as homenaxes en Galicia. En 2010 foi a primeira científica investida doutora honoris causa pola universidade da Coruña. A Xunta de Galicia creou en 2007 o premio que leva o seu nome.

ISABEL ZENDAL(Ordes, 1773-Puebla, México, n/c). En 1803 partiu da Coruña unha expedición que sería controvertida o día de hoxe, pero que salvou moitas vidas. Un médico chamado Francisco Xavier Balmis convenceu ao rei Carlos IV para financiar unha idea revolucionaria: infectar nenos orfos coa varíola e utilizalos para levar a vacina a América, onde a enfermidade, levada en 1518 polos primeiros colonos españois, tiña efectos devastadores. A bordo desta expedición ía a enfermeira Isabel Zendal, reitora do Hospital da Caridade da Coruña, foi a gran protagonista que coidou dos cativos na súa viaxe.

MARISOL SOENGAS(Agolada, 1968).Esta científica galega dirixe o grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO), e é unha autoridade internacional na investigación do cancro de pel. Licenciouse en Bioloxía na Universidade da Coruña, aprendeu máis sobre Bioloxía Molecular na Universidad Autónoma de Madrid e doutorouse ao tempo que tiña a oportunidade de traballar con Margarita Salas no laboratorio do Centro de Biología Molecular Severo Ochoa.

OLIMPIA VALENCIA(Ourense, 1898-Vigo, 1987). Foi unha das primeiras licenciadas en Medicina de Galicia. Fíxoo cun expediente académico brillante, que inclúe 19 matrículas de honra e premio extraordinario. A discriminación de xénero obrígaa a optar pola xinecoloxía fronte a súa primeira opción, a neumoloxía, xa que estaba mal visto que as mulleres atenderan aos homes. Na Segunda República apoiou ao Partido Galeguista, o que lle valeu un arresto en 1937 durante a represión franquista. Despois mantivo a súa consulta no centro de Vigo (onde hoxe ten unha rúa)

Ángela Ruiz RoblesFoi mestra e pasou a maior parte da súa vida en Ferrol. A súa idea máis brillante materializouse en 1949, cando patentou un libro de texto para os estudantes que funcionaba cun sistema mecánico de aire a presión, ao que se podían engadir diferentes carretes correspondentes ás distintas materias, e ao que deu o nome de Enciclopedia Mecánica. Unha especie de predecesor do libro electrónico que a fixo pasar á historia.

ANTONIA FERRÍN(Ourense, 1914-Santiago de Compostela, 2009). Foi a primeira astrónoma galega. Tamén, a primeira muller que leu unha tese doutoral en España sobre astronomía. E fixo interesantes achegas ao estudo das estrelas dobres De 1934 a 1936 dá clase na Física e Matemáticas da Facultade de Ciencias, mentres estudaba Farmacia e realizaba cursos de ciencias exactas

MINIA MANTEIGA(Negreira, 1963). En 2018, esta profesora da Universidade da Coruña converteuse na primeira catedrática de Astrofísica de Galicia. Estudou Física na USC e continuou a súa traxectoria na universidade de La Laguna, ao abeiro do Instituto de Astrofísica de Canarias. Actualmente compaxina a docencia na Escola de Náutica na Coruña coa investigación, e traballa coa Axencia Espacial Europea no proxecto Gaia, na cartografía máis ampla feita ata agora da Vía Láctea.

REBECA ATENCIA(1977, Ferrol) É unha veterinaria galega . É a directora do centro de rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, na República Democrática do Congo, dependiente do Instituto Jane Goodall. Neste centro fundado en 1997 coidan e protexen a uns 150 chimpancés co propósito de devolvelos á selva ao tempo que desenvolven un labor de educación e sensibilización sobre estes animais dirixida á la poboación da zona.