ENTROIDO 21
emmacanitrot
Created on Thu Feb 11 2021 20:14:32 GMT+0000 (Coordinated Universal Time)
No description
More creations to inspire you
TEXAS ECOREGIONS
Presentation
BRANCHES OF U.S. GOVERNMENT
Presentation
QUOTE OF THE WEEK ACTIVITY - 10 WEEKS
Presentation
RACISM AND HEALTHCARE
Presentation
TAKING A DEEPER DIVE
Presentation
WWII JUNE NEWSPAPER
Presentation
HISTORY OF THE EARTH
Presentation
Transcript
ENTROIDO 2021
DESCUBRINDO A TRADICIÓN
Entroido galego
VERÍN
XINZO DE LIMIA
LAZA
XENERAIS
ENTROIDO GALEGO
MAPA
GASTRONOMÍA
OUTRAS CULTURAS
O entroido é unha das festas máis antigas que se celebra en toda Europa.A súa orixe está nas celebracións das tarefas agrarias e a chegada da primavera, pero ten elementos de orixe romana, cristiá e medieval.En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro.Todos teñen a súa orixe no termo latino introitus, que significa entrada e que sinala a entrada nunha nova estación, a primavera.
O Entroido é unha época de festa, subversión e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.
En Galicia hai nove entroidos que teñen recoñecemento de interese turístico:
Festa de Interés Turístico Internacional:1.- o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas)Festa de Interés Turístico Nacional:2.- o Entroido de Verín (cos cigarróns).Festas de Galicia de Interese Turístico:4. o Entroido de Cobres (coas damas e os galáns),5.-o Entroido de Laza (cos seus peliqueiros),3.- o Entroido de Viana do Bolo (o boteiro e a androlla),6.- o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras),7.- os Xenerais do Ulla,9.- o Entroido de Maceda (cos felos)14.- o Entroido de Vilariño de Conso (co boteiro coma personaxe estelar).
Nesta vila o protagonista é un personaxe enmascarado que se remonta ao século XVI e viste un traxe con moitos adornos que chega a pesar 25 quilos. A máscara faise a partir da madeira do abedul e a parte superior remata nunha folla de lata engalanada con motivos animais ou vexetais. A vestimenta componse de camisa branca con garabata, chaqueta con galóns e xarreteiras, calzón corto e medias. Á cintura levan cinto con chocas por detrás e na man unha “zamarra” coa que fustrigan a quen non manteña a orde no entroido.Os días máis sinalados son o Xoves de Compadres, no que os homes toman as rúas; o Domingo Corredoiro, en que aparecen os cigarróns á saída da misa; o Xoves de Comadres, día das mulleres. Tamén son días grandes o Venres de Compadreo, o Domingo de Entroido, o el Luns Fareleiro e o Martes de Entroido, co gran desfile.
Os nosos cigarróns
É a festa máis importante do ano e o carnaval máis longo de España que dura cinco fins de semana: empeza o Domingo Fareleiro e remata o Domingo de Piñata. O día grande é o Martes de Entroido, co desfile de carrozas e unha gran festa na rúa onde ninguén pode ir sen disfrazar. Diso encárganse precisamente as Pantallas, que fan pagar unha ronda a quen atopen sen o seu disfrace.
As nosas Pantallas
Rumba de ser o entroido máis “enxebre” de Galicia. O Domingo de Entroido saen os peliqueiros, os personaxes típicos do carnaval de Laza, que se reúnen nun acto chamado A estrea do peliqueiro e invitan a bica. Os peliqueiros son personaxes “animalizados”: non falan e levan chocas de ferro coma os animais. A máscara adoita ser de bidueiro, leva pintado un animal e cosida por detrás unha pelica de animal, de aí o seu nome.
Os nosos Peliqueiros
Nas bisbarras do río Ulla o entroido inspírase nas loitas que se vivirona principios do século XIX por mor da invasión napoleónica. En 1870 hai xa referencias escritas a esta celebración, de gran tradición en Santiago de Compostela, Teo, Touro, Padrón, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces.Na actualidade estas vilas celebran o entroido con desfiles de carrozas, verbenas e bailes, aínda que os grandes protagonistas son os xenerais e os correos que, ataviados con vistosos uniformes, percorren as rúas a cabalo acompañados por comparsas e parrandas dando vivas aos veciños. Os actos centrais son os “atranques”, batallas dialécticas que manteñen os xenerais (os defensores contra os invasores) e nos que se fala de cuestións de actualidade en ton de burla. Cada lugar mantén a súa propia tradición, polo que en cada zona estes encontros convértense nunha celebración verdadeiramente única.
Coñecendo outras culturas
MÁSCARA INCA
CATRINA
GASTRONOMÍA
COCIDO
BOTELO ou ANDROLLA
LACÓN CON GRELOS
FLORES
ORELLAS
FILLOAS
INTRÉPIDOS COCIÑEIROS
E OS MÁIS LARPEIROS DO COLE