Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

mulleres científicas galegas

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

O día 11 de febreiro conmemórase o día da muller e a nena na ciencia. Por iso, fixemos unha selección de mulleres galegas que foron relevantes nos diferentes ámbitos científicos (medicina, química, astronomía, bioloxía...)Son só uns exemplos dos moitos que poderiamos poñer.Esperamos que os disfrutedes.

Enfermeira e reitora do hospital de Caridade da Coruña, en 1803 partiu da Coruña na "Real Expedición Filantrópica de la Vacuna" cun médico chamado Francisco Xavier Balmis co que levou a cabo unha idea revolucionaria: infectar nenos orfos coa recén descuberta vacina da varíola e utilizalos para levar a vacina a América, onde a enfermidade tiña efectos devastadores.Foi unha gran protagonista que coidou dos cativos na súa viaxe.

(Ordes, 1773)

Isabel Zendal

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

Primeira farmacéutica galega e sétima licenciada en farmacia de España. Tivo que solicitar permisos especiais ao ministerio para estudar e exercer. Un ano despois de obter o título, seguiu abrindo o camiño abrindo a súa propia farmacia en Ribadeo, que dirixiu ata a súa xubilación.

(Viveiro 1877)

Manuela Barreiro

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

Pioneira no campo farmacéutico e no campo da química , así como a primeira galega en obter unha bolsa de estudos no estranxeiro.Destacou como enóloga e tamén na industria farmacéutica onde dende os seus laboratorios "Laboratorios Pereira" lanzou cosméticos, antibióticos e o primeiro deterxente líquido que se comercializou en España.

(O Carballiño, 1895)

Eugenia Pereira

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

Primeira muller galega en licenciarse en Medicina e e primeira xinecóloga galega. En 1928 abriu a súa clínica en Vigo con esta placa: «Especialista en enfermidades das mulleres», practicou a súa profesión conseguiu durante máis de 60 anos.

(Baltar, 1898)

Olimpia Valencia

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

Despois de estudar Farmacia en Santiago cun brillante currículo, doutorouse cunha tese sobre o metabolismo dos ácidos nucleicos nas bacterias. Traballou como profesora de Microbioloxía e Técnica Microbiolóxica na USC, disciplina na que destacou. En 1975 detectou rapidamente un brote de cólera, evitando así unha epidemia.

(Santiago de Compostela, 1907)

Ramona Vaamonde

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

Foi a primeira astrónoma galega e a primeira muller en ler unha tese doutoral en España sobre esta ciencia. Iniciou os seus estudos sobre estrelas dobres no Observatorio Astronómico da USC. Exerceu durante vinte anos como auxiliar da cátedra de astronomía da Complutense.

(Viveiro 1916)

Antonia Ferrín Moreiras

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

(Ferrol, 1916)

Licenciada en Ciencias Naturais, foi a primeira muller científica nun buque británico que indagou sobre zooplancto e larvas de peixes. Ao longo da súa carreira, atopou un total de 22 novas especies.

Creador: Anxo

Ángeles Alvariño

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

Referencia internacional en álxebra. Foi a primeira muller en España en obter unha bolsa Fulbrigth pola que conseguiu doutorarse universidade de Yale despois de licenciarse en Matemáticas en Madrid. Desenvolveu unha teoría importante en física e matemáticas chamada. "Kac-mody" Hoxe en día hai uns premios científicos que levan o seu nome.

(Oleiros, 1927)

María Wonenburger

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

É doutora en Física pola USC (1963) e catedrática de Física Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.Foi a primeira catedrática de Física Aplicada e tamén a primeira investigadora recoñecida coa medalla de ouro da Real Sociedad Española de Física. En 2008 recibiu o primeiro galardón María Wonenburger.

(Pontevedra, 1928)

Inmaculada Paz Andrade

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

Foi doutora en Farmacia e licenciada en química.É pioneira no estudo da xénese, clasificación e cartografía dos solos nas zonas temperadas- húmidas de España.É unha recoñecida experta en prevención de incendios forestais (no que traballa actualmente)Entre outros galardóns, posúe o "Premio á Excelencia Química" ou o "Premio Mª Josefa Wonenburger Planells" (ambos outorgados no ano 2012)

(Taboada, 1934)

Tarsy Carballás

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

Bióloga oceanógrafa e membro do CSIC. Foi profesora de Investigación no CSIC e destacou como bióloga oceanógrafa. Foi a terceira muller que ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.

(Vigo, 1947)

Aída Fernández Ríos

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

É licenciada en farmacia e catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular.Foi a primeira muller da hisoria en ser presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.Foi premio María Wonenburger en 2009

(O Carballiño, 1948)

Mª Teresa Miras Portugal

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

É astrofísica da NASA, especializada no estudo das galaxias espirais. Foi a primeira española en recibir unha medalla da NASA polos seus "excepcionais logros" no desenvolvemento do telescopio espacial James Webb que entrou en órbita no 2018.

(Vigo, 1963)

Begoña Vila

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

É a primeira catedrática de Astrofísica de Galicia. Estudou Física na USC e actualmentecompaxina a docencia na Escola de Náutica na Coruña coa investigación, e traballa coa Axencia Espacial Europea no proxecto Gaia, na cartografía máis ampla feita ata agora da Vía Láctea.

(Negreira, 1963)

Minia Manteiga

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

Foi a primeira muller española en formar parte da plantilla do CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) Hoxe dirixe o departamento de Tecnoloxía de Detectores, que está día a día á procura de novas ideas para mellorar o xeito de captar as colisións que se producen no interior do LHC. (O gran colisionador de hadrones)

(Santiago de Compostela, 1967)

Mar Capeáns

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

como vedes, hai moitas mulleres moi salientables dentro do campo da ciencia que non chegaron aí só por ser intelixentes, senón tamén con esforzo, con tesón e moitas veces, con obstáculos polo simple feito de ser muller.pero xa vedes, que se nolo propoñemos, calquera persoa, independentemente de ser home ou muller pode contribuír de xeito significativo á evolución da ciencia no noso planeta.

grazas a todas esas mulleres galegas que aportaron e aportan o seu gran de area e nos serven como fonte de inspiración para conseguir os nosos propósitos.

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia

mulleres científicas galegas

Información e imaxes extraídas das seguintes fontes: - Diario médico- Redacción médica- Gciencia- Unidade de muller e ciencia da xunta de galicia- vía lethes- La voz de Galicia- crtvg- el diario.es- la opinión de a coruña- diario de pontevedra- El español- wikipedia

11 de febreiro. Día da muller e a nena na ciencia