Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

QUEN É QUEN?

Gabriella Morreale

Rosalyn Sussman Y.

Barbara McClintock

Ada Yonah

Margarita Salas

Frances Arnold

E. C. & J. A. D.

María Blasco

Rosa Menéndez

Alicia Calderón

Elena G. Armada

Ángela Ruíz Robles

Ángeles Alvariño

Olga Moreiras Tuni

Pilar Fdez Otero

Josefina F. Ling

Mª José Alonso

Antonia Ferrín

Francoise Barre S.

Nombre y apellido

Nombre y apellido

QUEN É QUEN?

Marie Curie

na ciencia!!

CEIP Plurilingüe de Rubiáns

Xogos

Xogos

Idea original: @MrCuarter

Montserrat Calleja

Día da Muller e Nena na ciencia 2021

Isabel Zendal

Andrea Ghez

MARIE CURIENobel de Física en 1903Foi a primeira muller en recibir o Premio Nobel e recibíu dous en diferentes categorías. Tamén foi aprimeira muller profesora na Universidade de París.Os seus logros foron principalmente arredor dodesenvolvemento da “Teoría da radioactividade”.

FRANCOISE BARRE SINOUSSI Nobel de Medicina en 2008 Recibiu o premio Nobel compartido con dous colegas polos seus descubrimentos relacionados co virus do VIH e coa causa viral do cancro cervical.Actualmente traballa de xeito constante na investigación en áreas de prevención, coidados clínicos e tratamento das enfermidades mencionadas .

ANTONIA FERRÍN Astrónoma Foi a primeira astrónoma galega e a primeira muller que leu unha tese doutoral en España sobre astronomía.Estudiou Química e Farmacia e foi profesora de Física e Matemáticas na Facultade de Ciencias.A consecuencia das súas ideas políticas foi apartada da docencia universitaria, pero seguíu investigando ata converterse na primeira doutora en Astronomía de España en 1963.

MARÍA JOSÉ ALONSO Catedrática en Farmacia e Tecnoloxía Naceu en León, pero estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.Xunto con Alicia Estévez foi unha das primeiras mulleres en ingresar na Real Academia Galegade Ciencias.É a científica española máis citada en Ciencias da Saúde e recibiu moitos recoñecementos internacionais.

JOSEFINA F. LING Astrónoma e Astrofísica Aínda que naceu e se criou en Madrid, acabou asentándose en Galicia.É professora de Astronomía e Astrofísica Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, do que é peza clave.Publicou numerosos traballos no campo das estrelas dobres e múltiples.É asesora científica da Sociedad Astronómica de Francia.

PILAR FERNÁNDEZ OTERO Catedrática de Fisioloxía Figura destacada no campo da Biomedicina. Dou clase de Fisioloxía na Universidade de Navarra, sendo decana da Facultade de Farmacia e chegando a ocupar o posto de vicerreitora.Dirixiu 19 teses de doutoramento e foi a primeiramuller que ingresou na Academia Galega de Ciencias.

OLGA MOREIRAS TUNI Catedrática en Nutrición Foi unha das coordinadoras das primeiras enquisas sobre alimentación española.Os seus traballos convertéronse nunha referencia no mundo da nutrición, publicando libros e artigosen revistas científicas.As súas recomendacións sobre o consumo de alimentos para a poboación española son moiutilizadas.

ÁNGELES ALVARIÑO Oceanógrafa Foi unha das principais expertas mundiais en zooplancto, descubrindo novas especies animais mariñas de pequeno tamaño.Deu clase en universidades dos Estados Unidos, México ou Brasil.Foi tamén a primeira muller científica que traballou en campañas oceanográficas levadas a cabo pornavíos de exploración británicos.

ÁNGELA RUIZ ROBLES Mestra e inventora É coñecida como "a precursora do e-book" polo seu invento da enciclopedia mecánica.Recibiu moitos premios e mencións en certames de inventiva, feiras e exposicións.O Ministerio de Educación chegou a aprobar o uso desta enciclopedia no ensino e en 1971 estivo a piques de acadar a súa comercialización, pero os custos non permitiron executar o proxecto.

ELENA GARCÍA ARMADAEnxeñeira IndustrialÉ coñecida por ser a creadora do primeiro exoesqueleto biónico infantil.Trátase dun peto mecánico onde está integrado un robot que interpreta os movementos que o neno ou nena quere levar a cabo, mellorando a autonomía de menores con parálise cerebral, espina bífida e outras enfermedades neurodexenerativas ou lesións medulares. Tamén foi a inventora dun robot pensado para o recoñecemento e rescate en catástrofes.

GABRIELLA MORREALE Bioquímica Foi a impulsora da “proba do talón” en bebés co fin de diagnosticar de xeito precoz enfermedades hereditarias do metabolismo.Aínda que é italiana de nacemento, desenvolveu a súa labor investigadora e aplicou os resultados do seu traballo en España.Parte da súas investigacións centráronse no estudo do iodo e como a súa carencia afecta á saúde das persoas.

ROSA MENÉNDEZ Química É a primeira muller da historia en presidir o CSIC.A súa labor investigadora está relacionada con materiais e enerxía.Adicouse a explorar a optimización dos procesos de conversión do carbón e dos procedentes do petróleo. Tamén iniciou unha liña de investigación sobre o grafeno. Algunhas das súas posibles aplicacións poderían estar no campo da biomediciña e o almacenamento de enerxía.

MONTSERRAT CALLEJA Física É investigadora científica do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).Desenvolveu a súa carreira no campo da nanotecnoloxía.O seu proxecto actual ten como obxectivo o estudo das propiedades mecánicas das células e a súa relación con cancro. Isto permitirá diagnosticar esta enfermidade cada vez máis pronto.

MARÍA BLASCO Biologa Molecular É unha das científicas españolas máis recoñecidas a nivel internacional.Actualmente é directora do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas.Converteuse nun referente mundial no estudo dos telómeros e a telomerasa, ambos conceptosrelacionados co envellecemento, o fallo celular e o cancro.

EMMANUELLE CHARPENTIERJENNIFER A. DOUDNA Nobel de Química en 2020 Estas dúas científicas desenvolveron unha tecnoloxía para corrixir xens defectuosos de xeitopreciso e económico.O seu traballo, inspirado na defensa inmunitaria das bacterias ante os virus supoñen unha gran esperanza no tratamento de moitas enfermidades, coma o cancro ou a fibrose quística entre outras.

ANDREA GHEZ Nobel de Física en 2020 Esta astrónoma e profesora estadounidense recibiu o Nobel compar tido cun colega por descubrir un obxecto compacto supermasivo, recoñecido como “burato negro”, no centro da galaxia da Vía Láctea.

FRANCES ARNOLD Nobel de Química en 2018 É catedrática de enxeñería química, bioenxeñería e bioquímica.Estudou a evolución biolóxica e as súas aplicación en ciencia, medicina, química e enerxía.

MARGARITA SALAS Bioquímica Naceu en Asturias e foi alumna do gran doutor Severo Ochoa.A súa gran contribución á investigación científica foi a creación dunha patente esencial para odesenvolvemento da xenética, a enxeñería xenética e a biomediciña.

ADA YONAHNobel de Química en 2009Recibiu o Nobel compartido con dous colegas americanos.O seu traballo centrouse no estudo da estructura dos ribosomas responsables da síntese de proteínas e o modo de acción dos antibióticos demostrando o seupapel clave na utilidade clínica e a eficacia terapéutica, preparando así o camiño para o deseño de fármacos.

BARBARA McCLINTOCKNobel de Medicina en 1983Esta doutora recibiu o Nobel sen compartilo con ningún colega.Centrou a súa carreira no estudo da citoxenética do millo e os mecanismos de intercambio de información xenética entre as diferentes variedades de millo.

ROSALYN SUSSMAN YALOWNobel de Medicina en 1977Foi a única profesora asistente de Física na Universidade entre 400 homes.Xunto con outro colega, desenvolveu unha técnica de radioisótopos para medir a cantidade de diferentes substancias do sangue que se atopan en moi pequenas cantidades. Por este descubrimento recibiron o Premio Nobel.

ALICIA CALDERÓN Física Esta científica española formou parte do equipo responsable do descubrimento do bosón de Higgs, un tipo de partícula do que se cre que tenun papel fundamental na orixe da masa no Universo.O mesmo equipo foi responsable de analizar todos os datos que se extraeron dos experimentos onde empregaron o acelerador de partículas do CERN en Suíza.Na actualidade o seu traballo está centrado na busca de materia oscura.

Estes son algúns exemplos de mulleres que destacaron ou destacan na cienca . O seu legado é inmenso para o mundo científico.Lamentablemente, existen moitas outras que non tiveron ou non teñen estas oportunidades e para as que é moito máis complicado acadar os seus soños.NENAS DE HOXE,TEDES QUE LOITAR E TRABALLAR MOITO POLOS VOSOS SOÑOS E OS VOSOS LOGROS FUTUROS

ISABEL ZENDAL Enfermeira En 1803 un médico chamado Francisco Xavier Balmis tivo a idea de infectar nenos orfos coa varíola e utilizalos para levar a vacina a América,onde a enfermidade, levada en 1518 polos primeiros colonos españois, tiña efectos devastadores.A bordo desta expedición ía a enfermeira Isabel Zendal, reitora do Hospital da Caridade da Coruña.Foi a gran protagonista que coidou dos cativos na súa viaxe.

1º CICLO

3º CICLO

2º CICLO

1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO