Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Benvid@s aoCEIP Plurilingüe de Tarrío

5. Aclaración de dúbidas

4. Servizos da ANPA: Almorzos e Actividades extraescolares

3. Dereito ao uso de servizos: transporte e comedor

2. Documentación a presentar

1. Este é o noso colexio

Índice

Este é o noso colexio

O noso logo

Un 30 de xaneiro, día escolar pola paz, naceu un logotipo para o noso colexio. Un logotipo que pretende sintetizar a nosa imaxe e personalidade propias. Un dos obxectivos do centro é poñer en valor as nosas señas de identidade. Por eso buscamos unha imaxe que reflexe quen somos e o que pretendemos: o gusto pola lectura, a cultura da paz, a defensa do medio ambiente… Cremos que este logo sintetiza os elementos que nos definen: unha pomba-árbore nacida do nome do centro que acolle e protexe baixo a súa sombra aos nosos nenos e nenas.

Somos un colexio de Educación Infantil e Primaria: de 3 a 12 anos

O noso horario

As nosas instalacións

  • 6 aulas de Educación Infantil.
  • 18 aulas de Educación Primaria: 6 Abalar e Edixgal.
  • Departamento de Orientación.
  • Aulas de Plástica, Biblioteca, Informática, Música, Medioambiente, PT, AL, Audiovisuais, Ximnasio e Polideportiva.

Espacios exteriores: máis de 12000 metros cadrados

    • Xardíns con máis de 300 árbores
    • Parques infantís
    • Invernadoiro
    • Patio cuberto
    • Pista polideportiva cuberta e canchas de baloncesto e balonmán
    • Servizos e vestiario

Preme no vídeo!

Descubre o noso centro

Documentación a presentar

Documentación a presentar

  • Anexo II e Anexo II bis.
  • Acreditación da idade: libro de familia, DNI, Pasaporte...
  • Certificado de matrícula (no caso de estar xa matriculado): pídese no centro de procedencia.

ANEXO II: SOLICITUDE

  • Será única.
  • Preséntase no centro no que se desexa ser admitido.
  • Poden solicitarse outros 5 centros por orde de prioridade para o caso de non seren admitidos no 1º.
  • Será asinada pola nai ou o pai (salvo separación ou divorcio, que deberá ser asinada polos dous proxenitores).

PRAZOS DE SOLICITUDE

  • Presentación solicitudes: ata o 21 de marzo.
  • No caso de haber máis solicitudes que prazas, deberán acreditarse todos os méritos alegados.
  • Listas provisionais de admitidos: serán publicadas no taboleiro do centro.
  • Listas definitivas de admitidos: publicación no taboleiro do centro.
  • MATRÍCULA: do 20 ao 30 de Xuño.

Dereito ao uso de servizos

TEÑEN DEREITO AO USO DOS SERVIZOS DE TRANSPORTE E COMEDOR

  • O alumnado da nosa zona de escolarización.
  • Os matriculados "forzosos" por comisión de escolarización.
  • Os irmáns dos forzosos.

A nosa ANPA

Máis info na web

Servizos que ofrece a ANPA

  • Servizo de ALMORZOS: dende a 7:30 horas.
  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:
    • Despois do xantar: 15:30 a 16:30 horas
    • Algunhas ás 16:30 horas

Aclaración de dúbidas

Consulta a nosa web:

Pide cita a través de: ceip.tarrio@edu.xunta.gal

Chama ao 881 880 556

Aínda tes dúbidas?

Esperámosvos!