Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Exposición Virtual 8M e Breakout Educativo "O Legado de Erea"

MULLER, ECONOMÍA E SOCIEDADE

ACCEDE AOS CONTIDOS

Visita a exposición

Xoga a O Legado de Erea

Selecciona a pestana que desexes. ¡Pescuda, explora, divírtete e aprende!

Exposición

OIX - FEE

Motivacións

GUÍA DE CONTIDOS

Equipo

Breakout

Atrás

Chus Parga MassaDirectora da Biblioteca da FEE

Ángeles Longarela AresProfesora e Representante da OIX na FEE

A comunidade universitaria, e a sociedade en xeral, precisan referentes femininas nas que verse refrexadas. Con este fin e a través dunha escolma de diversas obras bibliográficas e audiovisuais con perspectiva de xénero queremos dar a coñecer o papel das mulleres na economía e na sociedade.Todas elas deixan constancia das dúas caras da mesma moeda: por un lado, as dificultades que atopan as mulleres no seu día a día para acceder a postos de liderado e para saír do camiño invisible marcado pola sociedade e, polo outro, a súa capacidade para empoderarse e acadar as metas e obxectivos que se propoñen.Convidámosvos a visitar a exposición e a xogar ao "Legado de Erea" e desexamos que aprendades e desfrutedes destas actividades tanto como nós preparándoas.

AS NOSAS MOTIVACIÓNS

CRÉDITOs

Queres saber máis? Preme nas imaxes.

MULLER, ECONOMÍA E SOCIEDADE: OBRAS

MULLERES REFERENTES

Atrás

«Hai que aspirar a unha organización tal que permita que calquer lector en calquer lugar poida conseguir calquer libro» María MolinerNo mes da muller queremos compartir con vós unha escolma de libros escritos por mulleres referentes no eido da economía, o feminismo e o cambio social. Asimesmo, recollemos diversas obras literarias e audiovisuais afíns a estas temáticas.

EXPOSICIÓN 8M: MULLER, ECONOMÍA E SOCIEDADE

Fai click en cada autora para coñecer máis sobre a súa obra e traxectoria.

MULLERES REFERENTES nos eidos da economía, o feminismo e o cambio social

Naomi Klein

EXPO

María Ángeles Durán

Atrás

Yanet Yellen

Ann Pettifor

EXPO

Atrás

Fonte: Wikipedia

Ligazóns externas sobre a autora

Obras da autora na biblioteca da UDC

¿QUEN É?

Lynda Ann Pettifor (1947) é unha economista británica nacida en Sudáfrica. Graduada en Ciencias Políticas e Economía na Universidade do Witwatersrand, as súas especialidades de traballo son o sistema financeiro global, a reestruturación de débeda soberana, a economía internacional e o desenvolvemento sustentable. Na actualidade é asesora de varios gobernos e organizacións, e tamén ocupa o cargo de directora de Policy Research In Macroeconomics (PRIME), unha rede de economistas que investigan políticas keynesianas. Ann Pettifor é coñecida porque prognosticou a crise financeira de 2008, e ademais por ser a impulsora do Green New Deal, un proxecto que pretende transformar o sistema capitalista e protexer o ecosistema ambiental.

Ann Pettifor

Fai click no título da obra para obter máis información.

  • La producción del dinero: cómo acabar con el poder de los bancos (2017)

EXPO

  • The case for the Green New Deal (2019)

Ann Pettifor na biblioteca da UDC

Atrás

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

A idea do Green New Deal xestouse no ano 2008 e pode chegar a conventerse nunha das máis grandes campañas globais do noso tempo. A idea orixinal foi concibida por Pettifor e un grupo de economistas e intelectuais británicos, pero pasou desapercibida pola conmoción que supuxo o crash financeiro do 2008. Unha década máis tarde, a idea do Green New Deal foi recuperada pola facción máis progresista do Partido Demócrata, sendo sacada á luz por Alexandria Ocasio Cortez. O Green New Deal esixe un xiro radical e urxente do actual estado da economía global, incluindo a súa total descarbonización e un compromiso firme coa igualdade e a xustiza social. Críticos de diferentes ideoloxías non tardaron en observar que o Green New Deal podería chegar a ser soamente unha quimera ou unha idea imposible de implementar. Porén, Ann Pettifor insiste en que necesitamos repensar a función do diñeiro e como este funciona dentro so sistema global ¿Como é posible que poidamos rescatar aos bancos pero non ao noso planeta?

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

Este libro, recomendado polo economista grego Yanis Varoufakis, explícanos a razón pola que os bancos están interesados en que a crise económica mundial continúe. O libro cóntanos que, oficialmente, os bancos centrais son os únicos autorizados para xerar diñeiro, pero a realidade e ben distinta: soamente un 5% do diñeiro en circulación ten forma de billetes e moedas. O resto, a día de hoxe, é dixital. Este feito ten que ver co poder descontrolado que permite aos grandes bancos e a un grupo de grandes corporacións levar as rendas da economía mundial. Ann Pettifor ofrécenos as claves para entender como funcionan os grandes xeradores de diñeiro dende unha perspectiva crítica. Ademais, trata de contrastar a posición do círculo dos grandes mandaríns do diñeiro coa de dous grupos sociais moi importantes: as mulleres (como xestoras das economías familiares de todo o mundo) e os ecoloxistas, que teñen conciencia da escaseza de materias primas e dos límites do universo.

EXPO

Atrás

Neste vídeo do ano 2017, Ann Pettifor responde ás cuestións que plantexa o seu libro The Production of Money, onde a autora ofrece as claves para entender como funcionan os grandes xeradores de diñeiro dende unha perspectiva crítica. Pettifor aclara os mitos que rodean á creación do diñeiro, os impostos, o investimento e o préstamo gobernamental.

Entrevista a Ann Pettifor publicada en 'El Confidencial': "No podemos cambiar de ropa todos los años" (4-12-2019)

Ann Pettifor: ligazóns externas de interese

EXPO

Atrás

Fonte: Wikipedia

Ligazóns externas sobre a autora

Artigos da autora na colección dixital da UDC

¿QUEN É?

Janet Louise Yellen (1946) é unha economista estadounidense que participou na articulación do Novo Keynesianismo, e contribuiu á teoría da economía laboral coa análise das relacións entre salarios, desemprego e alza de prezos. Tamén se interesou polo problema da desigualdade no reparto da renda. En 2010, Obama nomeouna gobernadora e vicepresidenta da Xunta da Reserva Federal, e en 2014 tomou posesión como a primeira presidenta da Reserva Federal. Porén, en 2017 Donald Trump reemplazouna polo que, en 2018, decidiu retomar a vida académica. En 2021 foi nomeada Secretaria do Tesouro. Disponse así a repetir un fito de xénero como xa lle sucedera na Reserva Federal. Antes que ela, solo William Miller, foi en distintos momentos presidente da Reserva Federal e Secretario do Tesouro.

Janet Yellen

Selección dos artigos de máis impacto aos que a biblioteca da UDC ten acceso

  • Akerlof, George A., & Yellen, J. L. (1988). Fairness and Unemployment. American Economic Review, 78(2), 44-49.
  • Akerlof, George A., & Yellen, J. L. (1985b). Can Small Deviations from Rationality Make Significant Differences to Economic Equilibria? American Economic Review, 75(4), 708-720.
  • Akerlof, George A., & Yellen, J. L. (1985a). A Near-Rational Model of the Business Cycle, With Wage and Price Inertia. The Quarterly Journal of Economics, 100, 823-838.
  • Akerlof, G. A., Yellen, J. L., & Katz, M. L. (1996). An Analysis of Out-of-Wedlock Childbearing in the United States. The Quarterly Journal of Economics, 111(2), 277-317.

EXPO

  • Yellen, J. L. (1984). Efficiency Wage Models of Unemployment. American Economic Review, 74(2), 200-205.

Fai click no título do artigo para acceder ao seu contido.

  • Adams, W. J., & Yellen, J. L. (1976). Commodity Bundling and the Burden of Monopoly. The Quarterly Journal of Economics, 90(3), 475-498.

Atrás

Janet Yellen na colección dixital da UDC

EXPO

Atrás

Janet Yellen, xa nominada oficialmente como candidata a ocupar o posto de Treasury secretary, fala neste vídeo das súas prioridades con respecto a actual situación de crise en Estados Unidos: crear emprego, remodelar a infraestrutura do país e asegurarse de non deixar a ninguén atrás na recuperación. Yellen, finalmente elexida, tomou posesión do seu cargo o 26 de xaneiro de 2021. Un chío fixado na súa conta de twitter lembra este fito:

Janet Yellen: ligazóns externas de interese

O seguinte vídeo, emitido tres semanas despois das últimas eleccións estadounidenses, fai fincapé na intención do actual presidente, Joe Biden, de nomear a Yellen como Treasury secretary (secretaria do Tesouro). Este fito histórico, xunto coa victoria dos demócratas, fai xustiza poética ao feito de que, o expresidente Donald Trump cesara a Yellen en 2018 como responsable da Reserva Federal… por ser de baixa de estatura.

EXPO

Atrás

Fonte: naomiklein.org

Ligazóns externas sobre a autora

Obras da autora na biblioteca da UDC

QUEN É?

Naomi Klein (1970) é unha xornalista, escritora e activista canadense, coñecida pola súa crítica á globalización e ao capitalismo. Colabora na revista Harper’s, é reporteira en Rolling Stone, columnista en The Guardian e The New York Times, e correspondente de The Intercept. Membro do 350.org, movemento internacional que procura o fin dos combustibles fósiles, Naomi Klein é tamén cofundadora e presidenta da xunta asesora de The Leap, organización adicada a abordar o cambio climático, o racismo e a desigualdade; é unha das organizadoras e autoras de The Leap Manifesto (Dar o salto). Klein foi premiada en 2014 pola International Studies Association’s, polo seu activismo nos movementos sociais e as protestas de antiglobalización. En 2015 acadou o Izzy Award ao xornalismo independente.

Naomi Klein

"To change everything, we need everyone"

  • En llamas : un (enardecido) argumento a favor del Green New Deal (2020)
  • Decir no no basta (2017)
  • Esto lo cambia todo : el capitalismo contra el clima (2014)
  • La Doctrina del shock : el auge del capitalismo del desastre (2007)

EXPO

  • Vallas y ventanas (2002)
  • La batalla por el paraíso : Puerto Rico y el capitalismo del desastre (2019)

Fai click no título da obra para obter máis información.

  • No logo: el poder de las marcas (2000)

Atrás

Naomi Klein na biblioteca da UDC

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

Neste libro Naomi Klein analiza as accións máis agresivas das grandes marcas, e como a suas políticas dan forma á sociedade. E non para ben. Explica por qué a publicidade e o marketing acumulan cada vez máis poder e, por iso, teñen cada vez máis detractores. Ademáis, acusa a algunhas desas empresas de explotar a traballadores de países en vías de desenvolvemento para obter maiores beneficios.No Logo converteuse nun referente do análise crítico político, económico e social. Proclamado por The New York Times como a biblia do movemento contra a globalización, Time o incluíu no top 100 de libros de non ficción publicados desde 1923, e The Literary Review of Canada considerao como un dos 100 libros canadenses máis importantes da súa historia. En 2001 gañou o National Business Book Award e o French Prix Médiations.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

Pretende ser un complemento de No Logo, e inclúe o seus ensaios, discursos e artigos máis notables desde 1999 ata 2002. Ofrece unha vista panorámica da vida dunha activista e o desenvolvemento do movemento antiglobalización, desde as protestas contra a reunión da Organización Mundial do Comercio (OMC) en Seattle en 1999 ata o 11 de setembro de 2001. Naomi Klein expresa as preocupacións e as queixas dunha xeración: o fundamentalismo económico, a criminalización da disidencia e os efectos do libre comercio. Guía para a supervivencia na economía de hoxe en día, é unha análise da globalización e as suas consecuencias, así como un documento sobre unha época única na historia.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

Historia non oficial do libre mercado, explora o mito segundo o cal éste triunfou democráticamente, e que o capitalismo sen restriccións vai da man da democracia. Sen embargo, Klein sostén que ese capitalismo utiliza constantemente a violencia, o choque, e pon ó descuberto os fíos que moven os monicreques tralos acontecementos máis críticos das últimas catro décadas. Klein demostra que o capitalismo emprega constantemente a violencia, o terrorismo contra o individuo e a sociedade. Lonxe de ser o camiño hacia a liberdade, aproveítase das crises para introducir medidas impopulares de choque económico. Da a palabra ás poblacións civís sometidas á voracidade despiadada dos novos donos do mundo: o conglomerado industrial, comercial e gubernamental para quen os desastres, as guerras e a inseguridade do cidadán son o sinistro combustible da economía do shock.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

The New York Times Book Review calificouno como "o libro ambiental máis trascendental e polémico desde Silent Spring". Este libro explícanos por qué a crise climática nos desafía a abandonar a ideoloxía do libre mercado do noso tempo, a reestructurar a economía global e refacer os nosos sistemas políticos. Naomi Klein argumenta como a reducción masiva das emisións de gases de efecto invernadoiro é a mellor oportunidade para reducir simultáneamente as enormes desigualdades, reimaxinar democracias rotas e reconstruir economías locais destruidas. Demostra que o mercado non so non poderá arranxar a crise climática, senón que empeorará as cousas.Hai que esquecerse de todo o que un cre saber sobre o quecemento global. Non se trata de carbono, trátase de capitalismo. A ameaza máis profunda para a humanidade é a guerra que o noso modelo económico libra contra a vida na terra.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

A política Trump: tres cuestións (i) unha desregularización radical da economía estadounidense en interés das grandes corporacións, (ii) unha guerra total contra o terrorismo islámico radical e (iii) facer a un lado a ciencia climática para desatar un frenesí de combustibles fósiles, xeraría, para Klein, una onda tras outra de crise. Klein explica que Trump, por extremo que sexa, non é unha aberración senón unha extensión lóxica das peores e máis perigosas tendencias do último medio século. Ao expoñer as forzas malignas detrás do ascenso de Trump, presenta unha audaz visión dun movemento de masas para contrarrestar o crecente militarismo, nacionalismo e corporativismo nos Estados Unidos e en todo o mundo.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

Entre o lixo dos furacáns Irma e María, os portorriqueños e os Puertopians ultraricos están atrapados nunha batalla campal sobre cómo reconstruir a illa. Nunha vital e asombrosa investigación, Klein revela cómo as forzas das políticas do shock e do capitalismo do desastre, buscan minar a visión radical e resilente dunha recuperación xusta, hacia a igualdade e a sustentabilidade. Todos os beneficios da venta deste libro van directamente a JunteGente, unha reunión de organizacións portorriqueñas que resisten ao capitalismo da catástrofe e promoven unha recuperación xusta e saudable para a súa illa.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

Este libro explica como as ideas e accións dentro do Green New Deal poderían evitar a catástrofe climática e ser un modelo para unha sociedade máis xusta e próspera. Durante máis dunha década, Naomi Klein documentou o movemento da crise climática, e foi das primeiras en defender o que agora se chama Green New Deal, unha visión para transformar as nosas economías para combatir o colapso climático e a desigualdade desenfrenada ao mesmo tempo. O libro acompañouse dunha serie de seminarios web, a modo de clube de lectura, organizados por The Leap, que se poden consultar en:

EXPO

Nun encontro virtual desde a súa casa, Naomi Klein comenta como as elites están utilizando a crise do coronavirus como excusa para avanzar na súa excluínte folla de ruta.

Atrás

Naomi Klein cree que a crise climática, a igualdade e a xustiza deben ser cuestións centrais sobre as que debe xirar a reconstrución do mundo pospandemia.

Entrevista a Naomi Klein publicada en 'eldiario.es': "El virus obliga a pensar en relaciones e interdependencias en las que el capitalismo nos enseña a no pensar" (13-7-2020)

Entrevista a Naomi Klein publicada en 'El Salto': "La gente habla sobre cuándo se volverá a la normalidad, pero la normalidad era la crisis" (1-4-2020)

Naomi Klein: ligazóns externas de interese

Naomi Klein fala nesta charla de como os gobernos usan as crises a gran escala para facer que as sociedades retrocedan. Comparte algunhas proposicións de The Leap Manifesto (Dar o salto), un pronunciamento que, escrito xunto con persoas indíxenas, activistas do cambio climático e líderes sindicais, visualiza como sería o mundo despois de facer a transición a unha economía limpa, cunha sociedade moito máis xusta.

EXPO

Atrás

Fonte: Wikipedia

Ligazóns externas sobre a autora

Obras da autora na biblioteca da UDC

QUEN É?

María Ángeles Durán de las Heras (1942) é unha recoñecida socióloga e investigadora española. Foi catedrática de Socioloxía e profesora de investigación no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), onde dirixiu o Departamento de Análisis Socioeconómico. Inda que xa está retirada, María Angeles Durán permanece vinculada de xeito honorífico ao Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC. Entre outros galardóns, María Angeles Durán obtivo no ano 2002 o Premio Nacional de Investigación en Ciencias Sociales, Económicas y Jurídicas “Pascual Madoz”, e no ano 2018 o Premio Nacional de Sociología y Ciencia Política del CIS.As súas principais investigacións céntranse na análise do traballo non remunerado e a súa relación coa estrutura social e económica.

María Angeles Durán

  • El trabajo no remunerado en la economía global (2012)
  • La jornada interminable (1986)
  • Desigualdad social y enfermedad (1983)
  • El ama de casa: crítica política de la economía doméstica (1978)

EXPO

  • La riqueza invisible del cuidado (2018)

Fai click no título da obra para obter máis información.

  • El trabajo de la mujer en España: un estudio sociológico (1972)

Atrás

María Angeles Durán na biblioteca da UDC

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

A orixe deste libro é a tese de doutoramento do mesmo título presentada por María Angeles Durán na Facultade de Ciencias Políticas e Sociología da Universidade Complutense de Madrid, coa cal obtivo a cualificación de sobresaínte. O estudo iníciase coa presentación das principais aproximacións teóricas á análise do traballo das mulleres. Os tres criterios principais de organización son os sectores produtivos, o grao de cualificación profesional e a migración. María Angeles Durán analiza con especial detalle materiais inéditos sobre mulleres rurais e agricultoras. Ademais, a autora empregou máis de vinte fontes estatísticas e dirixiu dúas enquisas para completar o seu traballo.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

O ano 1975 foi declarado polas Nacións Unidas como o Ano Internacional da Muller e con este motivo celebrouse unha gran Conferencia Internacional en México, que foi acompañada por infinidade de actos similares en todo o mundo. María Angeles Durán asistiu á conferencia de Nacións Unidas e constatou a escaseza de consciencia e investigación sobre o traballo non remunerado que realizan as mulleres dentro dos fogares. Á súa volta, escribiu este pequeno libro, que foi un intento pioneiro de analizar os condicionantes sociais e económicos desta carencia e de cuantificar o volume do traballo producido dentro dos fogares en España. Ante a inexistencia de fontes estatísticas, estableceu unha tipoloxía de fogares segundo datos censais e atribuíu niveis de dedicación e consumo de traballo non remunerado segundo os tipos de fogar.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

A orixe deste libro é un estudo realizado en 1981 para o Instituto de Estudos Laborais e da Seguridade Social sobre as relacións entre condición socioeconómica e enfermidade. Iníciase cunha ampla exposición das aproximacións teóricas ao concepto e causa da enfermidade, así como aos problemas metodolóxicos que suscita a investigación empírica neste campo. Analiza todas as fontes estatísticas dispoñibles en España naquel momento sobre niveis de saúde, enfermidade e institucións sanitarias. Como achega innovadora, acompáñase de 100 entrevistas en profundidade sobre o papel dos fogares e as familias na atención non institucional da saúde así como as diferenzas de clase social e xénero na prestación e recepción de coidados.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

Este pequeno libro componse de dous partes moi diferenciadas. A primeira parte é unha reflexión sobre o sentido, a ruptura e a fragmentación do tempo, así como os cambios no modo de percibir e vivir o tempo na modernidade. A segunda parte aplica estas categorías ao traballo cotián das mulleres e acompáñase dunha análise empírica do traballo non remunerado dentro dos fogares. A situación de dispoñibilidade do tempo das mulleres para a atención das demandas familiares (maternidade, tarefas domésticas, coidados) é o que dá orixe ao título.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

Este libro demostra que a maior parte do tempo de traballo producido no mundo non é traballo formal (rexido por normas laboráis), senón informal (traballo non remunerado producido nos fogares). Esta obra contén unha nova análise de conceptos tan relevantes como traballo, necesidade, calidade de vida, liberdade e coacción. Nela ponse de manifesto a constante interacción entre traballo remunerado e non remunerado, entre fogares e Estado, así como a internacionalización destes transvasamentos a través das migracións. O coidado é unha actividade económica esencial en todas as sociedades. Porén, quen máis o necesita (nenos, persoas enfermas e anciás) é quen menos pode adquirilo por si mesmo a través do mercado. Apoiándose en fontes de Nacións Unidas, a autora estimou a demanda de coidado previsible a curto e longo prazo en todas as grandes rexións do mundo, así como nos países de maior peso demográfico e económico, ou que resultan de especial interese para os lectores españois e latinoamericanos.

EXPO

Accede á ficha bibliográfica do libro no catálogo da BUDC pinchando na súa portada

Atrás

Esta obra constitúe un fito histórico na visión académica e científica do traballo do coidado. Na súa dilatada traxectoria académica, María Angeles Durán, preocupouse pola inserción do traballo non remunerado na análise da estrutura social e polos vínculos entre as relacións de poder e os procesos de produción de coñecemento científico. O coidado preséntase, así, como unha formidable fonte de recursos invisibles non incorporados á análise económica micro nin macro, que tamén debe verse como un custo para os fogares e para as persoas sobre quen recae, maioritariamente mulleres. Máis aló da súa dimensión científica, a autora expón o recoñecemento social do coidado, un traballo non remunerado que non se distribúe por libre acordo, por un pacto social e interxeneracional explícito, senón que é o resultado de forzas coercitivas históricas que o asignaron ás mulleres.

EXPO

Atrás

Nesta breve entrevista realizada no ano 2013, en plena crise económica, María Angeles Durán reflexiona sobre o traballo non remunerado das mulleres e a súa importancia na economía e na paz social. Aiimesmo, comenta tamén os atrancos e dificultades que experimentou como muller na vida académica.

‘Neste vídeo do ano 2018, María Angeles Durán resume e comenta o contido do seu último libro, La riqueza invisible del cuidado, onde analiza o coidado como actividade socioeconómica esencial.

María Angeles Durán: ligazóns externas de interese

Preme nas imaxes para ir a cada sección.

Acordarse de citar al autor de las fotos o la fuente

expo

INVESTIGACIÓN

MULLER, ECONOMÍA E SOCIEDADE:obras literarias e audiovisuais

NOVELAS

Atrás

AUDIOVISUAL

DIVULGACIÓN E ENSAIO

Título: Feminismo para o 99% Escrito por: Cinzia Arruzza, Tithi Bhattacharya, Nancy FraserEditorial Catro Ventos, 2019As autoras escribiron este manifesto seguindo o espírito das novas mobilizacións feministas, que reinventaron a folga para facer paros non só de traballo remunerado, senón tamén de traballo socioreproductivo non-remunerado, visibilizando a opresión de xénero que o capitalismo exerce ao subordinar o traballo da reprodución social ao da produción de beneficios. O limiar é da feminista e escritora María Reimóndez, que sitúa as ideas deste movemento no contexto galego.

Accede ás fichas bibliográficasdos libros no catálogo da BUDC pinchando nas súas portadas

DIVULGACIÓN E ENSAIO

Título: Repensar la pobreza: un giro radical en la lucha contra la desigualdad global Escrito por: Abhijit Vinayak Banerjee, Esther DufloEditorial Taurus, 2012Esta obra supón un revolucionario xiro no modo de abordar a loita global contra a pobreza. Os seus autores, dous consagrados economistas do MIT, acudiron directamente aos protagonistas para comprender como funciona de verdade a economía dos pobres, cales son as súas motivacións e aspiracións. Os resultados das súas observacións contradín moitas das nosas crenzas máis arraigadas.

EXPO

Atrás

Título: Los testamentosEscrito por: Margaret AtwoodEditorial Salamandra, 2019Esta novela constitúe a secuela de "El cuento de la criada", e responde ás preguntas que quedaron pendentes nesa obra. Margaret Atwood recupera a historia quince anos despois de que Defred se adentrara no descoñecido, coas asombrosas testemuñas de tres narradoras do mundo de Gilead, que abarcan os inicios, o presente e o futuro desa sociedade totalitaria.A novela recibiu o Premio Man Booker 2019.

Accede ás fichas bibliográficasdos libros no catálogo da BUDC pinchando nas súas portadas

NOVELAS

Título: SenlleirasEscrito por: Antía YáñezEditorial Galaxia, 2018A novela conta a historia dunha influencer que sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos, mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes. Esta obra recibiu o Premio de Narrativa Illa Nova 2018.

EXPO

Atrás

TEDTalks e documentais dispoñibles en aberto na Web

Escolla de películas incluídas no fondo da biblioteca da UDC

Fai click nas imaxes para ir a cada sección.

EXPO

Atrás

Materiais Audiovisuais

Películas

TEDTalks e Docus

Accede ás fichas bibliográficas no catálogo da BUDC pinchando nos títulos das películas

Fai click nos vídeos para visualizar os clips dos tráilers.

EXPO

Películas

Atrás

Persépolis

Criadas y señoras

Sufragistas

Una cuestión de género

Figuras ocultas

La bicicleta verde

Fai click nos vídeos para visualizar as charlas e os documentais.

EXPO

TEDTalks e documentais

Atrás

Sheryl Sandberg

Teté Coustarot

Gala Díaz Langou

Gwen Young

Las Sinsombrero. 2ª parte

Las Sinsombrero

Título: Feminist EconomicsEscrito por: Lourdes Benería, Ann Mari May, Diana StrassmannEditorial Elgard, 2010Este traballo de investigación, composto por tres volumes, demostra a amplitude e a importancia da erudición feminista en economía. A obra expón como a economía feminista ilumina a nosa comprensión en temas como a toma de decisións no fogar, a economía do coidado, a globalización, a feminización da forza laboral, a macroeconomía, o comercio, o desenvolvemento e a migración internacional.

Accede ás fichas bibliográficasdos libros no catálogo da BUDC pinchando nas súas portadas

INVESTIGACIÓN

EXPO

Título: Women at work: an economic perspective Escrito por: Tito boeri, Daniel del Boca, Christopher PissaridesEditorial Oxford University Press, 2005Cubrindo temas como a brecha salarial de xénero, a participación das mulleres no emprego remunerado, a fertilidade e o benestar dos nenos, este estudo ten en conta a crecente tendencia a unha maior presenza feminina no mercado laboral. Aborda as compensacións relacionadas co aumento da participación das mulleres no emprego remunerado, establecendo un debate rigoroso sobre estes temas e achandando o camiño cara a obxectivos realistas e formas de logralos.

Atrás

FEE - FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA

Atrás

O principio de igualdade entre homes e mulleres é o marco lexitimador que asume a UDC ao abeiro da súa normativa e valores. A OIX fornece o soporte técnico preciso para acadar os obxectivos de igualdade. Na páxina da OIX podes coñecer ao marco legal e a estrutura da oficina, así como as actividades que desenvolvemos. Tamén poñemos a túa disposición distintos recursos para incorporar a perspectiva de xénero, guías de boas prácticas e unha serie de enlaces de interese.

OIX - oficina para a igualdade e xénero

Representante de Igualdade da FEE

Balsa

Carlota

Parga

Domínguez

Chus

Juan Luis

Longarela

Ruiz

Lamas

Rodríguez

Ares

Cristina

Massa

Ángeles

Sánchez

Equipo da biblioteca FEE

Equipo

GRAZAS

Atrás