Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

A biblioteca de atín

Candeloria

QUE é A CANDELORIA?

REFRÁNS

Traballos manuais

mÚSICA

CURTAS

C.E.I.P. de Atín - Cela

"Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola"

cartas

contos

cITA A CEGAS CUN LIBRO

AMOR ZERO WASTE

Para festexar a Candeloria imos enviar cartas aos nosos compañeiros/as , amigos/as, mestres... Pica nos seguintes vídeos e aprender a facer sobres orixinais, para as túas cartas e paxaros para decorar o noso cole. Estamos desexando ver as vosas creacións!

C.E.I.P. de Atín - Cela

https://youtu.be/zKUH3TjTbO0

Cancións para festexar esta data tan especial!

C.E.I.P. de Atín - Cela

CURTAS!

C.E.I.P. de Atín - Cela

Cartas da amizade para conmemorar a CANDELORIA

C.E.I.P. de Atín - Cela

Durante a primeria quincena do mes do febreiro, o alumnado escribe cartas aos seus compañeiros e compañeiras que depositan na caixa de correos da súa aula ou da biblioteca.A mediados de mes entréganse as cartas que son recibidas con gran ilusión por todos.

CITA A CEGAS CUN LIBRO

C.E.I.P. de Atín - Cela

Para conmemorar unha data tan especial, o alumnado tivo unha cita a cegas cun libro. Cada neno e nena elixiu un libro, envolveuno con agarimo e etiquetouno con pistas, esperando que alguén o escolla e comparta o seu amor por dito libro.

Contos para conmemorar a CANDELORIA

C.E.I.P. de Atín - Cela

Amor Zero Waste: o amor non se desbota, seméntase

C.E.I.P. de Atín - Cela

O proxecto Zero Waste (refugallo cero), está presente en todas as nosas celebracións. A esencia mesma desta conmemoración do amor e a amizade, é agradecer aos nosos seres queridos o seu apoio, o seu tempo e o seu cariño. Pero para facelo, non necesitamos contanimar o noso planeta, regalando obxectos que acabarán no lixo en pouco tempo. Aquí deixamos algunhas propostas sostibles, para fuxir do consumismo.

Regala unha árbore

Info

Cociñar para os que máis queremos

Menos envoltura e máis aventura!

Agasalla o teu tempo

Un fantástico plan é preparar a comida ou a sobremesa favorita desa persoa á que queremos demostrar o noso cariño.É importante lembrar que é máis sostible organizar a nosa comida en casa que optar pola comida para levar, xa que normalmente leva moito plástico e residuos, así que anímovos a cociñar e se é en compaña mellor. Podedes ir xuntos a un mercado local e escoller que comprar como parte da experiencia. Decora a mesa con adornos sen plástico como piñas, pedras pintadas ou flores secas e fai unha tarxeta ou un regalo a man. 

Nestes momentos raros e difíciles de Covid19 pode parecer máis complicado organizar unha boa experiencia, para compartir cos teus seres queridos. Non podemos ir ao teatro ou a un concerto, por exemplo, pero as opcións non teñen porque rematar aí. Se estás nunha zona confinada ou con restricións, entón podes optar por un paseo ou un picnic. Despois de todo, pasar o tempo xuntos na natureza é unha experiencia positiva para todos.  Se optas por un picnic, podes preparar doces ou bolos caseiros e acompañalos con notas ou cartas onde expreses o cariño que sintes pola persoa especial coa que o compartes.  Tamén podes regalar unha botella reutilizable ou unhas palliñas de aceiro inoxidable. Usa a túa imaxinación para converter un picnic nun agasallo totalmente personalizado e inesquecible.

Podes crear agasallos onde o regalo está, sobre todo, no tempo dedicado. Atoparás moitas ideas cunha simple busca na rede: unha pedra pintada, un marco para unha foto especial, unha carta, etc. E se os fas con materiais que xa tes na casa, moito mellor! Visita a sección de traballos manuais desta mesma presentación para ter máis ideas.