Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Entroido 2022

O Meco

A bailar!!

Infantil

Audición

Gastronomía

Contos

Principais Manifestacións

O entroido

ÍNDICE

XOGO: O MECO

Eu son don Carnal o rei do Entroido e esta semana vouvos ordenar: O luns pola mañá, ao cole debes vircun calcetín de cada cor verás como te vas sentir. O martes pola mañá, ao colexio debes vir cun pucho ou perruca si te queres lucir. O mércores pola mañá, ao colexio has de vir cunha gravata longa se te queres rir. O xoves pola mañá, o teu corpo pode presumircun mandil moi bonito se te queres divertir. O venres pola mañá, ao cole podes vir co disfrace da túa casa porque isto chega a fin.

O ENTROIDO: QUÉ É? DENDE CANDO SE CELEBRA?

O Entroido é unha das festas máis importantes do calendario galego. Celébrase en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, pero sí sabemos que é, a indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma"). As interpretacións do Entroido remóntanse ás festas romanas con intereses agrícolas e gandeiros. Outros falan dunha orixe grega na honra a Dionisios, deus do viño e a inspiración. O entroido represéntase cun boneco feito de palla, vestido con roupa de traballo e cara de trapo. Cólgase dun sitio alto que domine dalgunha forma a zona de reunión dos veciños. O Entroido é unha época de festa e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.

PRINCIPAIS MANIFESTACIÓNS

Madamas e Galáns de Vilaboa

Volantes de Chantada

Felos de Maceda

Folións e máscaras de Manzaneda (Ourense)

Boteiros e folións de Viana do Bolo

Xenerais de Ulla

Pantallas de Xinzo de Limia

Peliqueiros de Laza

Cigarróns de Verín

PRINCIPAIS MANIFESTACIÓNS

Os Cigarróns de Verín son personaxes enmascarados e adornados. A máscara faise a partir da madeira do abedul. A vestimenta é moi rica en colorido: Camisa branca con gravata e chaqueta con galóns e as chamadas charreteiras. Á cintura levan cinturón con chocas por detrás. Visten ademáis calzón corto e medias.O complemento é a fusta, chamada “zamarra” coa que os cigarróns fustigan a aquelas persoas que non manteñen a orde no entroido. A súa orixe parece estar no século XVI cando o Conde de Monterrey exercía o seu poder empregándoos de cobradores, outros falan de que eran os levantadores da caza pola presenza das chocas.

Cigarróns de Verín

Cigarróns de Verín

As Pantallas de Xinzo de Limia son personaxes típicos que visten camisa de felpa e calzón branco, capa vermella ou negra, pano (case sempre vermello), polainas e zapatos negros ademáis dunha faixa vermella na cintura xunto cas campaíñas. Nas mans levan dúas vexigas de vaca secadas e infladas cas que percorren as rúas golpeándoas entre sí e facendo tocar as campaíñas da cintura. A súa función é percorrer as rúas vixiando que ninguén estea sen antefaz. O que sexa pillado sen el deberá pagarlle unha ronda de viño ás Pantallas. A careta faise con cartón, papel de xornal, fieltro, fariña, auga e pintura. A parte de arriba está adornada con motivos astrales ou animais totémicos. Arredor leva uns flecos que fan de barba.

Pantallas de Xinzo de Limia

Pantallas de Xinzo de Limia

. Nas bisbarras do río Ulla (Santiago de Compostela, Teo, Touro, Padrón, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces) o entroido inspírase nas loitas que se viviron a principios do século XIX por mor da invasión napoleónica. Na actualidade estas vilas celebran o entroido con desfiles de carrozas, verbenas e bailes, aínda que os grandes protagonistas son os xenerais e os correos que, ataviados con vistosos uniformes, percorren as rúas a cabalo acompañados por comparsas e parrandas dando vivas aos veciños. Os actos centrais son os “atranques”, batallas dialécticas que manteñen os xenerais (os defensores contra os invasores) e nos que se fala de cuestións de actualidade en tono de burla. Cada lugar mantén a súa propia tradición, polo que en cada zona estes encontros convértense nunha celebración verdadeiramente única.

Xenerais de Ulla

Xenerais de Ulla

Os Peliqueiros de Laza son personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas feitas de ferro e bronce coma os animais, zorregan á xente que non os respetan ou se interpoñen no seu camiño e, levántanlle a saia ás mulleres. Os animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados, simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas.. O traxe está composto por: máscara, chaqueta, pantalón, camisa branca, cinto de onde colgan as seis chocas, gravata e “zamarra” ou látego. Ademáis leva adornos e outros accesorios. A máscara é de abedul e a mitra é de aluminio para que pese menos. Leva uns “pompóns” que lle colgan dos extremos.

Peliqueiros de Laza

Peliqueiros de Laza

O Entroido de Cobres (Vilaboa - Pontevedra), do que hai referencias escritas xa no século XVIII, está considerado un dos máis elegantes, tanto polos traxes como pola música e o baile, que remiten a un mundo galante; de aí o nome dos seus personaxes típicos: os galáns e as madamas. Ambos os dous satirizan a aristocracia percorrendo as rúas acompañados dunha charanga e vestindo fastosos traxes e mesmo xoias auténticas de gran valor. Quizais por iso, para presumir ben, neste carnaval non hai máscaras, vaise coa cara descuberta!.As madamas adoitan levar camisa e faldra brancas; medias finas con zapatos negros e, sobre o peito, unha especie de babeiro ao que se suxeitan os colares. Todo adornado con fitas, plumas, pedraría e pasamanería. Pero o máis rechamante son os espectaculares sombreiros que locen, auténticas obras de arte que fan durante semanas e que chegan a pesar varios quilos. Os galáns compiten en elegancia coas mulleres malia que os seus sombreiros son máis discretos. O día grande en Cobres é o Martes de Entroido.

Madamas e Galáns de Vilaboa

Madamas e Galáns de Vilaboa

O Boteiro danza sen parar, e abre paso ao Folión, marcándolle o roteiro que debe seguir polas rúas do pobo. O seu aspecto (de gran colorido e vistosidade), a súa enorme pantalla, os seus brincos e piruetas, fan que esta figura non pase desapercibida, convertindose no protagonista indiscutible.O Boteiro leva unha máscara tallada en madeira e unha pantalla de arame e cartón forrada de tiras de papel de cores (pode chegar a pesar uns 7 quilos)

Boteiros e folións de Viana do Bolo

Boteiros e folións de Viana do Bolo

A máscara é o personaxe central do entroido de Manzaneda e a pesar do seu nome, adoita levar o rostro descuberto. Na cabeza leva un sombreiro cun enorme toucado; como traxe: camisa e polainas brancas con puntillas, mantilla floreada, botas altas, bastón e cintas de cores que cada ano póñense e quítanse unha a unha. Á cintura levan varios cencerros que lles serven para desfilar ao mesmo ritmo.Este personaxe é un bó bailarín que acompaña en todo momento o folión, é dicir, desfila en comparsa mentres outros integrantes tocan os tambores ou outros aparellos de labranza a modo de instrumentos musicais, facendo do entroido de Manzaneda unha festa peculiar e moi divertida.

Folións e máscaras de Manzaneda (Ourense)

Folións e máscaras de Manzaneda (Ourense)

No Entroido Ribeirao os volantes, os mecos e os maragatos ou peliqueiros bailan arredor do Entroido.Os volantes, ataviados cunha vistosa indumentaria son os representantes dos vellos feudais.Os mecos escenifican os problemas da sociedade baixo un tono burlesco.Os maragatos ou peliqueiros usan roupa vella e peles de animais e representan os gardiáns do señor na época medieval.

Volantes de Chantada

Volantes de Chantada

Os felos son tan antigos e fascinantes como os seus parentes mais famosos, os peliqueiros de Laza e os cigarróns de Verín. Todos visten dun modo moi similar, o que distingue a simple vista aos felos son as medias negras, en lugar de brancas.Vestirse de felo imprime carácter e sólo poden facelo os homes solteiros.Son personaxes anárquicos e rebeldes, aos que nunca se lles pode tocar ou intentar sacar a mascara.

Felos de Maceda

Felos de Maceda

GASTRONOMÍA

Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite.En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a bica, as orellas, a androlla, a cachucha, os chourizos, o lacón ou o caldo que son ideais para estas datas do inverno.

GASTRONOMÍA

CONTOS

O REI URCO

ENTROIDIÑO O BONECO

E agora, cantado

O Conto

Conto: E tempo de entroido

E tempo de entroido de Ramón D. Veiga e David Sierra, é unha recomendación para que os nenos e nenas coñezan as diferentes formas de celebrar estas datas ao longo de toda Galicia.

O Entroido Ourensán

Os bolechas

Os Bolechas van de Entroido

AUDICIÓN

O Entroido dos Animais é unha obra escrita por Camille Saint Saëns en 1886, en pleno Romanticismo e foi composta para un conxunto de instrumentos que non entra dentro dos canons das formacións propias da música clásica.Cales son estes instrumentos? dous pianos, unha frauta, un clarinete, un armonium, (poucas obras da música catalogada como clásica utilizan este instrumento), un xilófono, unha celesta e corda (dous violíns, unha viola, violoncelo e contrabaixo). Estamos ante unha formación disfrazada pois ímnos de entroido.

EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES

Cancións

Contos

INFANTIL

O Entroido Ourensán

Os Bolechas van de entroido

É tempo de entroido

El carnaval en la granja

CONTOS

El carnaval de los animales

E tempo de entroido

Audición: el carnaval de los animales

CANCIÓNS

Pon o teu disfraz

A bailar!!

FELIZ ENTROIDO!