Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

3

Entroido 2021

C.P.R.Plurilingüe La Milagrosa Lugo

2

1

4

ÍNDICE

O entroido

Principais Manifestacións

2

3

Contos

Gastronomía

Audición: El carnaval de los animales

4

5

6

Infantil

7

Poesía Don Carnal

1

1

POESÍA DE DON CARNAL

1

Eu son don Carnal o rei do Entroido e esta semana vouvos ordenar:O luns pola mañá, ao cole debes vircun calcetín de cada cor verás como te vas sentir.O martes pola mañá, ao colexio debes vircun pucho ou perruca si te queres lucir.O mércores pola mañá, ao colexio has de vircunha roupa do revés se te queres rir.O xoves pola mañá, o teu corpo pode presumircun mandil moi bonito se te queres divertir.O venres pola mañá, ao cole podes virco disfrace da túa casa porque case chega a fin.

2

O ENTROIDO: QUÉ É? DENDE CANDO SE CELEBRA?

Entroido é unha das festas máis importantes do calendario galego. Celébrase en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, pero sí sabemos que é, a indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. En Galicia ten moita tradición e moitos nomes: Entroido, Antroido, Intruido, Entruido, Entrudo e Entroiro. Todos teñen a súa orixe no termo latino "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma"). Entroido significa, a volta ó mundo do revés, a subversión, a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. As interpretacións do Entroido remóntanse ás festas romanas con intereses agrícolas e gandeiros. Outros falan dunha orixe grega na honra a Dionisios, deus do viño e a inspiración. O entroido represéntase cun boneco feito de palla, vestido con roupa de traballo e cara de trapo. Cólgase dun sitio alto que domine dalgunha forma a zona de reunión dos veciños. Esta celebración estivo prohibida na época franquista. O Entroido é unha época de festa e moita diversión no que o máis importante é disfrazarse e pasalo ben.

3

PRINCIPAIS MANIFESTACIÓNS

PRICIPAIS MANIFESTACIÓNS

Cigarróns de Verín

Peliqueiros de Laza

Pantallas de Xinzo de Limia

Xenerais de Ulla

Os Peliqueiros de Laza son personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas feitas de ferro e bronce coma os animais, zorregan á xente que non os respetan ou se interpoñen no seu camiño e, levántanlle a saia ás mulleres. Os animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados, simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas.. O traxe está composto por: máscara, chaqueta, pantalón, camisa branca, cinto de onde colgan as seis chocas, gravata e “zamarra” ou látego. Ademáis leva adornos e outros accesorios. A máscara é de abedul e a mitra é de aluminio para que pese menos. Leva uns “pompóns” que lle colgan dos extremos.

Xenerais de Ulla. Nas bisbarras do río Ulla o entroido inspírase nas loitas que se viviron a principios do século XIX por mor da invasión napoleónica. En 1870 hai xa referencias escritas a esta celebración, de gran tradición en Santiago de Compostela, Teo, Touro, Padrón, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Silleda e Vila de Cruces.Na actualidade estas vilas celebran o entroido con desfiles de carrozas, verbenas e bailes, aínda que os grandes protagonistas son os xenerais e os correos que, ataviados con vistosos uniformes, percorren as rúas a cabalo acompañados por comparsas e parrandas dando vivas aos veciños. Os actos centrais son os “atranques”, batallas dialécticas que manteñen os xenerais (os defensores contra os invasores) e nos que se fala de cuestións de actualidade en tono de burla. Cada lugar mantén a súa propia tradición, polo que en cada zona estes encontros convértense nunha celebración verdadeiramente única.

As Pantallas de Xinzo de Limia son personaxes típicos que visten camisa de felpa e calzón branco, capa vermella ou negra, pano (case sempre vermello), polainas e zapatos negros ademáis dunha faixa vermella na cintura xunto cas campaíñas. Nas mans levan dúas vexigas de vaca secadas e infladas cas que percorren as rúas golpeándoasentre sí e facendo tocar as campaíñas da cintura. A súa función é percorrer as rúas vixiando que ninguén estea sen antefaz. O que sexa pillado sen el deberá pagarlle unha ronda de viño ás Pantallas. A careta faise con cartón, papel de xornal, fieltro, fariña, auga e pintura. Faise nunha soa peza encaixándose na cara e cabeza. A parte de arriba está adornada con motivos astrales ou animais totémicos. Arredor leva uns flecos que fan de barba.

Os Cigarróns de Verín son personaxes enmascarados e adornados. A máscara faise a partir da madeira do abedul, a parte superior vexetais. A vestimenta é moi rica en colorido. Camisa branca con garabata e chaqueta con galóns e as chamadas charreteiras. Á cintura levan cinturón con chocas por detrás. Visten ademáis calzón corto e medias. O complemento é a fusta, chamada “zamarra” coa que os cigarróns fustigan a aquelas persoas que non manteñen a orde no entroido. A súa orixe parece estar no século XVI cando o Conde de Monterrey exercía o seu poder empregándoos de cobradores, outros falan de que eran os levantadores da caza pola presenza das chocas.

PRINCIPAIS MANIFESTACIÓNS

Boteiros e folións de Viana do Bolo

Volantes de Chantada

Folións e máscaras de Manzaneda (Ourense)

Madamas e Galáns de Vilaboa

Felos de Maceda

Volantes de Chantada. No Entroido Ribeirao os volantes, os mecos e os maragatos ou peliqueiros bailan arredor do Santo Entroido. Os volantes, ataviados cunha vistosa indumentaria son os representantes dos vellos feudais; os mecos escenifican os problemas da sociedade baixo un tono burlesco, e os maragatos ou peliqueiros usan roupa vella e peles de animais e representan os gardiáns do señor na época medieval.

Folións e mázcaras de Manzaneda (Ourense). Outro dos entroidos máis “auténticos”, xa que soubo preservar a pureza das súas tradicións. O Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda é unha celebración de rituais ancestrais, espectáculos de percusión, banquetes populares e teatro da rúa, todo nun ambiente de diversión. Os grandes protagonistas deste carnaval son as mázcaras que, malia o nome, adoitan levar o rostro descuberto aínda que cobren a cabeza cun gran toucado; visten camisa e polainas brancas con puntillas, mantilla floreada, botas altas, bastón e fitas de cores que cada ano poñen e quitan unha a unha. Á cintura, varios chocallos cos que marcan o ritmo. A mázcara é un consumado bailarín, capaz de danzar sobre un pequeno caixón xirando de puntillas e sen despegar os pés do chan. E é o acompañante do folión, unha especie de comparsa que se envían unhas aldeas a outras e que tradicionalmente tocaban tambores e instrumentos de labranza pero que agora fan auténticas foliadas con percusión e gaitas nas que participa todo o mundo. O día grande en Manzaneda é o Martes de Entroido pero o programa de actividades é tan amplo que adoita empezar en xaneiro e pode estenderse ata abril.

Boteiros e folións de Viana do Bolo. Posiblemente sexa o carnaval máis antigo de Galicia e un dos máis auténticos, ademais de estar intimamente vinculado á gastronomía, xa que a androlla –embutido de porco típico desta zona– convértese en protagonista, especialmente no xantar do Domingo de Entroido.Pero tamén aquí contan cunhas máscaras típicas: os boteiros e os folións. Os folións andan en grupos de 30 o 40 polas rúas con tambores e ferramentas agrícolas que tocan para espantar os malos espíritos, e os boteiros tapan a cara cunha careta rematada nun gran penacho e levan un fermoso traxe multicolor de cintas de seda. Anuncian e abren paso aos folións saltando sobre un pau co que tamén manteñen a orde. Ademais, poñen son ao carnaval movendo con moita arte os chocallos que levan no cinto.

Os felos de Maceda (Ourense), – só poden ser homes solteiros– son espíritos anárquicos que invaden o pobo co son das chocas e perseguen aos que se meten con eles. As máscaras desta vila son pouco coñecidas fóra da zona, pero tan antigas coma as súas irmás de Laza e Verín. De feito visten parecido aos cigarróns e peliqueiros pero levan medias negras en vez de brancas e o seu atavío é algo máis rústico, máis próximo ás orixes.

Madamas e galáns de Vilaboa (Pontevedra). O Entroido de Cobres, do que hai referencias escritas xa no século XVIII, está considerado un dos máis elegantes, tanto polos traxes como pola música e o baile, que remiten a un mundo galante; de aí o nome dos seus personaxes típico s: os galáns e as madamas. Ambos os dous satirizan a aristocracia percorrendo as rúas acompañados dunha charanga e vestindo fastosos traxes e mesmo xoias auténticas de gran valor. Quizais por iso, para presumir ben, neste carnaval non hai máscaras, vaise coa cara descuberta!. As madamas adoitan levar camisa e faldra brancas; medias finas con zapatos negros e, sobre o peito, unha especie de babeiro ao que se suxeitan os colares. Todo adornado con fitas, plumas, pedraría e pasamanería. Pero o máis rechamante son os espectaculares sombreiros que locen, auténticas obras de arte que fan durante semanas e que chegan a pesar varios quilos. Os galáns compiten en elegancia coas mulleres malia que os seus sombreiros son máis discretos. Outros personaxes típicos da zona son os de branco, as aldeás, os coidadores do galo, as choronas ou o predicador, personaxe enigmático que no seu esperado e divertido sermón métese con todo e con todos.O día grande en Cobres é o Martes de Entroido, cando se organizan divertidos xogos como A Corrida do Galo, Galo no río e Galo na vara con premios en metálico e… un galo!

4

GASTRONOMÍA

GASTRONOMÍA

Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a cachucha, a bica, as orellas a androlla ou tamén os doces, os chourizos, o lacón ou o caldo que son consumidos en masa e son ideais para estas datas do inverno.

https://youtu.be/kqIMasjzvs8

5

CONTOS

ENTROIDIÑO O BONECO

Conto ENTROIDIÑO, O BONECOChegara o entroido. A xente da aldea xuntárase para facer con palla o boneco. Sabedes como lle puxeron? Chamáronlle Entroidiño. Entroidiño tiña o corpo de palla e ía vestido con roupas vellas que a xente trouxera das súas casas. Fixérano para queimalo, tal e como o facían todos os anos ao remate da festa. Cando estivo terminado, collérono entre todos e subírono a un carballo da carballeira, como de costume. Á tardiña, Brais, un dos nenos, achegouse ao pé do carballo ollando con envexa cara o Entroidiño. Que sorte! -dixo-. Ti tes pucha, roupa para disfrazarte e mesmo unha careta. Eu non teño nada. -Se as queres douchas! -respondeu o Entroidiño-. Brais, ao escoitar esa voz, ficou abraiado, porque non vía a ningúen. - Quen é o que fala? -preguntou-. - Eu, eu! -dixo o Entroidiño-. O Brais ollaba ao seu redor e non vía nada. - Non, home, non! Mira cara arriba. Son Entroidiño. Dun brinco, Entroidiño baixou da árbore, deulle a roupa e axudouno a disfrazarse. O Brais, ledo coma un cuco, foi contar a todos e todas, canto acontecerá. Todos xuntos decidiron que aquel Entroidiño non podía ser queimado, xa que fora bo e xeneroso. Agora os nenos e nenas teñen un novo amigo. Xa sabedes como se chama, non sí?.COMPRENSIÓN LECTORAQue festa chegou?Que fixeron as nenas e nenos?Como era?Que nome lle puxeron?Quen era Brais?Por que estaba triste?Quen lle falaba?Como rematou a historia?

O REI URCO

Conto O REI URCONun lonxano país, a xente estaba sempre aburrida, non tiñan nada que os divertise. Urco, o rei, preocupado, mandou chamar ós sabios do país. Alí se presentaron: Papamoscas, Bufón e Escribano. O rei, fíxolles o encargo de recorrer o mundo na procura dunha solución ao problema. Despois de moito viaxar e moitos pobos visitar, chegaron a unha vila onde os seus habitantes estaban atarefados e ledos. Admirados, preguntáronse: Que sucede? Porque está leda a xente? Que lles pasará? Véndoos tan abraiados, Teucro, -o héroe da vila– dirixiuse a eles. Contoulles que estaban a preparar a celebración do Entroido e invitou ao rei Urco e ós seus vasalos a vivir a trouleada. Os sabios regresaron coa nova. A comitiva organizouse de seguida con Urco á cabeza. Feito o recibimento, organizaron unha enorme farra na que todos ían disfrazados. Así, parrandeando, chegaron á praza da vila onde a festa xa foi completa. Ali facíase de todo:Bailaban e brincaban ó son da música.Botábanse farelo e cinsa.Comían filloas, orella, cacheira e rabo de porco.Facían burla dos personaxes de que ían disfrazados .Queimaban un boneco de palla.Así pasaron varios días de tolerías e farturas de esmorga, ata que a festa rematou. Urco, moi satisfeito coa diversión pedíulle a Teucro que fose ó seu país a ensinarlle á súa xente como distraerse. Desde entón, este país deixou de estar aburrido.COMPRENSIÓN LECTORAComo se chamaba o rei do país aburrido?A quen chamou?Que nome tiñan os sabios?Que misión lles encargou?Quen era Teucro?Que celebraban na vila?En que viaxaba Urco?Que facían na praza?Como solucionou Urco o problema do seu país?

6

AUDICIÓN

EL CARNAVAL DE LOS ANIMALES

O Entroido dos Animais é unha obra escrita por Camille Saint Saëns en 1886, en pleno Romanticismo e foi composta para un conxunto de instrumentos que non entra dentro dos canons das formacións propias da música clásica.Cales son estes instrumentos? dous pianos, unha frauta, un clarinete, un armonium, (poucas obras da música catalogada como clásica utilizan este instrumento), un xilófono, unha celesta e corda (dous violíns, unha viola, violoncelo e contrabaixo). Estamos ante unha formación disfrazada pois ímnos de entroido.

https://youtu.be/obzbLu3sLyM

7

INFANTIL

El carnaval de los animales

INFANTIL

El carnaval en la granja

Audición: el carnaval de los animales

https://youtu.be/2k2IZceeytQ

https://youtu.be/-i-5Dg_o7GI

https://youtu.be/sdxUHVn_jyI

3

FELIZ ENTROIDO!

2

1

4

C.P.R,Plurilingüe La Milagrosa