Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

A Organización Celular

A Célula

Función Vitais

OS SERES VIVOS

Os Seres Vivos

Os Ecosistemas

As Plantas

Clasificación dos Seres Vivos

5

6

7

A. Hermáns2022

1

2

3

4

TEMA 1

TEMA 4

TEMA 2

TEMA 3

TEMA 1

Que caracteriza aosseres vivos?

Os Seres Vivos

SERES VIVOS

SERES INERTES

Están formados por células.

Responden a cambios na súa contorna.

Necesitan auga e nutrientes.

Realizan as Funcións Vitais.

Non están formados por células.

Non realizan as Funcións Vitais.

Na natureza atopamos seres vivos e seres intertes. Ambos teñen en común que están formado por materia pero teñen grandes diferenzas

As Funcións Vitais

A Función de Relación consiste en percibir os cambios que se producen na contorna e responder a eles dunha forma correcta.

FUNCIÓN DE RELACIÓN

FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN

FUNCIÓN DE NUTRICIÓN

A Reprodución consiste en orixinar novos organismos iguais ou parecidos . Pode ser sexual ou asexual.

A Nutrición consiste en obter do medio externo a materia e a enerxía necesaria.

A Nutrición pode ser autótrofa (fotosíntese) ou heterótrofa (doutros seres vivos)

A Célula

A CÉLULA

A célula é a parte viva máis pequena que forma os seres vivos.Segundoa súa complexidadepode ser: protaciotaou eucariota.

1/3

PROCARIOTA

É o tipo de célula máis pequena e simple.

EUCARIOTA

Célula máis grande e complexa.As células animais e vexetais son células eucariotas

Célula Animal

As células dos vexetais e dos animais teñen características comúns pero tamén teñen algunha diferenzas. Estas son as algunhas delas.

2/3

A membrana é unha estrutura fina e elástica que delimita a célula e permite o intercambio de substancias.

O citoplasma é o medio interno da célula que alberga os orgánulos celulares e permite o movemento dos mesmo. Está formado principalmente por auga.

O núcleo celular contén o material xenético da célula (ADN). Este ADN (ácido desoxirribonucleico) encárgase de regular todos os procesos que teñen lugar dentro da célula.

O retículo endoplasmático (R.E) é unhas rede de membranas, propias da células eucariótidas (....) que participan nas sintese e o transporte de proteínas e graxas. Hai dous tipos de R.E: liso e rugoso.

A mitocondria é un orgánulo celular que suministra a maior parte da enerxía necesario para a actividade celular.

Os centriolos son uns orgánulos exclusivos das células animais. Son orgánulos cilíndricos que interveñen na división celular, axudando á organización dos cromosomas.

Na membrana plasmática existen poros e canais, formados por proteínas, cuxa función é controlar o mevemento de substancias e auga no interior e exterior celular.

Célula Vexetal

CÉLULA VEXETAL

Contén cloroplastos: uns orgánulos de cor verde que producen a clorofila.

Teñen unha parede celular.

Teñen unha forma regular en forma de prisma, de caixa de zapatos.

3/3

A parede celular é unha capa ríxida que recobre a membrana que protexe e mantén erguida a planta.

Os cloroplastos son uns orgánulos específicos das células vexetais. Producen unha substancia chamada clorofila que axuda ás plantas a realizar a fotosíntese.

A Organización Celular

Os seres vivos están formados por células pero, dependendo do número de células que o formen, estes poden ser:

UNICELULARES

PLURICELULARES

Son aqueles seres vivos que están formados por unha soa célula.Son seres vivos microscópicos, é dicir, so se poden ver cun microscopio. As bacterias, algúns fungos e certas algas son unicelulares.

Son aqueles seres vivos que están formados por moitas células.Son seres vivos macroscópicos, é dicir,vense a simple vista.As plantas, os animais e algúns fungos son pluricelulares.

1/2

Niveis de Organización Celular

As células que compoñen un ser vivo pluricelular agrúpanse dunha forma especial chamada: Niveis de Organización Celular.

CÉLULA

2/2

TECIDO

ÓRGANO

SISTEMA

ORGANISMO

APARATO

A célula é a parte viva máis pequena que forma os seres vivos. Hai moitos tipos de células diferentes e cada tipo está especializada nunha función: células musculares, óseas, sanguíneas, nerviosas, etc.

As células do mesmo tipo que cumpren a mesma función agrúpanse en tecidos. O tecido muscular está formado por células musculares.

O corazón é un órgano que está constituído por unha agrupación de diferentes tecido que traballan de forma coordinada para realizar unha determinada función. O corazón está formado por tecido muscular e epitelial, entre outros, que colaborar para bombear o sangue por todo o corpo.

Un sistema é o conxunto de órganos do mesmo tipo que realizan unha función en común. Por exemplo, o sistema muscular está formado por órganos musculares ao igual que o sistema óseo que está formados por ósos.

Se un sistema é o conxunto de órganos do mesmo tipo, un aparato ou aparello é o conxunto de órganos de diferentes tipos o de varios sitemas que traballan conxuntamente na mesma función. Por exemplo, o aparello locomotor está formado por dous sistemas (sistema óseo e sistema muscular) ou o aparellos dixestivo está formado por órganos de diferente tipo (dentes, lingua, estómago,etc)

Un organismo é o conxunto de todos os sistema e aparellos que forman un ser vivo. Un animal, unha planta, un fungo ou unha persoa son un organismo completo.

TEMA 2

Plantas

Animais

Fungos

Protistas

Como se clasifican os seres vivos?

Bacterias

Clasificación dos Seres Vivos

Os seres vivos agrúpanse en 5 Reinos

Plantas

Animais

Fungos

Protistas

Moneras

Reino das Moneras-Bacterias

As bacterias son os seres vivos máis sinxelos e pequenos que existen. Hai bacterias que son prexudiciais e outras son beneficiosas. Para combater as bacterias prexudiciais empréganse os antibióticos.

CARACTERÍSTICAS

USOS

TIPOS

Reino das Moneras-Bacterias

- Están formados por células procariotas.

CARACTERÍSTICAS

- Son seres unicelulares.

- Poden ter alimentación autótrofa ou heterótrofa

Reino das Moneras-Bacterias

FORMAS

COCOS

BACILOS

VIBRIÓNS

ESPIRILOS

Teñen unha forma redondeada.

Teñen unha forma alongada.

Teñen unha forma de coma.

Teñen unha forma de resorte ou muelle.

Reino das Moneras-Bacterias

usos

BENEFICIOS

Causan enfermidades ou mortes doutros seres vivos como a pneumonía ou a meninxite.

Moitas delas empréganse para alimentación, fabricar medicamentos ou para axudar a procesar alimentos como a flora intestinal.

PERXUÍZOS

AS PLANTAS

Características

Partes

Clasificación

Nutrición

Reprodución

Multimedia

Características

  • Son seres vivos pluricelulares, formados por moitas células.

  • A súa alimentación é autótrofa. É dicir, as plantas fabrican o seu propio alimentos

  • A maioría son de cor verde grazas á clorfila que fabrican os cloroplastos das súa células.

  • Viven fixas ao chan, non se desprazan. Aínda que si que se moven na procura de luz.

Partes da Planta

FOLLAS

As follas son verdes e en forma de lámina. Son o órgano da planta encargado de realizar a fotosíntese, proceso polo que as plantas tranforman a auga e as sales minerais en alimento grazas a luz solar e ao dióxido de carbono (CO2). Na súa cara inferior ou envés teñen unha aberturas chamadas estomas polos que collen e expulsan os gases.

RAÍZ

A raíz ten a función de suxeitar a planta ao solo. Ademais, absorbe a auga e os sales minerais grazas a unha terminación moi finas chamados pelos absorbente.

TALO

O talo sostén as follas. No seu interior hai dous tipos de vasos condutores:

  • Vasos leñosos: polos que circula o zume bruto, unha mestura de auga e sales minerais, desde a raíz ata as follas.
  • Vasos liberianos: polos que circula desde as follas a toda a planta o zume elaborado, que é a substancia que serve de alimento a planta.

Clasificación

Plantas con Flor

Plantas sen Flor

Ximnospermas

As follas son verdes e en forma de lámina. Son o órgano da planta encargado de realizar a fotosíntese, proceso polo que as plantas tranforman a auga e as sales minerais en alimento grazas a luz solar e ao dióxido de carbono (CO2). Na súa cara inferior ou envés teñen unha aberturas chamadas estomas polos que collen e expulsan os gases.

Anxiospermas

As follas son verdes e en forma de lámina. Son o órgano da planta encargado de realizar a fotosíntese, proceso polo que as plantas tranforman a auga e as sales minerais en alimento grazas a luz solar e ao dióxido de carbono (CO2). Na súa cara inferior ou envés teñen unha aberturas chamadas estomas polos que collen e expulsan os gases.

Musgos

As follas son verdes e en forma de lámina. Son o órgano da planta encargado de realizar a fotosíntese, proceso polo que as plantas tranforman a auga e as sales minerais en alimento grazas a luz solar e ao dióxido de carbono (CO2). Na súa cara inferior ou envés teñen unha aberturas chamadas estomas polos que collen e expulsan os gases.

Fentos

As follas son verdes e en forma de lámina. Son o órgano da planta encargado de realizar a fotosíntese, proceso polo que as plantas tranforman a auga e as sales minerais en alimento grazas a luz solar e ao dióxido de carbono (CO2). Na súa cara inferior ou envés teñen unha aberturas chamadas estomas polos que collen e expulsan os gases.

As plantas anxiospermas son aquelas plantas con flores vistosas que teñen semente e froitos. Son o grupo de plantas con flor máis numeroso. Maceiras, pereiras, ameixeiras ou cerdeiras pertences a este grupo de plantas con flor.

As plantas ximnospermas son aquelas plantas con flores sinxelas. As súas sementes non están protexidos por un froito senón que son en forma de piña.

Os fentos son plantas sen flor que teñen raíz, talo e follas. Reprodúcense, ao igual que os musgos, por esporas. Nos fentos, as esporas fórmanse no soros. Os soros son uns saquiños situados no envés das follas.

Os musgos son plantas sen flor que non teñen raíz, talo nin follas verdadeiras. Reprodúcense, ao igual que os fentos, por esporas. Nos musgos, as esporas fórmanse nun sacos chamados cápsulas.

Nutrición das Plantas

Fotosíntese

Respiración

A nutrición das plantas complétase en dous procesos:

A fotosíntese é o proceso polo cal as plantas fabrican o seu propio alimento. Grazas a clorofila segregada polos cloroplastos nas follas, as plantas transforman o zume bruto en zume elaborado aproveitando a enerxía da luz solar e o dióxido de carbono (CO2) do aire.- O zume bruto é unha mestura de auga e sales minerales que se desplaza polos vasoso leñosos desde a raíz ata as follas da planta. - O zume elaborado e un alimento elaborado que se distribúe por toda a planta desde a follas a través dos vasos liberianos. Durante a fotosíntese as plantas collen Dióxido de Carbono (CO2) e expulsan Osíxeno (O2).

A respiración é o proceso polo cal as plantas toman Osíxeno (O2) do aire e explusan Dióxido de Carbono (CO2). As plantas precisan osíxeno para a transformación en enerxía das substancias nutritivas obtidas no proceso da fotosíntese.As plantas realizan o proceso de respiración ao longo de todo o día, ao contrario que a fotosíntese que so a realizan durante as horas con luz solar.

Reprodución das Plantas

Sexual

Asexual

As plantas pódense reproducir de forma sexual ou de forma asexual.

1/1

Na reprodución sexual das plantas interveñen dúas células sexuais: o pole que é a célula sexual masculina e o óvulo que é a célula sexual feminina.O órgano encargado da reprodución sexual das plantas é a flor. A función de relación sexual das plantas compónse de 5 fases: - Polinización: o pole dunha antera chega ata o pistilo doutra flor grazas ao vento ou ao animais polinizadores como os insectos ou paxaros. - Fecundación: é a unión do gran de pole dunha flor co óvulo doutra. - Formación da semente: o óvulo fecundado polo pole transformase en semente. - Formación do froito: o ovario acumula substancias nutritivas de reserva e transfórmase en froito. - Xerminación: unha vez maduro o froito cae ao chan e libera a semente que, se as condicións son favorables, dará lugar a unha nova planta.

Na reprodución asexual das plantas non interveñen células sexuais nin dúas plantas. Unha parte dunha planta da lugar a outra idéntica. Existen varios métodos de reprodución asexual nas plantas:- Esporas: son as células sexuais das plantas como os fentos ou os musgos. As esporas caen ao chan e dan lugar a outras plantas. - Tubérculos: son talos subterráneos que acumulan reservas de alimento. De cada un deles poden saír varias plantas. As patacas, as cenorias ou as remolachas son tubérculos. - Estolóns: talos que crecen na superficie do chan e que dan lugar a novas plantas. Os amorodos reprodúcense por estolóns. - Rizoma: talos subterráneos dos que xorden novas plantas. O xenxibre - Bulbos: talos subterráneos, como as cebolas ou os allos.

Partes da Flor

Partes da Flor

A flor e o órgano encargado da reprodución sexual.

1/2

Pistilo

Ovario

Óvulo

Estigma

Estames

Anteras

Filamento

Pétalos

Sépalos

SEN REMATAR

Multimedia

Docu: "As Plantas"

Cuestionario .pdf