Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Take care of what is around you...

... and you'll find love.

Celebrate love with us!

Valentine’s Day Card Contest 1. INTRODUCIÓN: Este concurso ten como finalidade promovela expresión escrita entre o alumnado da escola, así como recuperala tradición de escribir postais e celebralo amor e a amizade nestes días nos que non podemos expresar estes sentimentos como nos gustaría.2. FORMATO: Cada participante presentará unha tarxeta de San Valentín en inglés. O tema das tarxetas será “O amor” ou “A amizade” e nelas se poderán incluír: mensaxes, poemas, cartas de amor ou relatos de amor/amizade. Haberá un máximo de 140 palabras. As tarxetas irán acompañadas de imaxes (debuxos ou fotografías) e texto. As postais poderán ser feitas a man e despois fotografadas ou directamente deseñadas en formato electrónico. 3. ENVÍO DE TARXETAS: O alumnado participante debe mandar a súa tarxeta ó correo electrónico do Departamento de Inglés (dptingleslugo@gmail.com), indicando o seu nome, apelidos e grupo no que está matriculado. Poderanse presentar tarxetas ata o 11 de febreiro. 4. DESENROLO DO CONCURSO: As tarxetas publicaranse nun padlet (https://padlet.com/dptingleslugo/l0jmiku8xsg1d0hs) e tanto o alumnado como o profesorado elixirá unha tarxeta gañadora despois de ter en conta a calidade técnica, artística e creativa da obra. A persoa autora da tarxeta gañadora será galardoada cun vale de 30€ para gastar no pequeno comercio local. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.