11 de febreiro: Día da Muller na Ciencia
Irene Curra
Created on January 26, 2021
Over 30 million people build interactive content in Genially.
Check out what others have designed:
AMAZON RAINFOREST
Interactive Image
CONSTELLATIONS PICTURE WORD MATCH
Interactive Image
VISIT CAPE COD: 5 FUN FACTS YOU DIDN'T KNOW
Interactive Image
CONSTELLATIONS
Interactive Image
AURORA BOREALIS
Interactive Image
WALK IN OUTER SPACE
Interactive Image
THE GREAT WALL OF CHINA
Interactive Image
Transcript
MARIE CURIE (7 de novembro de 1867 - 4 de xullo de 1934) Marie Curie foi unha científica coñecida por traballar a radioactividade (unha propriedade física que permite facer radiografíase ver os ósos do corpo) e o elemento químico radio. Foi a primeira muller en gañar o Premio Nobel de Física e o de Química.
ADA LOVELACE (10 de decembro de 1815 - 27 de novembro de 1852) Ada foi unha matemática coñecida por ser a inventora do primeiro programa informático da historia (tamén chamado o primeiro algoritmo matemático). Considérase unha visionaria ao, en pleno século XIX, poder imaxinar unha máquina que, a través de cálculos matemáticos, puidese tocar música ou mostrar letras e números: o que hoxe en día coñecemos coma ordenador.
ROSALIND FRANKLIN (25 de xullo de 1920 - 16 de abril de 1958) Rosalind foi unha química que estudaba o ADN: unha molécula que é a encargada de transmitir a información xenética, é dicir, unha especie de código que teñen os seres vivos para poder realizar as funcións vitais e que lles permite ser como son. Franklin foi a primeira persona fotografiar e descubrir a estructura de dobre hélice do ADN, mérito que no momento, foi recoñecido aos seus colegas de laboratorio homes.
MARGHERITA HACK (12 de Muño de 1922 - 29 de xuño de 2013) Margherita foi unha astrofísica que estudaría as propiedades das estrelas e dos planetas. Ademais foi unha importante divulgadora científica: ía polas vilas e as cidades contando os últimos descubrimentos espaciais e animaba á xente que observase a súa contorna e que deixasen fluir a súa creatividade. Foi unha muller tan importante que ata existe un asteroide co seu nome.
MARÍA MONTESSORI (31 de agosto de 1870 - 6 de maio de 1952) María foi unha doutora que traballaba con nenos e nenas. Ademais, era educadora e, en vez de usar métodos tradicionais de ensinanza, considerou que sería mellor observar aos nenos e ás nenas para entender como aprendían e que cousas lles interesaban. Creou unha escola con mobiliario adaptado ás necesidades do alumnado (de tamaño infantil) e xoguetes que alentaran aos cativos a aprender de forma autosuficiente.
WANG ZHENYI (alrededor do 1768 - alrededor do 1797) Wang foi unha científica á que lle encantaba estudar toda clase de cousas, pero especialmente a astronomía: a ciencia das estrelas e os astros. Na súa época a xente pensaba que os eclipses lunares eran sinais dos deuses e Wang Zhenyi fixo un experimento para demostrar que estaban equivocados: nun pabellón puxo unha mesa redonda (a Terra), do teito colgou unha lámpada (o Sol) e nun lado colocou un espello redondo (a Lúa). A continuación, moveu os obxectos ata que estiveron aliñados. Foi así como demostrou que os eclipses se producen por unha aliñación da Terra co Sol e a Lúa.
ANN MAKOSINSKI (3 de outubro de 1997) Ann Makosinski tiña unha amiga que non podía estudar na súa casa cando anoitecía porque non había luz. Un día, esta nena chamou a Ann e contoulle o seu problema. Foi entón cando se lle ocorreu inventar unha linterna que cargue coa calor que emite o corpo. Aos seus 15 anos construiu o súa "linterna oca": a primeira linterna que non precisaba pilas ou enerxía elétrica para funcionar. Hoxe en día, considérase unha das inventoras máis prometedoras do noso tempo.
MARÍA REICHE (15 de maio de 1903 - 8 de xuño de 1998) María Reiche era unha arqueóloga: unha persoa que estuda os restos históricos. A María apasionábanlle as liñas de Nazca: unhas liñas grabadas no medio dun deserto cuxa orixe se descoñece. Ela sobrevoou en avións e helicópteros durante anos para poder facer un mapa de todas elas. Mentres as estudaba, descubriu unha cousa sorprendente: non eran trazos ao azar, senón que as liñas formaban debuxos (un colibrí, figuras xeométricas, unha araña...). Reiche pasou toda a súa vida estudando estes misteriosos grabados, procurando descifrar que significan.