Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

MARIE CURIE (7 de novembro de 1867 - 4 de xullo de 1934)


Marie Curie foi unha científica coñecida por traballar a radioactividade (unha propriedade física que permite facer radiografíase ver os ósos do corpo) e o elemento químico radio.

Foi a primeira muller en gañar o Premio Nobel de Física e o de Química.




ADA LOVELACE (10 de decembro de 1815 - 27 de novembro de 1852)


Ada foi unha matemática coñecida por ser a inventora do primeiro programa informático da historia (tamén chamado o primeiro algoritmo matemático).

Considérase unha visionaria ao, en pleno século XIX, poder imaxinar unha máquina que, a través de cálculos matemáticos, puidese tocar música ou mostrar letras e números: o que hoxe en día coñecemos coma ordenador.




ROSALIND FRANKLIN (25 de xullo de 1920 - 16 de abril de 1958)

Rosalind foi unha química que estudaba o ADN: unha molécula que é a encargada de transmitir a información xenética, é dicir, unha especie de código que teñen os seres vivos para poder realizar as funcións vitais e que lles permite ser como son.

Franklin foi a primeira persona fotografiar e descubrir a estructura de dobre hélice do ADN, mérito que no momento, foi recoñecido aos seus colegas de laboratorio homes.



MARGHERITA HACK (12 de Muño de 1922 - 29 de xuño de 2013)


Margherita foi unha astrofísica que estudaría as propiedades das estrelas e dos planetas. Ademais foi unha importante divulgadora científica: ía polas vilas e as cidades contando os últimos descubrimentos espaciais e animaba á xente que observase a súa contorna e que deixasen fluir a súa creatividade.

Foi unha muller tan importante que ata existe un asteroide co seu nome.




MARÍA MONTESSORI (31 de agosto de 1870 - 6 de maio de 1952)


María foi unha doutora que traballaba con nenos e nenas. Ademais, era educadora e, en vez de usar métodos tradicionais de ensinanza, considerou que sería mellor observar aos nenos e ás nenas para entender como aprendían e que cousas lles interesaban.

Creou unha escola con mobiliario adaptado ás necesidades do alumnado (de tamaño infantil) e xoguetes que alentaran aos cativos a aprender de forma autosuficiente.



WANG ZHENYI (alrededor do 1768 - alrededor do 1797)


Wang foi unha científica á que lle encantaba estudar toda clase de cousas, pero especialmente a astronomía: a ciencia das estrelas e os astros.

Na súa época a xente pensaba que os eclipses lunares eran sinais dos deuses e Wang Zhenyi fixo un experimento para demostrar que estaban equivocados: nun pabellón puxo unha mesa redonda (a Terra), do teito colgou unha lámpada (o Sol) e nun lado colocou un espello redondo (a Lúa). A continuación, moveu os obxectos ata que estiveron aliñados. Foi así como demostrou que os eclipses se producen por unha aliñación da Terra co Sol e a Lúa.


ANN MAKOSINSKI (3 de outubro de 1997)


Ann Makosinski tiña unha amiga que non podía estudar na súa casa cando anoitecía porque non había luz. Un día, esta nena chamou a Ann e contoulle o seu problema. Foi entón cando se lle ocorreu inventar unha linterna que cargue coa calor que emite o corpo. Aos seus 15 anos construiu o súa "linterna oca": a primeira linterna que non precisaba pilas ou enerxía elétrica para funcionar.

Hoxe en día, considérase unha das inventoras máis prometedoras do noso tempo.



MARÍA REICHE (15 de maio de 1903 - 8 de xuño de 1998)


María Reiche era unha arqueóloga: unha persoa que estuda os restos históricos.

A María apasionábanlle as liñas de Nazca: unhas liñas grabadas no medio dun deserto cuxa orixe se descoñece. Ela sobrevoou en avións e helicópteros durante anos para poder facer un mapa de todas elas. Mentres as estudaba, descubriu unha cousa sorprendente: non eran trazos ao azar, senón que as liñas formaban debuxos (un colibrí, figuras xeométricas, unha araña...).

Reiche pasou toda a súa vida estudando estes misteriosos grabados, procurando descifrar que significan.