Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Curso 2022-2023

Presentación da vosa escola

CEIP JOSEFA ALONSO

Ubicación

10

Propostas de mellora

A ANPA Lameira

Seccións bilingües

Recursos materiais

D. Orientación

Datas significativas

Labores de Titoría

Recursos

Liña metodolóxica

ÍNDICE

Ubicación

O CEIP Josefa Alonso está situado na parroquia de Matamá, nunha contorna natural que permite o goce do contacto coa natureza nunha ubicación próxima ao centro da cidade.

Liña metodolóxica

Este centro opta por unha LIÑA METODOLÓXICA INNOVADORA, introducindo paulatinamente dinámicas favorecedoras da manipulación e a formación competencial do noso alumnado a través de 4 eixos fundamentais: - O MOVEMENTO como ferramenta fundamental para o desenvolvemento integral do noso alumnado. Coas sesións diarias de psicomotricidade ao inicio de cada xornada escolar procúrase a estimulación das conexións neuronais, o coñecemento de sí mesmo e da contorna e as relacións cos demais. - CONTEXTOS DE APRENDIZAXE. O noso centro propón unha dinámica de aula baseada en contextos (comunicativo-lingüístico, lóxico-matemático e científico-social) que favorezan a posta en práctica dos contidos conceptuais a través de tarefas experienciais e reais con trascendencia social para o noso alumnado, empregando dinámicas e estruturas propias da aprendizaxe cooperativa e baseadas na manipulación directa por parte do alumnado. - FORMACIÓN CONTINUA DO EQUIPO DOCENTE a través de Programas de Formación Para o Profesorado, Seminarios, ponencias, cursos e obradoiros co obxectivo de mellorar a práctica docente (ensinanza virtual, ACCA, DUA, desenvovemento afectivo-sexual, atención á diversidade, inclusión...) - CONVIVENCIA ESCOLAR POSITIVA. O noso centro valora as achegas de todos os membros da comunidade educativa, por este motivo traballamos xuntos/as a través das comisións de Asesoramento ao alumnado, Asesoramento ao Profesorado, Encontros regulares entre Familia-Escola e a nosa Escola de Familias "Lameira".

Recursos

O principal recurso para a obtención de experiencias que favorezan unha aprendizaxe activa e significativa é a actividade conxunta de toda a Comunidade Educativa. Por outra banda consideramos que o maior recurso do que dispoñemos é o noso EQUIPO DOCENTE, que ten presente cada día a mellora da súa práctica e que traballa de xeito coordinado aprendendo continuamente do seu grupo de iguais, de xeito similar ao seu alumnado. Ademais dispoñemos dos recursos propios dun centro destas características: biblioteca, aula de idiomas, aula de música, recursos tics en todas as aulas e ximnasio. Destacan a nosa aula de cociña e a horta escolar (dentro do programa hortas escolares do noso Concello) que son referencia no traballo cooperativo e competencial do alumnado. Na actualidade o centro ten varias fiestras onde amosa a súa dinámica: A páxina web e a aula virtual.

Datas significativas

Preservar a cultura galega e as nosas tradicións ten un lugar prioritario no desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe do colexio Josefa Alonso de Alonso. É por isto que todo o noso alumnado participa, da man dos seus docentes, de forma activa na celebración de festas, conmemoracións e outras datas de interese cultural relacionadas coa comunidade galega: Samaín, Magosto cos nosos Maiores, Día de Rosalía, Letras Galegas, Maios, Cortalumes, Semana Cultural, Concursos de Ortografía Intercentros... O equipo de dinamización da lingua promove un amplo abano de actividades encamiñadas nesta dirección, na que cada vez participan máis activamente as familias. O principal obxectivo destas datas é concienciar a toda a Comunidade Educativa da necesidade de traballar xuntos para respectar a contorna, os seus costumes e a súa riqueza.

Preparando a tarefa solidaria do día da PAZ

Obradoiros na cociña

Labores de Titoría

A figura principal de acompañamento e asesoramento ao noso alumnado son as súas titoras. Estas son as que traballan de xeito continuado facendo do seu grupo de alumnos e alumnas os seus nenos ou nenas. A través desta figura desenvólvense a retroalimentación cara ás familias no horario establecido polo centro: martes pola tarde de 16:00-17:00H. Tamén se desenvolve a comunicación a través da mensaxería de abalar móbil ou da axenda que o centro educativo proporciona ao seu alumnado.Os especialistas de música, lingua estranxeira, educación física e relixión (no caso de elexir esta materia optativa) desenvolven as súas áreas dentro dos diferentes grupos e traballan de maneira conxunta coa titora e o resto do equipo docente para satisfacer as necesidades que poidan xurdir no desenvolvemento do proceso de ensinanza-aprendizaxe da cativada.

D. Orientación

O departamento de orientación está constituído pola orientadora compartida (luns e martes no Ceip Josefa Alonso) e as mestras especialistas en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe (tamén compartida e presente no centro o luns, mércores e venres) que traballan de forma conxunta co resto de docentes e nunha doble vertente: atender ás necesidades específicas das nenas e nenos que precisan apoio e orientar ás familias en aspectos relacionados coa educación dos seus fillos e fillas. Para este obxectivo o noso DO traballa dun xeito interprofesional cos Equipo Específicos, e Profesionais do ámbito clínico, garantindo unha intervención dende unha perspectiva multidisciplinar. Os informes que recollen a evolución académica de alumnas e alumnos entréganse persoalmente nunha data concreta sinalada para ese fin ao remate de cada trimestre, o que favorece a relación entre familias e escola. Na etapa de Educación Infantil a mestra especialista en AL (audición e linguaxe) imparte obradoiros para a estimulación da linguaxe oral.

Seccións bilingües e recursos espaciais e materiais.

RECURSOS ESPACIAIS E MATERIAIS · Biblioteca con dotación para infantil, primaria, docentes e familias. · Salón de actos con escenario para representacións teatrais. · Aula de Pedagoxía Terapéutica. : Aula de Audición e Linguaxe. · Aula de Idiomas. · Aula de Educación Artística e Musical. . Aula de cociña. . Ascensor e rampas de acceso. · Patio específico para Educación Infantil. · Pistas deportivas. · 2.000 m2 de xardín. . Horta escolar.

En primeiro, segundo e terceiro curso de Educación Primaria impártese a Educación Plástica en lingua inglesa. Estes últimos cursos escolares tamén solicitamos a figura de auxiliar de conversa en EP.

Recursos materiais

Aulas

Comedor

Pista polideportiva

Patio superior

Biblioteca

Ximnasio

A ANPA Lameira

10

Propostas de mellora

Na actualidade o centro atópase traballando na unificación de criterios pedagóxicos e didácticos, a través da súa Comisión de Coordinación Pedagóxica, para desenvolver un Proxecto Educativo común e baseado na innovación educativa que dea resposta ás necesidades do alumnado na sociedade actual tendo en conta as características de toda a nosa comunidade educativa para un fin común: Acadar maior calidade da educación que recibe o alumnado do centro mediante unha mellora do proceso de ensino-aprendizaxe, que abranga a todos os ámbitos do mesmo e a todos os membros da comunidade educativa; e desta forma, facilitar o desenvolvemento integral dos nosos alumnos e alumnas.

HorarioEntrada: 08:50 hSaída: 13:50 HServizos fóra do horario lectivo:Comedor e autobús (autobús soamente na parroquia de Matamá)Contacto:ceip.josefa.alonso@edu.xunta.galTeléfono: 886120246

Horario e contacto co teu centro