Want to make creations as awesome as this one?

unha reflexión sobre os refuxiados

Transcript

DIA DA PAZ 2021

Preme na imaxe

Sabiades que...?

O proceso migratorio está a miúdo vencellado coa degradación das condicións medioambientais locais: secas, inundacións, perda de ecosistemas, contaminación dos sistemas hidrolóxicos....os riscos de desprazamentos obrigados por desastres naturais duplicarónse nos últimos anos

fronteiras de papel

Fátimah e a súa familia emprenden unha viaxe alén do mar, que os leva a descubrir que as fronteiras máis difíciles de sortear poden estar feitas de algo tan fráxil como o papel.Preme na imaxe para coñecer esta historia.

Este pequeno poema é unha longa viaxe polos sentimentos das persoas que teñen que abandoar as súas familias e territorios na busca dun lugar onde vivir unha vida mellor. E ti...Qué levarías na túa maleta ?

Sen fronteiras en Chans:

PAPIROFLEXIA

Unha curtametraxe que nos conta como Fred, un home experto en origamis decide cambiar o mundo coas súas mans: o mundo é como o papel

ASUMIMOS RESPONSABILIDADES

O que podemos facer para visibilizar esta crise mundial na escola de Chans é encher a "árbore dos soños de madeira" con figuras de origami: Unha por clase (barcos, avións, animais...) feitas con papel de periódico, folios usados....Tendes libros de papiroflexia no expositor.

Todos e todas temos dereito a saber o que é sentir, vivir e compartir a paz todos os días do ano e todos os días da nosa vida.

Equipo de Bibliochans 2021

Unid.Didácticapáxina 6

Imos a procura dun soño...

Preme aqui para a letra da canción

"Todos somos capitáns". Linguaxe de signos (retrouso principalmente)

contos sen fadas

A viaxe de Mustafá e outras historias

Non todos os contos son de fadas nen teñen un final feliz. Unicef está a difundir tres curtas animadas que narran dramáticas historias de nenos/as refuxiados/as que se ven obrigados abandoar as súas casas.

Podes consultar outros recursos premendo no "máis":máis implicaciónmáis solidariedademáis igualdademáis responsabilidademáis PAZ .