Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Escolas Católicas de Galicia

A. Hermáns2020

COMEZAR

Compañía de María - Ferrol

O ENTROIDO EN GALICIA

RECURSOS

GASTRONOMÍA

PERSONAXES

ENTROIDOS

ORIXE

TRADICIÓN

O ENTROIDO EN GALICIA

Entroido é por definición a festa máis subversiva do ano. Unha festa na que os costumes se relaxan, os roles se inverten e un pode rir de todo. O Entroido galego (tamén chamado Antroido ou Introido, entre outras denominacións), é ademais unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. E hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades xa se perderon e outros estean en proceso de recuperación.Non hai que esquecer que Galicia foi unha das poucas rexións de España que continuou celebrando o carnaval a pesar da prohibición. Hoxe a importancia doEntroido é tal que sete entroidos galegos exhiben con orgullo a cualificaciónoficial de “Festa de Interese Turístico”. Unha celebración por todo o alto á que calquera se pode unir, iso si, sempre que vaias disfrazado se non querer acabar cheo de fariña e de formigas.

TRADICIÓN

O ENTROIDO EN GALICIA

Tal e como o coñecemos hoxe en día, o entroido ou carnaval galego é unha tradición de orixe de países cristiáns. Foi a Igrexa a que atribuíu esta tradición lúdica o seu nome de carnevale ou carnavale e que facía referencia a época durante a que o pobo podía disfrutar dunha dieta rica en carne antes de comezar un período de 40 días de abstinencia, coñecido polos católicos como coresma.O nome de antroido ven do término latino introitus, momento de introdución á misa que, podería aplicarse neste ámbito da festa,como o período anterior a coresma. No século XVIII xa hai documentos que recollen a celebración do entroido en varios municipios galegos, sendo Ourense unha das provincias que amosa maior paixón e amor polo entroido. Durante a ditadura estivo prohibido pero, en Galicia, se seguíu celebrando de forma diferente nos pobos e nas vilas. Nos pobos conservando o carácter máis primitivo desta festa e nas cidades e vilas como bailes de disfraces nas sociedades veciñais.

ORIXE

O ENTROIDO EN GALICIA

Un é Festa de Interese Turístico Internacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas). Outro é Festa de Interese Turístico Nacional: o Entroido de Verín (cos cigarróns).Sete delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: o Entroido de Cobres (coas damas e os galáns), o Entroido de Laza (cos seus peliqueiros), o Entroido de Viana do Bolo (no que o personaxe central é o boteiro e que comparte protagonismo coa promoción do produto gastronómico da androlla), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras), os Xenerais do Ulla, o Entroido de Maceda (cos felos) e o Entroido de Vilariño de Conso (co boteiro coma personaxe estelar).

ENTROIDOS

O ENTROIDO EN GALICIA

Laza

PELIQUEIRO

Maceda

FELO

Entroido do Ulla

XENERAIS

Manzaneda

MÁZCARAS

Cobres

MADAMAS E GALÁNS

Varios lugares

FOLIÓNS

Viana do Bolo

BOTEIRO

Verín

CIGARRÓN

Xinzo de Limia

PANTALLAS

Os personaxes máis salientables do Entroido en Galicia son os seguintes

PERSONAXES

O ENTROIDO EN GALICIA

Viana do Bolo

Lastedo

FESTA DA ANDROLLA

FESTA DA FILLOA

Lalín

FEIRA DO COCIDO

Larpeiradas varias

Cuntis

LACÓN CON GRELOS

SOBREMESAS

O Barco de Valdeorras

FESTA DO BOTELO

Se a boa mesa é un dos sinais de identidade de Galicia, o Entroido non o é menos. Por iso cando se unen, Entroido e gastronomía forman unha parella irresistible que dá as mellores festas do ano. A cociña tradicional do Entroido galego xira en torno aos atractivos do porco. Despois da matanza en novembro e dun par de meses de curación, as chacinas alcanzan o seu punto óptimo coincidindo co Entroido.Para os máis larpeiros, o Entroido sabe a gloria. Un non sabe por onde comezar: filloas doces ou salgadas, soas ou cun toque de mel, chocolate, castañas... Tamén, orellas, flores, bica... E imprescindibles, uns bos groliños de xastré e de licor café. Que non falte nada! En Galicia a abundancia é unha norma de cortesía.

GASTRONOMÍA

O ENTROIDO EN GALICIA

  • Cantigas de Entroido
  • Cantigas de Entroido
  • Cantigas de Entroido
  • Actividades: Os Bolechas
  • Actividades: Os Bolechas
  • Varias: Os Bolechas
  • U.D: As Regueifas
  • Bica branca de Laza
  • Cocido Galego
  • Facendo orellas
  • Facendo freixós

RECEITAS

  • Conferencia de X.R. Mariño Ferro.
  • Vídeo: Os boteiros
  • U.D: O Entroido
  • Xogo: Do Entroido
  • Xogo: A correr o Entroido
  • U.D: O Entroido
  • Documentais: O sons do Entroido
  • U.D: Os Xenrais do Ulla
  • Caza do Tesouro: O Entroido
  • Vídeo: Alma de Peliqueiro
  • Brincaletras do Entroido

SECUNDARIA

PRIMARIA

INFANTIL

  • Os Bolechas: "O Entroido"

Aquí vos deixamos material para que traballedes e disfrutes co Entroido.

RECURSOS

O ENTROIDO EN GALICIA

ROSQUILLAS

BICA BRANCA

FLORES

TORRADAS

ORELLAS

FREIXÓS

Todo o mundo coñece que é durante a época do Entroido cando os produtos da matanza están no seu tempo para ser comidos despois de pasar uns meses curando ao frío. Cocido, lacón con grelos, androlla ou botelo son as estrelas gastronómicas deste tempo pero non debemos menosprezar o que ven despois. Unha variedade de sobremesas que, de seguro, fará as delicias dos maiores e tamén dos máis pequenos.

SOBREMESAS

O ENTROIDO EN GALICIA

Pinto d´Herbón e Luís "O Caruncho"

REGUEIFAS

A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema determinado. Ademais, ten a característica de que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares.

AS REGUEIFAS

Isabel Fdez. Reviriego

É TEMPO DE ENTROIDO

Antonio Luz

En Galicia non hai festa se non hai música e o Entroido non vai ser menos.

ENTROIDO

CANTIGAS DE ENTROIDO

O ENTROIDO EN GALICIA