Want to make creations as awesome as this one?

Proposta de producción de un video para celebrar o entroido

Transcript

Entroido científico

2022

Disfrázate dun ou dunha científica e participa nun video de fotos para festexar o entroido. Tamén podes participar como operador de cámara e guionista.Máis información: Departamentos de física e química, bioloxía e Clube de Ciencias .DIRIXIDO A ALUMNADO E PROFESORADO DE 1º e 2º da ESO

Rol 1: Actriz ou actor/ creativo

-Busca unha científica ou científico interesante do que che resulte doado disfrazarte .- Busca un compañeiro ou compañeira guionista :ROL 2 que che prepare un ou dous carteis coa información máis relevante da biografía e do traballo de esa científica e científico.Os carteis deben estar traballados e orixinais con decoración relacionada coa actividade científica elexida

1- Escolle un dos roles e forma un equipo

Rol 2: Biógrafo / operador de cámara

- O teu traballo consiste en buscar a localización que mellor se axuste a personaxe . (Biblioteca, laboratorio , no campo ...) Ademáis ocuparaste de ambientar a escena e logo de sacar fotos a actriz ou actor disfrazado de cientific@s. Ademáis xunto co resto do equipo buscaredes obxetos ou faredes debuxos na pizarra ou introduciredes outros elementos relacionados co campo de estudio que axuden a conseguir unhas boas fotografía relacionadas coa ciencia e época da científic@ seleccionado

Producto a entregar

Por cada equipo debedes entregar unha ou dúas fotos da actriz ou actor científic@ e de dous a tres fotos dos carteis coa biografía ( so información máis relevante , esquemática) , na última das follas incluide os nomes dos participantes. As entregas serán via correo electrónico en luciatebreamo@gmail.com.Non esquezades de escribir no correo o asunto:ENTROIDO CIENTÍFICO e os nomes dos participantes do voso equipo 1-Actor/Actriz: nome ou nomes , 2-Biógraf@: Nome (incluide o curso)

2- INSCRIPCIÓN E ENTREGAS

Data límite de inscripción: Venres 11 de febreiro 2022Data de entrega final: Xoves 24 de febreiro 2022

3- ENTREGAS e Retribución académica

Dirección e producción: Clube de ciencias

Retribución: Tratase de unha actividade extraescolar co obxetivo de dar a coñecer científicas e científicos, visibililzar o papel da muller na ciencia e conmemorar o entroido. Como a divulgación de información sobre científicas e científicos e o seu traballo contribúe na adquisición de todas as competencias básicas en especial as de CMCCT, CAA, CSC e CD ; a participación nesta actividade puntuará como un traballo máis na materia de física e química e bioloxía na segunda avaliación facendo media cos traballos propios da materia . A puntuación será asignada mediante unha rúbrica. Pola participación entregarase algún agasallo.

Propostas

Jane Goodal- PrimatólogaEinstein- Físico relativistaHipatia- Matemática , AstrónomaHedy Lammar-Actriz e inventoraRachel Carson-Bióloga mariña e conservacionistaCopérnico - AstrónomoJoseph Thomson- FísicoMargarita Salas- BioquímicaCal é a tua proposta?... Aceptas o reto?...Non te poñas límites e participa !