Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

empezar

VOZ NATURA CEIP RAQUEL CAMACHO

Compostaxe no cole

Segundo o Dicionario da RAG, o compost é o produto resultante da descomposición biolóxica controlada de materias orgánicas e minerais, que se usa como fertilizante.

Sabes que é o compost?

  • No canto de tiralos ao lixo, no cole aproveitamos os restos orgánicos do horto, do xardín e das merendas para fabricar o noso propio compost.
  • Mediante un proceso de descomposición, chamado compostaxe, estes restos transfórmanse en abono orgánico, que empregaremos para mellorar a terra do noso horto e xardín.
  • É algo así coma preparar o alimento das nosas plantas!

+info

O composteiro é o colector no que se introducen os residuos orgánicos para facer a compostaxe.

A súa función é a de manter as condicións adecuadas de temperatura e humidade para a elaboración de compost, evitando ademais a entrada de pequenos animais (como roedores) que poden alterar o proceso.

Que é un composteiro?

  • Excrementos de cans e gatos.
  • Cabichas de cigarros.
  • Cueiros.
  • Revistas ilustradas.
  • Restos de aspiradora
  • Tecidos sintéticos
  • Materiais non orgánicos (plásticos, vidros, metais, gomas...)

SI PODEMOS COMPOSTAR

NON PODEMOS COMPOSTAR

Que se pode compostar?

  • Restos de xardín (restos de plantas, follas, froitos, flores, herbas)
  • Restos da poda
  • Céspede
  • Restos, mondas e cascas de froita, verduras e hortalizas sen cociñar, pousos do café ou infusións, cascas de ovo machucadas.

Aos 6-8 meses desde o inicio do proceso, pode comezarse a extraer compost do fondo do composteiro.

2.- Maduración

1.- Descomposición e degradación

  • Ao principio actúan bacterias e fungos que, na súa actividade, xeran calor. A subida da temperatura acaba con calquera organismo patóxeno presente e fai que as sementes presentes nos restos se esterilicen.

Que ocorre no composteiro?

  • Nesta segunda fase actúan bacterias mesófilas a unha temperatura duns 20- 30ºC. Aquí multiplícanse pequenos animais como vermes e insectos que se nutren dos microorganismos, restos vexetais e diversos invertebrados, contribuíndo así á formación do compost maduro.
  • Empregalo como abono, no momento da plantación mesturado coa terra.
  • Como fertilizante para plantas e arbustos.
  • Como abono nas macetas.
  • Para estimular a xerminación nos sementeiros.
  • Etc.

+info

Que se pode facer co compost?

+ ler conto

conto

Rufo, Pedro e Coco, son uns simpáticos microorganismos que viven baixo a terra, onde invisten o seu tempo comendo restos orgánicos que logo converten nun slime máxico que se chama compost.

Un conto sobre compostaxe