More creations to inspire you
Transcript
Jose M. Jiménez Guardeño. Investigador no Departamento de Enfermidades Infecciosas, King´s College London.
EMPEZAR
As vacinas non serven porque o virus muta.
Os virus mutan porque evolucionan. No caso de que o virus modifique algunha parte da súa secuencia, non supón un cambio notable para que o noso organismo o detecte como un serotipo diferente. No momento en que se modifique o virus de xeito notable, habería que actualizar as vacinas.
A variante de Reino Unido chegou porque foron os primeiros en vacinarse.
Falso. Reino Unido comezou coa vacinación o 8 de decembro, a variante do COVID-19 estaba circulando desde setembro.
Se poñemos a vacina, podemos ir sen máscara.
Falso. A inmunización dase en dúas doses. É preciso completar ambas para ter unha inmunización máis completa. Pero a resposta celular inda tarda un tempo en darse. Este tempo varía entre poboacións.
Para que imos vacinarnos se podemos seguir contaxiando?
Non sabemos se a vacina protexe a infección, pero si sabemos que evita as formas máis graves de COVID-19. Evitar os síntomas máis graves evita que o sistema sanitario colapse.
Se nos poñemos a vacina, podemos contaxiarnos do COVID-19.
Falso. A vacina usa certos xenes ou proteínas do virus para xerar unha resposta inmunitaria.
As vacinas non serven, hai xente vacinada que se contaxia.
Falso. Coa primeira dose obtense unha protección do 52,4%, coa segunda un 95%. O teu corpo precisa duns días para xerar a resposta inmunitaria, non é momentánea. As persoas poden infectarse nese intervalo temporal.
Coa vacina podemos quedar estériles.
Falso. Ata o momento non existen evidencias.
Non teño que vacinarme porque xa pasei a COVID- 19.
Falso. Os diferentes grupos de investigación non teñen datos abondo para responder canto tempo dura a protección dos anticorpos xerados despois de pasar a enfermidade.
Se as máscaras e o distanciamento son eficaces... Para que vacinarnos?
As medidas de protección son indispensables para diminuír os contaxios, pero non son infalibles. O obxectivo da vacinación é a inmunidade do grupo que nos permita regresar á normalidade.
886 11 07 38
cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal
Horario Secretaria : 10:00 a 12:00.
GRAZAS, POLA TÚA ATENCIÓN!