XELA ARIAS
CEIP OTERO PEDRAYO
A LARACHA (A CORUÑA)
CEIP CIDADE VELLA
A CORUÑA
CEIP W. FERNÁNDEZ FLÓREZ
CAMBRE (A CORUÑA)
CEIP PLURILINGÜE DE BRAGADE
OZA-CESURAS ( A CORUÑA)
CEIP SOFÍA CASANOVA
VILABOA-CULLEREDO (A CORUÑA)
CEIP MILLADOIRO
MALPICA (A CORUÑA)
CEIP JUAN FDEZ. LATORRE
A CORUÑA
CEIP JUAN REY
LOURENZÁ ( Lugo)
CEIP RAMÓN DE LA SAGRA
A CORUÑA
CEIP PLURILINGÜE M. MURGUÍA
FEÁNS - A CORUÑA
CEIP PLURILINGÜE SAN PEDRO DE VISMA
A CORUÑA
CEIP ADR CASTELAO
ORDES (A CORUÑA)
CEIP EMILIA PARDO BAZÁN
A CORUÑA
BIOGRAFÍA
xela arias
día das letras galegas 2021
comEZAMOS?
Cada ano a Real Academia Galega dedica o Día das Letras, o 17 de maio , a unha persoa que defendera o noso idioma e a
nosa cultura.
Este ano 2021 a persoa
homenaxeada é Xela Arias .
Queres coñecer algo da súa vida e da súa obra?
O 17 DE MAIO
CANDO CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?
O 17 DE MAIO
O 25 DE XULLO
O 6 DE OUTUBRO
PREGUNTA 1
O Día das Letras Galegas celebrámolo
o 17 de maio.
CORRECTO!
SEGUINTE
CAL É O NOME DA PERSOA HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2021?
MARÍA MARIÑO
XELA ARIAS
LUÍS PIMENTEL
PREGUNTA 2
A persoa homenaxeada no Día das Letras 2021 é Xela Arias.
CORRECTO!
SEGUINTE
Xela Arias naceu o 4 de marzo de 1962 na Granxa de Barreiros, en Sarria (Lugo), onde seu pai era mestre.
Era a primeira filla de
Valentín e Amparo.
Foi inscrita no Rexistro
como María de los Ángeles.
Todos lle chamaban Xela.
OS PAIS
EN QUE MES NACEU XELA ARIAS?
EN XANEIRO
EN MARZO
EN XULLO
PREGUNTA 3
Xela Arias naceu no mes de marzo.
CORRECTO!
SEGUINTE
E EN QUE ANO NACEU XELA?
1954
2000
1962
PREGUNTA 4
Xela Arias naceu no ano 1962.
CORRECTO!
SEGUINTE
COMO SE CHAMABAN SEUS PAIS?
ANTÓN e UXÍA
VALENTÍN e AMPARO
ANXO e SABELA
PREGUNTA 5
Os pais de Xela chamábanse
Valentín e Amparo.
CORRECTO!
SEGUINTE
CON QUE NOME FOI INSCRITA XELA NO REXISTRO CIVIL ?
AMPARO HERMINIA
MARÍA CRISTINA
MARÍA DE LOS ÁNGELES
PREGUNTA 6
Xela foi inscrita no Rexistro Civil co nome de María de los Ángeles.
CORRECTO!
SEGUINTE
Xela fixo os estudos de infantil e 1º de primaria no colexio Fingoi en Lugo.
Rematou a primaria no CEIP
vigués de Sárdoma e o
bacharelato no IES Castelao,
tamén de Vigo, cidade na
que foi destinado como
mestre o seu pai.
OS ESTUDOS
EN QUE DOUS COLEXIOS ESTUDOU PRIMARIA ?
PREGUNTA 7
COLEXIO VALDEXERÍA E COLEXIO DE LOURO
COLEXIO DA LARACHA E COLEXIO DE FEÁNS
COLEXIO FINGOI E COLEXIO DE SÁRDOMA
CORRECTO!
Os estudos de primaria
realizounos no colexio
Fingoi, de Lugo e no vigués de Sárdoma.
SEGUINTE
QUE PROFESIÓN TIÑA VALENTÍN, O PAI DE XELA ?
PREGUNTA 8
DENTISTA
ALBANEL
MESTRE DE PRIMARIA
CORRECTO!
Valetín Arias, o pai de Xela, era mestre de primaria.
SEGUINTE
Cando tiña once anos gañou o Concurso de Contos Infantís O Facho, da Coruña.
O seu conto titulábase "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia".
Neste conto Xela narra as aventuras dunha rapaza a bordo dun coche: un "leopardo a reacción" e a súa relación cos animais das fragas que vai visitando.
O CONCURSO
QUEN ORGANIZABA O CONCURSO DE CONTOS INFANTÍS QUE GAÑOU XELA ?
PREGUNTA 9
PEDRÓN DE OURO, DE PADRÓN
ABRENTE, DE RIBADAVIA
O FACHO, DA CORUÑA
O Concurso de Contos
Infantís que gañou Xela organizouno a sociedade O Facho, da Coruña.
CORRECTO!
SEGUINTE
CAL É O TÍTULO DO CONTO CO QUE XELA GAÑOU O CONCURSO QUE ORGANIZABA O FACHO ?
PREGUNTA 10
A FRAGA DOS PAXAROS FALADORES E
A FRAGA LEOPARDICIA
A CASA DAS
ANDORIÑAS
TRISTES E OS CANS RABUDOS
O BOSQUE DOS ESQUÍOS CANTAREIROS
E AS RAS
ALGAREIRAS
O título do conto co que
Xela gañou o concurso é A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia.
CORRECTO!
SEGUINTE
CANTOS ANOS TIÑA XELA ARIAS CANDO GAÑOU O CONCURSO DE CONTOS INFANTÍS?
PREGUNTA 11
DEZAOITO ANOS
DEZ
ANOS
ONCE
ANOS
CORRECTO!
Xela tiña once anos cando gañou o Concurso de Contos Infantís O Facho.
SEGUINTE
POR CERTO... QUE É UNHA FRAGA?
PREGUNTA 12
TERREO CON MOITAS ALVARIZAS
TERREO CON ÁRBORES DE FOLLA CADUCA
TERREO CON LIBELIÑAS DE CORES
Unha fraga é un terreo
con árbores de folla caduca.
CORRECTO!
SEGUINTE
Ao rematar o bacharelato, e polos seus coñecementos do idioma galego, entrou a traballar en Edicións Xerais, primeiro de administrativa e despois no Departamento Comercial.
Foi correctora de estilo ademais de editora da colección Xerais Universitaria e Biblioteca de Autores Galegos.
EN XERAIS
EN QUE EDITORIAL TRABALLOU XELA?
PREGUNTA 13
Xela traballou en Edicións
Xerais de Galicia.
CORRECTO!
SEGUINTE
POR QUE ENTROU A TRABALLAR EN EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA?
PREGUNTA 14
PORQUE TIÑA BOA VISTA
PORQUE SABÍA CONDUCIR
PORQUE FALABA MOI BEN O GALEGO
Xela traballou en Edicións
Xerais porque falaba moi ben o galego.
CORRECTO!
SEGUINTE
Xela foi tamén profesora de secundaria, impartindo clases de Lingua Castelá e Literatura por varios centros galegos.
Escribiu poesía. A súa obra poética
está recollida, principalmente, en
Denuncia do equilibrio, Tigres coma
cabalos, Intempériome e Darío a
diario, dedicado ao seu fillo.
A POESÍA
DE QUE MATERIA DABA CLASE XELA NO INSTITUTO?
PREGUNTA 15
Xela daba clases de
Lingua Castelá e Literatura.
SEGUINTE
CORRECTO!
DE CAL DESTAS PUBLICACIÓNS É AUTORA XELA ARIAS?
PREGUNTA 16
Darío a diario é un libro de poemas que Xela dedicou ao seu fillo.
SEGUINTE
CORRECTO!
Este poema de Xela foi publicado en 1996.
UN POEMA
Todos os bebés son tu e ningún coma ti.
Todos os nenos son tu e ningún coma ti.
Todos os adolescentes son tu e ningún coma ti.
Todos os mozos son tu e ningún coma ti.
Todos os anciáns son tu e ningún coma ti.
Todas as nais son eu e todas, coma min, saben que es único.
A QUE LIBRO CRES QUE PERTENCE O POEMA QUE ACABAS DE LER?
PREGUNTA 17
Darío a diario
Denuncia do equilibrio
Tigres coma cabalos
Intempériome
Pois si, o poema pertence ao seu libro Darío a diario, dedicado ao seu fillo.
SEGUINTE
CORRECTO!
Outra faceta de Xela no mundo da literatura foron as traducións ao galego de obras en portugués, inglés, castelán, francés...
Pasou ao galego As bruxas, de Dalh;
Contos ao teléfono, de Rodari;
O gato Gaiado e a andoriña Señá...,
de Jorge Amado; Drácula,de Stoker...
TRADUCIÓNS
CAL DESTES LIBROS É O TRADUCIDO POR XELA?
PREGUNTA 18
Xela fixo a tradución de Contos ao teléfono. Foi o primeiro libro de Gianni Rodari traducido ao noso idioma.
SEGUINTE
CORRECTO!
LE ATENTAMENTE ESTE TEXTO DUNHA TRADUCIÓN QUE FIXO XELA ARIAS DO INGLÉS AO GALEGO
SEGUINTE
DO INGLÉS
Á noite seguinte, despois de bañarme, a
miña avoa levoume outra vez ao salón para
contarme outra historia.-Esta noite -dixo a vella- vouche contar como recoñecer a unha bruxa en canto a vexas.
-Pódese estar sempre seguro? -preguntei.
A QUE LIBRO PERTENCE O TEXTO ANTERIOR?
PREGUNTA 19
Contos ao teléfono
Drácula
As bruxas
O texto corresponde a libro de Roald Dahl As bruxas, traducido por Xela e Lidia Iglesias.
SEGUINTE
CORRECTO!
LE ESTE OUTRO TEXTO DUNHA TRADUCIÓN QUE FIXO XELA ARIAS DO PORTUGUÉS AO GALEGO
SEGUINTE
DO PORTUGUÉS
ando a primavera chegou vestida de luz de
colores e de alegría, arrecendente de perfumes
sutís, desabotoando as flores e vestindo as
árbores de roupaxes verdes, o Gato Gaiado
estalicou os brazos e abriu os ollos pardos, ollos
feos e malos. Feos e malos, na opinión xeral.
A QUE LIBRO PERTENCE O TEXTO ANTERIOR?
PREGUNTA 20
O texto traducido é do conto O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor, do portugués Jorge Amado.
CORRECTO!
SEGUINTE
LE ESTE OUTRO TEXTO DUNHA TRADUCIÓN QUE FIXO XELA ARIAS DO ITALIANO AO GALEGO
SEGUINTE
DO ITALIANO
-Era unha nena que se chamaba Carapuchiña Marela.
-Non, Vermella!
-Ah, si, Vermella. A súa nai chamouna e díxolle:
escoita Carapuchiña Verde...
-Que non, Vermella!
-Ah, si, Vermella. Vai cabo da tía Diomira levarlle esta para de pataca...
A QUE LIBRO PERTENCE O TEXTO ANTERIOR?
PREGUNTA 21
O texto anterior é do italiano Gianni Rodari e corresponde ao seu libro Contos ao teléfono, traducido ao galego por Xela Arias.
CORRECTO!
SEGUINTE
NON É CORRECTO!
INTENTÁMOLO OUTRA VEZ?
XA SABES MÁIS COUSAS DE XELA ARIAS!
DÁMOSLLE OUTRA VOLTA?