Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

BIBLIO ESTRELA

Érase una vez...

RECOMENDACIÓNS LECTORAS2020 2021

Prelectores e Primeiros Lectores

Unha colección de catro cadernos cunha proposta de 30 xogos cada un sobre un concepto básico, como as palabras e os números, ou sobre elementos achegados ao neno, como xoguetes ou os animais.

Doce ovos e, en cada un -todos de diferentes tamaños, cores e texturas- unha criatura a piques de nacer. Ao principio, o interior da casca é un lugar cómodo e seguro pero axiña o espazo vai minguando a medida que os animaliños medran. Ata que chega o emocionante momento de nacer! O pitiño, o parrulo, a tartaruga, o crocodilo? unha ducia de especies ovíparas -entre aves, mamíferos e réptiles- habitan neste libro no que é necesario prestarlles moita atención ás ilustracións. Nelas está a chave para comprender o sentido do texto, breve, sinxelo e enigmático.

Unha sorprendente e orixinal versión dos contos clásicos "Os sete cabritiños", "Caperuchiña Vermella" e "Os tres porquiños", narrada polos seus tres lobos protagonistas que queren vivir o Nadal como os outros veciños do barrio. A través das súas divertidas historias descubrirás que, en ocasións, as aparencias enganan e que non é tan fero o lobo como o pintan.

De súpeto, o bebé botouse a chorar. Óscar arrolouno, colleuno no colo… pero non acougaba. Cantoulle unha nana, paseouno pola casa… Non serviu para nada! Entón Óscar pensou: Este bebé ten fame… Buscou pola cociña, pero a neveira estaba baleira.

O vagalume xoga a ser unha estrela fugaz, a lesma fai un desexo ... e entón comeza a viaxe ao país dos pexegueiros, seguindo a estrela polar e na compañía das distintas fases da lúa. Un desexo convértese nunha viaxe, a viaxe convértese nun encontro e despois do encontro comeza o camiño cara ao norte, o lugar onde se fan os desexos. A viaxe, e non o destino final, é o que fará que os protagonistas desta historia enriquezan, maduren e descubran novos mundos, dentro e fóra deles mesmos. Unha historia para ver a través dos ollos máis pequenos, sobre a herba, entre as gotas de orballo.

Un álbum que desenvolve a imaxinación dos mais cativos. Orixinais ilustracións que con só tres tintas recrean un universo de cor.

O xabaril Timoteo ten un problema co aseo: aínda que se cre un galán, cheira como un marrán. Un día chega á casa a súa amiga Tomasa, quen, con graza e cariño, sinala o seu desaliño.Outros amigos axudan nesta tola aventura mentres o noso Timoteo vai de enleo en enleo.

Sobre o Proxecto

A través das páxinas deste libro, o pequeno lector poderá seguir e coñecer, de xeito divertido, que o Camiño de Santiago está formado por rutas incontables que constituíron ao longo da historia un lazo de unión entre os pobos europeos.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En Misión Camiño de Santiago os FORMIG4S investigan o estraño

Bo Camiño! é un libro ilustrado bilingüe que percorre o Camiño de Santiago, o Camiño Francés e narra unha historia de vida contada desde os ollos dun neno. Unha aventura real dunha familia que tras realizar o Camiño de Santiago co seu fillo de dous anos quixeron compartir esta experiencia nun proxecto coidado en todos os seus detalles. Bo Camiño! ademais do libro físico e ilustrado, inclúe unha plataforma audiovisual paralela ao libro que co concepto creado por Libros QR e o uso de dispositivos móbiles ou tables pódese gozar de contido multimedia como: - Audiolibro en español e inglés de toda a narración. - Vídeos de todo o Camiño de Santiago (Camiño Francés) ao seu paso por Navarra, A Rioxa, Castela e León ou Galicia. - Mapas interactivos do Camiño de Santiago - Fotos do percorrido - Contacontos que narran en formato visual as lendas do Camiño de Santiago en cada comunidade. - Timelapses - Entrevistas a peregrinos - Making Off do proxecto - Tomas falsas do proxecto - Vídeo xogos relacionados co Camiño.

Celestino emprende a súa viaxe feliz e lixeira, pero acaban enchéndolle a mochila de "por se acasos" cos que non pode cargar. Nesta historia acompañamos a un entrañable pingüín a facer o camiño de Santiago e con el imos seguindo o ritmo dos versos de Gracia Iglesias.

O protagonista deste libro pérdese no medio do bosque e na súa procura da saída atoparase aos máis variados personaxes da mitoloxía popular dos Camiños de Santiago, que son os verdadeiros protagonistas deste libro. Son fantásticos porque moitos aseguran velos ao longo dos séculos narrándonos as súas fazañas incribles. Son misteriosos e fuxidíos, por iso ninguén os conseguiu entrevistar nin fotografar pero, sobre todo, son moi divertidos e moi diferentes; asustadizos, loitadores, enredadores… variados como a rica tradición popular que nolos legou.

Lectores autónomos

Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Os Minimortos terán que empregar o seu enxeño para axudalo. Conseguirán que Catacrak regrese á vida?Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Os Minimortos terán que empregar o seu enxeño para axudalo. Conseguirán que Catacrak regrese á vida?

Elvira Ribeiro TobíoSe vés canda min heiche de amosar os segredos todos que atesoura o mar. Se segues o son destas rimas dondas sucaremos océanos e miraremos as ondas!

Por que o cangrexo camiña de lado? Por que os pingüinos non se conxelan? A estrela de mar é un peixe? Neste libro atoparás as respostas a estas e a outras moitas preguntas sobre a fauna mariña. Tamén poderás xogar a buscar e atopar nas imaxes algún que outro peixe especial. Descobre todo tipo de criaturas mariñas escurridizas, relucentes, fortes e asombrosas neste primeiro libro sobre o mar, e déixache sorprender polas curiosidades do mundo submarino.

Esta guía práctica proponche 50 misións para loitar contra o plástico e así poder cambiar o mundo. Unha forma fácil e práctica para acabar co plástico en casa, na escola e na contorna máis próxima.

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble. A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros.Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña