Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

S. Valentín 2021

O Amor en tempos de pandemia

ÍNDICE poemas

.

1. Homenaxe a Xela Arias

2. 2º Servizos administrativos3. 2º Cociña e restauración4. 2º ESO A

Desexamos que vos guste!

Se para algo está servindo este tempo de pandemiaé para apreciar os pequenos detalles, para valorar todo aquilo que tiñamos esquecido nun caixón, para expresar todo o que sentimos: medo, angustia, pánico, esperanza... E diso sabe moito a poesía que remove sentimentos e que nos permite que afloren desde o papel.O alumnado que participou neste traballo probou a expresar o seu mundo interior. Resultou unha actividade enriquecedora, creativa e motivadora. Estimularon a súa sensibilidade poética e fomentaron a creatividade literaria, o que lles permitiu coñecer as súas posibilidades expresivas.

Pero o esencial é que lles permitiu reflexionar sobre a importancia de sentirnos queridos e escoitados, sobre todo nos momentos difíciles. Polo que, tamén nós debemos dar mostras de afecto, en especial aos máis desfavorecidos e enfermos.Será a súa mellor menciña!

Hoxe estoume abandonando de ti amor estou fóra nas fgueiras cangadas e as augas das nubes pero non fun eu quen elexiu partir unha nave extraña que me roubou a túa man succionoume a decisión como parten meu amor os ramallos no río baixaban escaleiras de preguntas como a túa boca a miña boca se abrasan atordoando esta distancia que buscamosaínda non aíndanon podemos —ardercomo febles garabullos nos incendios

das selvas ascasas do mar como somosdous cabalos catro peixes e un longuísimo amieirotecendo debuxos polo vento movidoesas follaso zume destas venasé sangue de animal asasinado! como parten meu amor os paxaros cara lonxe! tal vez anduriñas nos tellados pousen hoxe a palabra que non digo pero como cravaron os veleiros arrastrados fuxindo a treboada como cravaron os nosos movementos secos —dun golpe— contra as paredes! deserción móbil? meu amor pois que te amo. (Xela Arias: Denuncia do equilibrio)

2º Servizos administrativos

Amor, estás preto de min! Es coma a miña segunda pel, rompiches os meus esquemas, coma quen rompe un cristal. Amo cada palmo do teu corpo e quero exploralo até que non quede nada, e facerte sorrir até que non poida máis. Alba Rivas Álvarez

Escóitame anana,non estou na miña mellor etapa...Sei que isto te mata...Pero verásque todo isto pronto se pasa.Despois todo melloraráe ao teu lado vou estar.Porque non quero que se repita...Porque es o meu día a día...A persoa que me mima...E lembra, o que desexespoderalo ter nas túas mans.Sei que non son a mellor persoa...Espero que sexa a que te namorapara poder ser mellor persoa.Estás no teu dereito de enfadarteporque sei que fun eu o culpable.O culpable que trata de namorarte

para non volver a ser un desastre.Quero que me ensines a querertecon cada soño e as túas virtudes...Cos teus olliños castañosque me namoran toda a vidapara ser o que te alegra o día. Areli Sordo Castro

No ángulo escuro do salónsilenciosa e cuberta de po,víase a arpa.Cantas notas dormen nas súas cordascoma paxaros dormen nas ramas,esperando a man de neveque saiba arrincalas.Cantas veces é o xenioque dorme no fondo da alma,unha voz, como Lázaro, que me di:"Levántate e anda!" Raúl Hernández Eiroá

Cando me dixeces que me querías por primeira vezdebín preguntarche: Por que?Por que o facías?Para que me querías?Se me tiveses dito que me queríaspara facerme tanto dano,teríame aforrado tanto sufrimento,tanto desengano.Pero, que deixei de amarte? Como?Se ao mirarte só vexo os momentos imborrablesque se me amorean de vez en candonunha mente incansable.E aínda que por un momento pensei que eras inaguantable polo dolor que causaches ao marchartesó en pensar no dano que me fixechestodo se volve imperdoable.

Porque en vez dos teus quérotes mequeirosdeberon ir uns sinceros e certeiros,non coma eses teus pasaxeiros.E aínda que sei que febreironon será o mesmo sen tidebín entender que quérome máis a min. Kenia López Ramos

Tan escura e vacía, fría!Baixo a luz da aurora, escoura!Pero a pesar do pranto, xorde o empano,o seu refuxio de calor ante tanto engano.A vapor quéimanse os teus pasos,deixando o seu rastro amargo.E na alta mar ocorre o milagre! Iria Donizete Paredes

Quen me dera poder estar aí,quen me dera estar ao seu ladiño,quen me dera escoitar o seu corazonciño!Se eu puidese, estariamos xuntiños,se non houbese esta pandemia mundial,iamos estar xenial!Quen me dera! Pedro Méndez Moure

2º cociña e restauración

En tempos de incertidume,días grises e coches fúnebres.Encerrados na casa cos nosos víveres,quizais mañá todo poida desaparecer.Vendo o acontecido,quizais sexa Licifer. José Ignacio Mena Pizarro

Quero quitarme a máscara e darlle mil bicos, pero iso pode facer que perda o meu último alento. A pesar de non vela, síntoa. Cando isto se acabe serei o home dos seus soños. Manuel Louzao Veloz.

Isto da pandemia moi duro pega, inténtoa mirar de arriba abaixo, pero coa cor dos seus ollos chega, as leis voume saltar porque non aguanto e voume acercar, o corazón mil latexos non me para de dar, ao a súa voz escoitar. Sentimentos ocultos a través dunha persoa, pero con isto da pandemia, teño que afastarme da súa zona. Se ao final isto se mellora, nunca vou deixala, se so final eu me namoro, sempre vou coidala.

Ver o teu corpo pasare non podelo tocar.Escoitar a túa boca falare non podela bicar.Non podo parar de pensarcanto tempo ha de pasarpara contigo poder paseare as estrelas contigo admirar.Es ti a que me inspirapara sobrevivir nesta triste vida,e que a pesar de todas as persoas perdidas,sempre consigas darme unha alegría.Son moitas as persoas afectadase moitas máis as que non poden ver a súa amada.Esa amada miña que cunha simple palabrasácame un sorriso moi meu e á vez déixame sen fala..

Non podela bicar,por medo aos meus familiares vaia contaxiar.Non podela abrazar,polas restricións que debemos acatar...Pero que eu non me poida acercar,non significa que a deixe de amar. Óscar Gutiérrez Taboada

Amor, amor a cegas,amor inesperado a pesar das máscaras.O teu rostro na escuridadeque ilumina os teus ollosque sembran amor a primeira vista.Todo pasará,volveremos a ser como eramoscos nosos familiares e amores,como o que naceu en min,meu amor! Adnan Itrih.

Todo empezou o 15 de marzocando os escenarios se baleiraron.Cando vai rematar isto?Foron moitos meses sen ver un sorrisoe sen escoitar o aplauso do público,sen ensaios diarios para cativar a xentesen bicos e apertas da familiae coa máscara e famoso distanciamento social.Cando vai rematar isto?Cando volveremos a sentir o aplauso do público?Cando se poderán encher os escenariosde música e alegría?Todo con paciencia. Alejandro Cao Arnaú

Na boca non te podo bicar porque a máscara non nos podemos quitar. Un abrazo non me podes dar porque non nos podemos tocar. Un día poderemos quedar, mais gardando a distancia social. Carla López Arestín

2º ESO A

Esto es un párrafo listo para contener creatividad, experiencias e historias geniales.

Quérote dunha forma tan especial que non me fai falla nin verte nin tocarte para que o meu cariño medre... Chégame con cerrar os meus ollos e saber que existes! Ainhara Campo Rancaño

Desde que comezou esta pandemia, non podo achegarme aos meus amigos, con medo á xente que teña algún síntoma, non quero contaxiar a miña familia. Na casa medio ano, sen papel no Mercadona, isto non é nada bo, odio esta pandemia. Christian Fontoura Fernández

O sol pode nubrarse para sempre, o mar pode secarse nun instante, o eixo da terra pode estar roto, como un cristal débil a pouco de explotar. Todo pasará! Que a morte poida cubrirme coa súa funeraria crepé... Pero nunca se poderá apagar en min a chama do teu amor. André Gabriel Bello Dos Santos Silva

Todo acabou aquel día en que un virus entrou na nosa vida.Non podo explicar nin o que sentía... A nosa libedarde xanon existía, e nada distanciaa túa presenza sentía. Os bicos e abrazos prohibían, un duro golpe na nosa vida. Atrás quedaba a nosa alegría, xa non podía verte cada día. O temor a perderte, o susto no corpo me metía. Quen puidese volver a aqueles días onde todo eran sorrisos e alegría!

Ainhoa López Franco

O amor que sinto por ti non o podo demostrar pero si que cho podo contar a pesar das circunstancias que impiden darche o meu cariño teño que estar a distancia, pero sempre contigo. As máscaras que temos que levar impídenme mirarche a túa fermosa cara, nin podo ver os teus beizos que antes me bicaban. Por todo isto é mellor expresalo con palabras, sen abrazos nin caricias, antes de perderte ou que veña a morte, quero poder verte. Antía Castro López

Agora que a clase volvemos podo dicirche “moitas grazas” por todos os consellos que nos demos, por estar nas boas e nas malas. Espero ser a túa amiga sempre e nunca chegar realmente a perderte, porque sempre estiveches para min e eu espero estar sempre para ti. María Ballesteros Colino

Rompendo os nosos lazos, o costume de bicarse ao verse ou esa aperta tan emotiva e vital cando moito prestaba terse. A pesar destas circunstancias, loitando conséguese o imposible. Mais o recordo destas emocións marcaranse en nós, inesquecibles.

Antes eramos felices, sen saber o que tiñamos. Só gozabamos da vida, desfrutando o pasado. E agora evitando a próxima humanidade, non podemos nin sequera vivir en sociedade. A quen non lle gustaba que o tocasen, dáse conta agora do estúpido que era, do moito que desaproveitou o pasado, do mala que é a ignorancia suprema. Mariña Balseiro Parga

Cando eu era pequeno vía a médicos coa máscara. A min parecíame cousa de cirurxía, algo incómoda tamén sería. Cando chegou o decembro do 19 aparecía un novo virus, moi contaxioso e perigoso, pero isto só empezou. Por febreiro os casos subían, o medo empezaba a xurdir na xente. E máis tarde, en marzo todo disparado, o virus causou o confinamento domiciliario. Estamos a febreiro do 21, e isto segue igual, cada vez peor e o final do túnel aínda non aluma. Alonso Fernández Llano

Lela, quérote moito, moito máis do que ti te pensas e sei que ti tamén me amas a min. Con isto do coronavirus,non podemos darnos un bico, unha aperta...Nada. Sei de sobra que tes moitas ganas de darme un bico ou unha aperta, e eu tamén teño moitas ganas, pero non o fago porque non quero que enfermes pola miña culpa. E é verdade que teño medo a que te vaias e non poder darche antes un último bico ou unha última aperta.

Pero teño fe en que isto logo pasará e cando pase ti seguirás aquí con nós para alegrarnos o día a todos coas túas historias e as túas ocorrencias. E non dubides en que cando todo isto pase serei a primeira persoa en ir darche todos os bicos e todas as apertas que non puiden darche antes. Lucía Calvo Trelles

Detrás destas máscaras o sorriso se agocha, e cando algo fai graza, non nos vemos as caras. Por iso esperemos que isto se acabe pronto, para poder dar bicos e destapar o sorriso. Temos que aguantar unidos a situación que vivimos, respectar as medidas e salvar os maiores. Cando isto remate imos celebralo, pero antes de que ocorra, hai que conseguilo. Darío Coto Flórez

Nestes días en que a alegría se esfuma durante todo día a túa presenza reducida queda,xa que na corentena soidade só queda. Pensando en tempos pasados todo o que desfrutamos xuntos os días enteiros pasamos Agora penso estar ao teu lado é o que desexo é o que amo

Non sei canto durará esta soidade infernal con só unha aperta alegre ía quedar. As cousas cambiaron desde o pasado mes de marzo o futuro cercano seguro que é para gozalo. Lucas Gorgojo Cuba

De súpeto o pobo cambiou, as gargalladas apagáronse, as nubes taparon o sol e a angustia reinou. A normalidade marchou, a xente nova abraiou co presente, a xente vella lembrou o temido pasado, e o medo reinou. A distancia gañou ao bico, a máscara ao sorriso e a enfermidade á saúde. Mais un día todo pasará. O sol apartará as nubes, o sorriso, a máscara o bico, a distancia a saúde, a enfermidade e a nosa ansiada normalidade volverá.

Pablo López Amieiro

Bótovos de menos porque xa non podovervos. Síntome asustado e estou desconcertado. O coronavirus xa nos ten ben collidos. Queremos ir vervos pero sabemos que non podemos. Desde o confinamiento boteivos moito de menos, non minto. Esperamos que esteades ben. E tranquilos: volverémonos ver. Izan Abad Oca

Nesta situación, a máscara é a solución, a xente con moito medo, comprando papel hixiénico. A economía vense abaixo, os comercios pequenos van pechando, todos preocupados, por esta pandemia que estamos pasando. Políticos, médicos... traballando duramente, para levar esta etapa a cabo, cómpren as restricións. Lourdes García Arruñada

Detense o tempo en Galicia, aínda que pareza, nestes tempos, non se perde a felicidade; Tampouco os rostros de amizadeporque isto da covid-19 está a piques de rematar e os nosos maiores vanse recuperar. Estes políticos quérennos confinar pero iso non vai pasar, porque isto vai rematar e non nos van confinar. Gabriel Alonso Suárez

"As palabras pronunciadas polo corazón non teñen lingua que as articule,retenas un nó na gorxae só nos ollos é que se poden ler" Saramago

Moitas grazas!