NADAL NO COLE
solcid
Created on Wed Dec 23 2020 19:19:37 GMT+0000 (Coordinated Universal Time)
No description
More creations to inspire you
FALL ZINE 2018
Presentation
MASTER'S THESIS ENGLISH
Presentation
FRENCH: LE FUTUR
Presentation
49ERS GOLD RUSH PRESENTATION
Presentation
3 TIPS FOR AN INTERACTIVE PRESENTATION
Presentation
TEXAS ECOREGIONS
Presentation
BRANCHES OF U.S. GOVERNMENT
Presentation
Transcript
CEIP PLURILINGÜE P. ALBINO NÚÑEZ
NADAL 2020
O noso desexo para este Nadal
Grazas á colaboración de todas as familias decoramos a entrada do colexio
Aínda que non puidemos realizar moitas das actividades que facíamos outros anos, decoramos portas e aulas, fixemos manualidades, escribimos cartas aos Reis Magos, aínda que este ano non recibimos nin a súa visita nin a de Papá Noel. Tampouco se puido realizar o tradicional obradoiro de Nadal que se organizaba na biblio, pero si tivemos unha exposición cun montón de libros coa temática do Nadal. Tampouco puidemos visitar aos maiores da residencia fogar de San Amaro, pero mandámoslle o noso cariño en forma de estrelas decoradas.
Sempre o prato forte da nosa celebración era o tradicional festival de NADAL, pero como xa sabedes, por mór da situación que estamos pasando, tivemos que facer un festival sen público (do que xa vos anticipamos un anaco como felicitación de NADAL)..
Selección de fotos
Picade na imaxe e veredes as actuacións completas de cada curso!!
Tamén recibimos unha grata sorpresa: o envío dun vídeo co agradecemento por parte do persoal sanitario da 5ª planta Norte da Residencia Sanitaria de Ourense polos traballos enviados polos alumnos de 5 anos...
E a sorpresa final!!Os nenos e nenas de 1º tamén nos desexan dunha maneira especial que pasemos un
BO NADAL!