Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

Biblioteca do CEIP "San Roque"

Recomendaciónsde lectura para esteNadal 2020 "diferente"

INFANTIL

O pingüín Valentiño decide facer o Camiño.Sae pimpante e lixeiro coa cantimplora e co sombreiro,as mans nos petos e un pano amarelo. Os seus amigos, xenerosos, danlle obxectos valiosos,polo que, en cada etapa da viaxe, vai aumentando a equipaxe.Ata que, con tantos “por se acaso”, non pode dar nin un paso.Gracia Iglesias Editorial: Jaguar

A ovella Lola ten unha cantidade de la extraordinaria. Despois da esquilada de primavera, Lola ve con preocupación que a súa marabillosa la crécelle dunha maneira tola e descontrolada. Pero pronto descobre que toda esa melena de la é útil, e que os bos amigos aparecen nos sitios máis insospeitados. Un conto divertido e tenro que demostra que os grandes amigos son moito máis importantes que as grandes melenas.Gemma Merino Editorial: Picarona

Erizo y Tortuga no pueden abrazarse, pero saben que se quieren, porque hay muchas maneras de demostrarlo… ¡hasta que podamos abrazarnos! Un libro para explicar a niños y niñas lo que está pasando con el COVID 19.Eoin McLaughlinEditorial: Kalandraka

1º e 2º PRIMARIA

Nesta nova aventura Branco de Cores coñece a unha vaca de nome Gallarda quen lle pide ao noso amigo que lle ensine todas as prazas da cidade. Branco vaille contando a Gallarda o que se facía nelas fai anos, como vender verdura, gando, cereales, etc.Pere Tobaruela e Ana BoullónEditorial: Xerais

Quen é o misterioso neno pantasma que desde hai días intenta entrar en Vila Decadente? Mortiña está desexando sabelo, pero o espectro non lembra nada... nin tan sequera o seu nome! Ademais vaise esvaecendo e, se continúa así, rematará por desaparecer completamente. E xusto agora na vila están a punto de celebrar a festa de Aninovo Defuntiño. Xunto a Tristeiro, o seu inseparable can, Mortiña busca calquera pista que poida axudar a descubrir de onde ven o novo e pálido amigo: unha divertida pescuda que lle porá o corazón a cen por hora.Barbara Cantini Editorial: Hércules

Doce ovos e, en cada un -todos de diferentes tamaños, cores e texturas- unha criatura a piques de nacer. Ao principio, o interior da casca é un lugar cómodo e seguro, pero pronto o espazo vai minguando a medida que os animais crecen. Ata que chega o emocionante momento de nacer! O pitiño, o pato, a tartaruga, o crocodilo… unha ducia de especies ovíparas -entre aves, mamíferos e réptiles- habitan neste libro no que é necesario prestar moita atención ás ilustracións. Nelas está a clave para comprender o sentido do texto, breve, sinxelo e enigmático.Emma Lidia Squillari Editorial: Kalandraka

3º e 4º PRIMARIA

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En Misión Camiño de Santiago os FORMIG4S investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago. E para chegar ao fondo do asunto, han facer unha peculiar peregrinación no tempo: viaxarán polo camiño que, segundo conta a lenda, os discípulos do apóstolo percorreron para levar o corpo petrificado do seu mestre ata Compostela.Pere Tobaruela Editorial: Duomo

Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Os Minimortos terán que empregar o seu enxeño para axudalo. Conseguirán que Catacrak regrese á vida?Ledicia Costas Editorial: Xerais

Pobre e vello dragón. Ninguén quere que forme parte do seu conto, nin Ricitos de ouro nin Hansel e Gretel nin ninguén. Pero Dragón non se dá por vencido! Seguirá na súa procura de alguén que si lle queira na súa historia. QUENQUERA QUE SEXA. Sen dúbida, o seu inesgotable entusiasmo impedirá que se meta en calquera problema. É probable…Lou CarterEditorial: Picarona

5º e 6º PRIMARIA

O protagonista deste libro pérdese no medio do bosque e na súa procura da saída atoparase aos máis variados personaxes da mitoloxía popular dos Camiños de Santiago, que son os verdadeiros protagonistas deste libro. Son fantásticos porque moitos aseguran velos ao longo dos séculos narrándonos as súas fazañas incribles. Son misteriosos e fuxidíos, por iso ninguén os conseguiu entrevistar nin fotografar pero, sobre todo, son moi divertidos e moi diferentes; asustadizos, loitadores, enredadores… variados como a rica tradición popular que nolos legou e únicos porque sobreviviron ao exterminio do desenvolvemento consumista, ao terror da falta de imaxinación e á vida acelerada do avanzado Homo occidentalis.Xan Eguía Editorial: Bululú

A señorita Bubble e Vincent viven agora en Laponia, onde dan refuxio a unha chea de pingüíns. Estas aves están no polo equivocado, e o seu traslado foi un capricho de Papá Noel, que leva unha tempada comportándose de forma estraña: maltrata aos elfos, abandona á súa sorte aos renos... A inventora enfrontarase ao e tratará de chegar ata o fondo de todo este asunto.Ledicia Costas Editorial: Anaya

Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).Antía Yáñez Editorial: Xerais

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Tome o tempo que precise, vaia na procura do momento en que non teña nada que facer nin nada polo que preocuparse. Saia da casa, achéguese a esa acolledora cafetaría que tanto lle gusta. Pida un café ben quente, e mentres agarda a que llo sirvan, mire a través da ventá a fermosa paisaxe que se amosa... (David Pintor) David Pintor comparte neste caderno de viaxe a súa visión máis persoal dunha das cidades históricas máis fermosas, acolledoras e entrañables, xa non só de Galicia ou de España, senón acaso do mundo enteiro. Coas súas peculiaridades, cos seus contrastes, coas súas sorpresas. Unha bici como medio de locomoción, unha libreta e un rotulador como medio de expresión, e un bo café como incentivo para cada paseo, son os fíos condutores deste libro de artista.David PintorEditorial: Kalandraka

Santiago, Teresa e Juan fixeron unha promesa: facer o camiño e visitar ao Apóstolo Santiago. Preparan a mochila, planean o roteiro e... ao camiño. Treito a treito vivirán aventuras que lles achegarán, paso a paso, a Santiago de Compostela, atravesando o norte de España.Ovidio CampoEditorial: La Galera

Pepe CarreiroEditorial: A nosa terra

Neste conto sobre O Camiño de Santiago, os debuxos substitúen a algunhas palabras e fan a lectura máis fácil e divertida.Juan Carlos Estébanez GilEditorial: SM

Imaxinade por un intre que a escultura pétrea do Mestre Mateo, popularmente coñecida como O Santo dos Croques, e mais un par de figuras do Pórtico da Gloria da catedral de Compostela cobran vida e se poñen a facer o camiño de Santiago coma uns peregrinos máis. Ese é o argumento do presente libro, escrito co humor, a retranca e a imaxinación características do autor, que se amosa seguidor dunha tradición literaria moi nosa.Xosé Carballude BlancoEditorial: Hércules

O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago e o seu posterior veneración resultou desde os primeiros tempos un acontecemento para a Europa cristiá. Xentes de todos os países, clase e condición empezaron a peregrinar a Compostela movidos pola fe ou por outros intereses. A través das páxinas deste libro, o pequeno lector poderá seguir e coñecer, de forma divertida, que o Camiño de Santiago está formado por roteiros incontables que constituíu ao longo da historia un lazo de unión entre os pobos europeos. Este magnífico proxecto complétase cun divertido e interactivo CD que fará que o neno poña a proba todo o que sabe sobre tan divertido percorrido.Ana María FernándezEditorial: Everest

Cada ano viaxan a Santiago de Compostela miles de persoas a través de moi variados camiños, nunha peregrinaxe que leva practicando desde que no século IX descubrísese a tumba do apóstolo Santiago. Neste caderno están recollidas as historias.Luis Fernando Martín RodríguezEditorial: Cuadernos Urugallo

BO NADAL!e un 2021 cheo de ilusións!