Want to make creations as awesome as this one?

Guía de lecturas para o Nadal 2020 do CEIP Ramón de Artaza

Transcript

BIBLIOTECA MANUEL FABEIRO GÓMEZ

Recomendaciónslectoras para o Nadal

PRELECTORES

O APALPADOR E A NENA SEN MEDOCeltia Figueiras e Sonia García. - Guindastre EdiciónsO apalpador trae cada ano dende o Courel castañas e todo o que non temos. Por iso a nena pediulle o que ela máis desexaba: palabras para encher o seu corazón e coas que poder voar en soños.

BO CAMIÑO VALENTIÑOSara Sánchez. Editorial JaguarA través dunha estrutura repetitiva e rimada, o pimgüín Valentiño vai facendo camiño ao tempo que os seus xenerosos amigos van aumentando a súa equipaxe."Ata que, con tantos "por se acaso", non pode dar nin un paso."

O EMOCIONANTE DÍA DE PITI O CARACOLSandrine Lhomme - Baía EdiciónsO sol está a punto de saír e vai comezar para Piti, o caracol, unha xornada chea de perigos e abraiantes aventuras.Descubre as sorpresas que se agochan detrás das lapelas!

JUEGO DE LETRASAntonio Rubio. Óscar Villán - KalandrakaDesde la A hasta la Z, un juego poético y melódico para descubrir, en el interior de cada página troquelada, qué sorpresa nos espera. Un pasito más allá de la colección De la cuna a la luna para prelectores.

DOS PARA MÍ, UNA PARA TIJörg Mühle – HarperkidsUn bonito cuento que nos enseña a compartir.

ESTAMOS AQUI: NOTAS PARA VIVIR EN EL PLANETA TIERRAOliver Jeffers Andana EditorialNuestro mundo puede ser un lugar desconcertante, especialmente si acabas de nacer. Cuando un bebé llega al mundo su cabeza esta llena de preguntas, que podremos ayudarle a contestar con ayuda de este nuevo álbum del bestseller internacional Oliver Jeffers. Este álbum nos invita a explorar qué hacer en nuestro planeta y cómo vivimos en él.

PRIMEIROS LECTORES

SUPERAVOADavid Rodríguez – XeraisA avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ella e os seus superpoderes o mundo viríase abaixo.Un libro cheo de tenrura e de humor.

VENTO, VENTIÑO, VENTEIROAntonio García Teijeiro Editorial XeraisNestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas. Ventos falangueiros, mentireiros, bailadores; ventos de berce e de aloumiño; ventos magos; ventos e ventiños; ventos a durmir, contadores de estrelas; ventos lacazáns, fungóns, peregrinos, latriqueiros; ventos dos soños.

EL CAMINO DE SANTIAGO.Ovidio Campo. LaGaleraSantiago, Teresa y Juan han hecho una promesa: hacer el camino y visitar al Apóstol Santiago. Preparan la mochila, planean la ruta y… al camino. Trecho a trecho vivirán aventuras que les acercarán, paso a paso, a Santiago, atravesando el norte de España.

FEMININO SINGULAR, EN PLURALConcha Blanco. Baía EdiciónsÉ un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade.Sabela e Roi, unha nena e un neno coma vós, son os primeiros en faceren o percorrido por estas páxinas. Acompañádelos?

PENSAR AS COUSASMireia Canals- Baía EdiciónsXabier é a protagonista desta historia, na que nos explica como recoñeceu e aprendeu a pensar as cousas antes de facelas porque, de non ser así, aparecerán consecuencias.

OS BOLECHAS. UNHA NOITE EN COMPOSTELAPepe CarreiroBolanda

OFICIOS E PROFESIÓNS POEMAS SONConcha Banco. - Ed. EmboraCanteiros, oleiros, afiadores, menciñeiros,... enchen as páxinas deste libro co que Concha Blanco trata de achegar aos lectores máis pequenos o mundo dos oficios a través da poesía.

UNHA VACA MARELA EN COMPOSTELAPere Tobaruela e Ana Boullón. Ed. Sotelo Blanco.Nesta nova aventura Branco de Cores coñece a unha vaca de nome Gallarda que lle pide ao noso amigo que lle ensine a cidade...

LECTORES AUTÓNOMOS

TEÑO OITO ANOS E QUERO SER YOUTUBERXoán Babarro González - GalaxiaHoxe en día as nenas e os nenos xa non queren ser coma os seus pais e nais.Queren ser youtubers!Nesta nova aventura que nos conta Xoán Babarro, ser youtuberé algo máis que sorprendente…

UNHA PANTASMA BRANCAFina Casalderrey. Baía Edicións.Por que eses sons asustan tanto a veciñanza? Por que din que anuncia unha traxedia? Diego e Paula non se deterán ata atoparen as respostas e descubriren un dos seres máis fascinantes da noite: unha pantasma branca.

FORMIG4S. MISIÓN CAMIÑO DE SANTIAGOPere Tobarualea. XeraisEn Misión Camiño de Santiago os FORMIG4S investigan o estraño roubo dos restos do apóstolo Santiago. E para chegar ao fondo do asunto, han facer unha peculiar peregrinación no tempo: viaxarán polo camiño que, segundo conta a lenda, os discípulos do apóstolo percorreron para levar o corpo petrificado do seu mestre ata Compostela.

DOWNAn Alfaya - EDEBÉA mi primo Down se le dan muy bien los trabajos manuales y le encantan las flores. Además, yo creo que es chino, aunque mamá dice que no. También me riñe por llamarle Down y me repite que se llama Guillermo. Pero yo sé que a él le gusta que le llame así.

SERES FANTÁSTICOS DO CAMIÑO.Xan Eguía. BULULÚBanda deseñadaIntentando saír do bosque, o protagonista vai descubrindo seres fantásticos dos diferentes Camiños de Santiago, criaturas da mitoloxía popular misteriosas e divertidas.Un convite a adentrarnos na mitoloxía galega e a traballar o Camiño desde unha perspectiva diferente.

AOS REIS MAGOS NON LLES GUSTAN OS CARAMELOS DE MENTAIsabel Freire. - GalaxiaUn caramelo de menta, unha mentiriña, unha palabra desaprecida…Baltasar queda durmido no sofá da casa de Nela e non hai quen o esperte. Corre perigo a noite dos Reis Magos?Nela vai aprender a responsabilizarse dos seus actos nesta historia chea de humor e complicidade entre unha nena de oito anos e as Súas Maxestades, os Magos de Oriente.

ANA LA DE LAS TEJAS VERDESLucy Maud Montgomery. - EDELVIVESO clásico canadiense magníficamente ilustrado.

LECTORES EXPERTOS

PLAN DE RESCATEAntía Yañez. XeraisXeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor (puaggg, que noxo!).

MICRO ALGAS. O MAR DE ARDORAXulia Pisón. - Universidade da CoruñaAs microalgas existen desde hai 1 500 millóns de anos. Coa axuda destes pequenos seres podemos salvar o planeta de ameazas como o cambio climático, a contaminación ou a desnutrición global. Pero as microalgas teñen os seus propios problemas. Nesta nova aventura, Spirulina e os seus amigos axudarán o pobo dos mareel, cuxa vida está ameazada pola vertedura de residuos tóxicos e a contaminación das aguas que habitan desde fai xeracións. ¡E farano traballando en equipo

RESALGARIOAntonio Reigosa. XeraisResalgario é un dos fillos máis novos do Demo Maior. Por fuxir do Inferno o seu pai imponlle como castigo marchar de Peregrino a Compostela durante un ano. Disfrazado de humano, Resalgario terá que utilizar todo o seu enxeño para saír con ben das diversas situacións coas que se vai topando ó longo do camiño.

EL LIBRO DE GIANNI RODARIVersos, cuentos y vidaTraducción:Jordi Martí Garcés - Blackie booksBlackie Books celebra el centenario del nacimiento del gran Gianni Rodari, uno de los mejores autores para niños y pedagogos de todos los tiempos. Para ello recopilan en un mismo volumen sus mejores cuentos, sus poemas más conocidos, 20 nuevos relatos contando su vida, y una serie de páginas especiales para explicar su concepto de fantasía, de educación, de escuela, de infancia, de lectura.

SI NO TE GUSTA LEER, NO ES CULPA TUYA.Jimmy Liao. - Editoria Bárbara Fiore“La librería de la esquina quizá tenga que cerrar. He sido el primero en enterarme porque mi padre es el dueño”. Con esta punzante reflexión, el protagonista de la historia convoca a sus compañeros de clase a un cónclave maravilloso, una especie de club de lectura en el que se parodian distintas reflexiones de grandes literatos.

O CHISPASManuel Rivas. - Xerais.O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico. Até que o poder da Fonte da Fala lles imprime forza ás súas cancións e se converte nunha estrela de rock. Unha noite, cando regresa dunha actuación na súa moto, uns seres extraordinarios cégano cunha potente luz e esperta en Mutandi, un planeta gobernado polos cracks, que fabrican a realidade e se rexen por modas. E agora a moda é o Chispas. Un músico cósmico!

COMPOSTELADavid Pintor-kalandrakaUn percorrido visual polos lugares emblemáticos de unha cidade fascinante. Cunha mirada chea de fantasía, este caderno de viaxe descobre a outra cara, máxica y suxerente, da súa paisaxe e o seu pobo.

ESCAPE BOOK JUNIOR 2. La llaves de Lía.Iván Tapia/Montse Linde Lunwerg EditoresUna nueva aventura de la Hermandad de la Llave para poner a prueba las mentes más inquietas.

Bo Nadal

e felices lecturas!

C.E.I.P RAMÓN DE ARTAZA 2020