Want to make creations as awesome as this one?

Saída 2º ESO A e B

Transcript

DEPARTAMENTOS: EDUCACIÓN FÍSICA E XEOGRAFÍA E HISTORIA.SAÍDA A PE: BALNEARIO E MESQUITA DE GUITIRIZ.MARTES, 01 DE DECEMBRO DE 2020: 12.10H-15.00H

QUE LEVAR!

RECOMENDACIÓNS

CALZADO

RECOMENDACIÓNS: CALCETÍNS

recomendacións: roupa

RECOMENDACIÓNS: ROUPA DE PROTECCIÓN E COMPLEMENTOS

RECOMENDACIÓNS: PANTALÓN.

comida e bebida

coidado do entorno: medio natural

balneario e mesquita de guitiriz

DEBEDES LEVAR...

- Calzado e calcetins axeitados para camiñar (preferiblemente botas de montaña se non tenis, calcetins ben colocados…) - Roupa axeitada para camiñar (chándal, chaqueta de abrigo impermeable…) - Pequena mochila impermeable con: Auga, pequeno bocata, froitos secos, froita, barritas enerxéticas...

RECOMENDACIÓN: CALZADO

- Evitaremos os tacons ou os zapatos por pura lóxica, tamén as zapatillas de suela fina resultaránnos moi incómodas. - O ideal é ter un calzado apto para montaña, que teña unha suela grosa, suxete o tobillo e que sea impermeable. -As torceduras de tobillo e os resbalóns son os accidentes máis comúns cuando se practica senderismo. - En xeral, se non temos moita experiencia en senderismo, é mellor comenzar con unhas botas de caña media, xa que nos servirán para prácticamente todos os tipos de rutas e para calqueira condición do terreo (barro, herba con rocío, pedras,…)

RECOMENDACIÓN: CALCETÍNS.

  • Os calcetins son a segunda pel do pe, que o protexe (frío e rozaduras). Aínda que levemos unhas boas botas, se levamos uns calcetines non axeitados acabaremos con ampollas, feridas nos pes, sensación de frío ou simplemente máis cansados por forzar a pisada.
  • Características duns bos calcetins:
  • Sempre teñen que ter a caña máis alta ca da bota.
  • Preferiblemente estarán fabricados con fibra sintética, xa que transpira mellor e non retén a humidade como a fibra natural.
  • Teñen que ter un compoñente elástico para que queden axustados ao pe sen formar arrugas. As arrugas dos calcetins son o principal inimigo do pe en senderismo.
  • Poden ter reforzos na punteira e o talón, que son as zoas que normalmente soportan máis esforzos durante a marcha.
  • O grosor lóxicamente dependerá das condicións meteorolóxicas, é dicir, hai calcetins para inverno, pensados sobre todo para aislar o pe do frío, e calcetins para verano, máis finos e lixeiros.

ROUPA: CAPAS.

Igualmente a roupa debe ser axeitada, hai que usar roupa cómoda que permita o movemento e ir preparados con algo de abrigo por si nos sorprende un cambio de tempo. Para a parte do tronco siguese a regra das 3 capas: A primeira capa é a que vai pegada ao corpo, como unha segunda pel. Polo inverno o máis recomendable é unha camiseta térmica. Debería ser dun material elástico que se axuste ao corpo (sen apretar demasiado) e dun texido sintético que facilite a transpiración e que seque rápidamente. Non é recomendable usar camisetas normales de algodón porque conservan toda a humidade que xera o corpo coa suor. E a humidade, aparte da incomodidade, transformase en frío no momento en que paramos a actividade. Polo verán interesa unha camiseta solta, tamén de texido sintético. A segunda capa é a de abrigo. Polo inverno normalmente será un forro polar de texido sintético. Pode ser cerrado ou aberto (con cremalleira). Xeralmente é máis interesante unha segunda capa aberta porque permitenos ir regulando a ventilación do corpo en función da actividade física e as condicions climatolóxicas. Si vamos a salir en condicions de moito frío a segunda capa podería ser un forro polar térmico cerrado xunto cun chaleco de tipo pluma, que é o que nos permitirá regular a ventilación. Polo verán pode ser un forro polar lixeiro se temos previsto pasar por zoas de umbría ou por zoas de certa altura máis expostas ao vento. A terceira capa, tamén coñecida como membrana, é a que protexe do ambiente exterior: chuvia, neve, vento... Esta capa é impermeable, e o recomendable é que sea tamén transpirable para que non se poida acumular a humidade xerada pola suor. Polo inverno, dependerá moito das condicións meteorolóxicas (temperatura, humidade e vento, se pode chover ou nevar...). A terceira capa será normalmente unha chaqueta impermeable. Polo verán, a terceira capa será un chubasqueiro ou cortaventos lixeiro que levaremos na mochila por se nos pilla algún chubasco inesperado. Se toda a ruta se vai facer en situación de calor deixaríamos en casa a segunda capa e o cortavientos serviríanos como prenda de emerxencia por si se retrasa a volta e faisenos de noite.

Tamén dependerá das condicións que vaiamos atopar, pero en xeral é boa idea levar: luvas, gorro de inverno, braga, gorra, gafas de sol (moi importante se vamos a zoas de neve)

MATERIAL COMPLEMENTARIO.

RECOMENDACIÓN: PANTALÓN

Para as pernas tamén aplicase a regra de capas. No caso de sendeirismo para saídas de un día o normal é levar unha única capa (pantalón) o unha segunda pel interior que podrían ser unhas mallas térmicas. Pero ten en conta que a medida que transcorre a marcha, se vai menos frío do esperado, a dobre capa pode chegar a resultar incómoda e non é tan sinxelo xogar coas capas como coa parte superior (non podemos desabrochar ou quitar e poñer fácilmente). Os pantalóns recomendados son os de fibra sintética, lixeiros e flexibles para facilitar os movementos. Non é recomendable usar vaqueiros porque se se mollan por calqueira motivo retendrán a humidade e tardarán moito en secarse, o que podese traducir en sensación de frío ou incomodidade. Tamén podennos provocar rozaduras se van moi axustados… En xeral é preferible levar pantalón largo incluso en marchas durante o verán, porque o pantalón protexe as pernas se pasamos por zoas espiñosas, herba seca, ramas baixas,...

RECOMENDACIÓN

Para calqueira paseo, independientemente da súa duración ou dificultade, deberemos levar polo menos litro e medio de agua. Recomendase beber en pequenas dosis pero continuadas. Nunca debe esperar un a ter sede.

En canto á alimentación, recomendase sempre que comamos algo lixeiro durante a marcha, ademáis de ter consumido alimentos ricos en azúcares e enerxía antes de sair. Recomendase levar froitos secos, barritas enerxéticas, pequenos bocatas, froita…

BEBIDA

ALIMENTACIÓN

COIDADO DO ENTORNO: MEDIO NATURAL

Non prender fogos, non deixar basuras ou desperdicios, nin siquiera desperdicios orgánicos (peladuras de froitas,...), recollelo todo nunha bolsa e levao de volta contigo, ten coidado coa flora e a fauna do lugar.

Coidada tamén as propiedades privadas.

Non debemos olvidar que o entorno natural é de todos. Cando practiquemos senderismo debemos ser respetuosos co medio ambiente:

Non gritedes e non fagades demasiado ruido (molestaredes aos animais e a outras persoas que estén facendo a ruta),

Nin arranques prantas nin ramas, disfruta e deixao todo tal e como o atopaches ou mellor.

COIDADO DO ENTORNO: balneario e mesquita de guitiriz.

As súas paredes brancas destacan entre o verdor dos carballos. A natureza proporcionalle á Mesquita de Guitiriz a quietude necesaria para seguir exercendo de rincón de oración e refuxio espiritual. Tras unha cancela de ferro poden verse os perfis do santuario que o bando nacional construiu para os soldados musulmans que chegaron do Norte de África para combatir durante a Guerra Civil e que pasaban largas convalecencias no balneario, na época na que se utilizou como hospital militar.

O templo, duns cincuenta metros cuadrados, ten dúas bóvedas, unha zoa de oración e unha de ablucions. Hoxe, é un máis dos alicientes do balneario de San Xoan de Lagostelle, que abriu as súas portas aos clientes que queiran facer as súas plegarias e, tamén, unha curiosidade que expón os seus perfis árabes en medio do bosque galego dende fai máis de setenta anos.