Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

O ABECEDARIO DO

Apalpador

Badaladas

Cantos de Reis

Doce

Estrela

Flor de Pascua

Grilanda

Hibernar

Inverno

Luvas

Mazapán

Nacemento

Orelleiras

Panxoliñas

Esquiar

Reis Magos

Santos inocentes

Tizón

Uvas

Vermella

Xersei

Zambomba

NADAL

CEIP MANUEL MASDÍAS

Apalpador ou Pandigueiro: Xigante carboeiro que baixa do monte na noite do 31 de decembro e aproveita que os nenos e nenas están durmindo para apalparlles a barriga e saber así se teñen fame ou non, e agasállaos cunha presa de castañas. Árbore de Nadal: Elemento decorativo típica da festa do Nadal. Tradicionalmente empréganse abetos ou piñeiros, aínda que tamén existen artificiais. Decóranse con adornos como luces, grinaldas, bólas, estrelas, lazos... Agasallo: Aquilo que se lle dá a alguén como mostra de afecto, agradecemento, etc. No Nadal, os agasallos están debaixo da árbore de Nadal. Aninovo: o primeiro día do ano que comeza. Acivro: É unha especie de arbusto que ten as súas follas verdes espinosas e os seus froitos vermellos (e tóxicos). Emprégase na decoración do nadal nos centros de mesa, coroas ou candelabros. A orixe remóntase o pobo celta que lle atribuía o acivro propiedades máxicas para protexerse dos malos espíritos.

Boneco de neve: figura en forma de boneco feito de neve. Badaladas: golpes que dá o badalo na campá. En noitevella soan as 12 badaladas que dan comezo o novo ano.

Cantos de reis: Cántanse ao longo do día 5 de Xaneiro. Baseábanse en textos biblicos, facendo especialmente referencia á adoración dos Reis Magos. Adoitan ser interpretados en cuadrillas, con acompañamento de instrumentos moi sinxelos. A interpretación consiste en que unha parella entoe unha estrofa, e outra parella conteste. Candea: Obxecto de cera en forma de cilindro longo, que leva unha torcida no seu interior e serve para alumar. No nadal emprégase como adorno. Cheminea: Espazo da casa onde se fai lume, polo xeral situado no oco dunha parede, decorado cun marco exterior e provisto dun conduto polo que sae o fume ao exterior. Emprégase máis nesta época para calmar o frío.

Doce son as badaladas para celebrar a chegada do Novo ano.

Estrela de Nadal: Representa a estrela de Belén, que dacordo coa tradición Cristiá, foi o astro que guiou os Reis Magos ata o lugar de nacemento de Xesús. Tamén simboliza luz e esperanza, e segundo a tradición Cristiá, ponse no alto da árbore de Nadal como adorno. Elfo: Xenio que, segundo a mitoloxía nórdica, habita no aire e simboliza os fenómenos atmosféricos. Relacionase cos axudantes de Papá Noel para repartir os agasallos.

Flor de pascua: Tamén coñecida como flor de Nadal ou Poinsettia, pode ser de varias cores (branca, vermella ou rosa).Ten a súa orixe en México, xa que empregábase como decoración no Nadal e este costume trasladouse a Europa. Frío: Estado da atmosfera que se caracteriza polas baixas temperaturas. Sensación que produce no organismo a falta de calor.

Grilanda: Tira de tecido con flores e follas, en forma de onda ou de coroa, que se usa de adorno. Gorro: Calquera sombreiro sen aba nin viseira, que se usa para cubrir a cabeza.

Hibernar: Entrar nun estado de sono profundo, con descenso das funcións vitais e suspensión das súas actividades, no que certos animais pasan o inverno como por exemplo, os osos.

Inverno: Estación máis fría das catro que ten o ano e que, no hemisferio norte vai do 22 ou 23 de decembro ao 20 ou 21 de marzo.

Luces de Nadal: Elemento de decoración. Luvas: Peza do vestiario para cubrir a man, xeralmente dedo por dedo, ideal para esta época na que vai tanto frío.

Mazapán:Doce preparado a base de azucre e améndoa moi moída, que se fai moitas veces en forma de figuriñas, moi típico de Nadal.

Nacemento: Representación mediante figuras e outros elementos, do lugar e as circunstancias en que, segundo a tradición cristiá, naceu Xesús en Belén. Noiteboa: Noite do vinte e catro ao vinte e cinco de decembro, día do Nadal, na que os cristiáns celebran o nacemento de Xesucristo. Noitevella ou Fin de ano: Noite do trinta e un de decembro ao un de xaneiro. Neve: Auga conxelada que cae das nubes en forma de folerpas. Tempo característico do inverno. Néboa ou Brétema: Condensación do vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade.

Orelleiras: Peza destinada a cubrir as orellas.

Panxoliñas: Canción popular, de tema relixioso ou non, que se canta polo Nadal. Pandeireta: Pandeiro pequeno e redondo con ferreñas, que se toca movéndoo cunha man e golpeándoo contra a outra. Emprégase moito para acompañar nas panxoliñas. Postal: Cartolina de forma rectangular que se envía por correo, e que nunha das súas caras leva unha fotografía ou debuxo, e na outra, espazo para pór os datos como o nome ou o enderezo, os selos e o texto. No Nadal empréganse para felicitar as festas os seres máis queridos. Papá Noel: Tamén coñecido como Santa Claus, a orixe desta personaxe anglosaxona débese buscar na tradición danesa de San Nicolás como un home que repartía agasallos. Unha figura que no século XIX empeza a asociarse a un vello home baixando polas chemineas en Noiteboa, os agasallos de Papá Noel enchen as casas no día de Nadal.

Esquiar: Esvarar sobre a neve ou sobre a auga con esquís. Deporte moi típico nesta época do ano.

Reis Magos: Tamén coñecidos como os Magos de Oriente, son uns personaxes bíblicos, que segundo a tradición cristiá, foron guiados por unha estrela para adorar o neno Xesús. Hoxe en día, a tradición é representar os reis traendo os agasallos que os nenos lles pediron nas súas cartas. As tradicionais cabalgatas na noite do 5 de xaneiro anuncian a chegada destes Magos de Oriente que poñen o remate ás festas de Nadal. Roscón de Reis: Doce típico para comer o día de Reis. Renos: Mamífero ruminante da familia dos cérvidos, semellante ao cervo, con dúas hastas moi ramificadas, pelame espeso e pezuños curvos e grosos, que é fácil de domesticar e serve como animal de tiro. Relacionase co Nadal pola tradición do trineo de Papá Noel do cal tiran os renos.

Día dos Santos Inocentes: Celébrase o día 28 de decembro e, na actualidade, é tradicional "contar mentiras" con fins lúdicos.

Tizón ou cepo de Nadal: é un gran madeiro de carballo que se mantén aceso dende a noite do 24 de decembro na lareira até Ano Novo. Trátase dunha tradición galega cuxa orixe está relacionada cos celtas e simboliza destruír o vello para dar paso ao novo. Turrón: Doce de forma rectangular que se fai con améndoas amasadas con mel ou azucre e é típico do Nadal.

Uvas: Froito da vide, redondo ou ovado, agrupado con outros en acios, do que se obtén o viño. En España é costume tomar 12 uvas o día de Noitevella coas 12 badaladas que marcan a chegada do novo ano.

No Nadal existe a tradición de levar roupa interior de cor vermella como símbolo de boa sorte.

Xersei: Peza de roupa de punto que se viste pola cabeza e cobre o corpo ata o van. É unha prenda que empregamos durante esta época para protexernos do frío. Xeo: Auga que pasou ao estado sólido pola acción do frío.

Zambomba: Instrumento formado por un recipiente cuberto cunha membrana atravesada por un pau, que a fai vibrar ao producirse rozamento. Emprégase moito nas panxoliñas.