Want to make creations as awesome as this one?

Conto para traballar a Violencia de Xénero

Transcript

A Bela e a Besta

Érase dúas veces unha moza chamada Bela que vivía co seu pai nun pobo pequeno de bonitas casas de pedra e balcóns cheos de fermosas flores.

Bela non facía nada do que se supoñía que debía facer unha moza da súa idade:

Traballaba na librería do pobo, non entraba nos seus plans casar, tampouco tiña claro si quería ter fillos e cociñaba fatal.

O único que lle gustaba era ler e pasaba horas no seu cuarto lendo sen parar.

Por iso, no pobo consideraban que era moi rara.

Moitos mozos querían casar con ela porque era moi fermosa...

...pero ela non facía caso nin das loubanzas, nin dos agasallos dos seus admiradores.

O pai de Bela era comerciante e tiña que ir buscar a mercancía a un afastado porto. Tratábase dunhas rosas sen espiñas e con aroma a biscoito. Bela tratou de convencelo para que non fora porque ese negocio non lle parecía de fiar pero o pai non lle fixo ningún caso.

Subiu ao cabalo e ao cabo de seis horas despois de pasar corenta e dúas veces pola mesma árbore decatouse de que se perdera. Ao lonxe divisou un castelo e decidiu achegarse para pedir axuda.

O castelo era maxestuoso. Catro grandes torres parecían vixiar para que ninguén se achegara.O pai de Bela petou na porta e de súpeto escoitou unha especie de ruxido que viña do interior.

O cabalo fuxiu despavorido esmagou varios rosais do xardín do castelo.

Sen moitas máis opcións o comerciante chamou por cuarta vez e apareceu o ser máis estraño que vira nunca. Era unha mestura entre animal e humano ,estaba cuberto de pelo ,tiña unhas gadoupas enormes e un par de afiados dentes sobresaían da súa boca. Moi enfadada a besta preguntoulle ao comerciante como se atrevía a chamar á súa porta.

O pai de Bela tentou explicarse pero a besta non tivo ningunha piedade e arrastrou ao home a un soto e encerrouno nunha cela húmida e escura.

Moitos anos atrás a besta era un fermoso príncipe que a pesares de que tiña todo o que puidera desexar sempre estaba enfadado.

Un día chegou unha velliña ao castelo pedindo refuxio a cambio dunha rosa e o príncipe, tan malhumorado coma sempre, non lle permitiu entrar. A velliña que en realidade era unha feiticeira, converteu ao príncipe nunha besta e entregoulle a rosa que levaba na man dicíndolle:

-Esta rosa marcará o teu destino. Si cando lle caia o último pétalo non coñeciches o amor , seguirás sendo unha besta toda a vida.

E dicindo isto abandonou o castelo deixando ao príncipe convertido nunha besta. Todos os criados fuxiron asustados e perdeu a tódos os seus amigos. Coñeceu o verdadeiro significado da palabra soidade.

A mañá seguinte o cabalo do comerciante chegou ao cortello da casa de Bela e ela ao velo asustouse montou nela e cabalgando levouna a porta do castelo.

Bela chamou á porta e a Besta foi enfadada a abrirlle. Cando a viu Bela deu un paso atrás. Estivo a punto de fuxir pero armouse de valor e preguntoulle polo seu pai.

O teu pai está encerrado – dixo a Besta . Bela rogoulle que a levase onda el e que o deixara ir, que ela quedaría no seu lugar.

Despois de moito pensar a Besta decidiu que igual non era mala idea, había algunha posibilidade de que ela se namorase del e se rompese o feitizo.

Bela pediulle quedar na habitación no canto da cela e a Besta aceptou. Esa noite a Besta díxolle a Bela que vestise un fermoso vestido do armario e que baixase con el a cear pero ela negouse :

-Non penso cambiarme de roupa e cear con alguén que me ten encerrada, me berra e me trata tan mal coma ti.

-Pois se non comes comigo non comerás nunca.

Bela esperou a que a Besta se durmira e saíu a comer, na cociña atopou algo de queixo e froita. Cada día intentaba atopar un lugar por onde escapar pero era inútil ,todo estaba pechado.

E cada día a Besta trataba de que Bela baixara a cear con el pero ela negábase porque non lle gustaba que lle berrara nin que a tivera pechada naquel castelo.

-Es a miña última oportunidade ,se te namoras de min o feitizo desaparecerá!

-Como queres que me namore de ti? Berras en vez de falar, tesme encerrada no castelo, nin sequera podo saír ao xardín e queres obrigarme a facer o que ti me digas. Así é imposible que alguén se namore de ti.-Pero tes que amarme!! A esta rosa só lle queda un pétalo.-Pois vai ser imposible!!

A Besta tiña as chaves na man e Bela quitoullas.-Non te vaias, por favor!! Que vai ser de min??-Iso depende de ti .

A Besta quedou soa naquela torre e por primeira vez pensou na súa maneira de actuar e decatouse de que fora desagradecido e cun carácter insufrible.

Naquel momento a rosa volveu florecer e transformouse de novo nun príncipe.Esta vez dependía del aproveitar ou non esta segunda oportunidade , só dependía del.

E colorín ,colorado este conto está contado; e por un lado e polo outro, ata mañá non hai outro.

Día da Violencia de Xénero

CEIP Plurilingüe A Florida

25 N