Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Manual de ferramentas de educación a distancia para familias e alumnado

Videoconferencias con Webex...

Aula virtual Moodle

Que é o ensino non presencial?

EMPEZAR

Aula VirtualCPI Fonte Díaz

Videoconferencias con Webex

IR

IR

Inicio

Este manual pretende ser unha miniguía visual das distintas ferramentas de ensino virtual que desde a Consellería de Educación se subministran ao centro para o seu emprego en caso de necesidade de ensino a distancia por confinamento dunha aula ou de todo o colexio. Esta guía está orientada ás familias do alumnado do CPI Plurilingüe Fonte Díaz co obxectivo de que coñezan os medios polos que se vai establecer un proceso de aprendizaxe entre o alumnado e o profesorado. No comezo deste curso, o profesorado do colexio xa estivo instruíndo ao alumnado no manexo destas ferramentas, pero cabe a posibilidade, sobre todo no caso do alumnado de menor idade, que precisen axuda dos seus proxenitores en algún momento ou que deban ser acompañados nos primeiros días de traballo coas ferramentas telemáticas As ferramentas a que se fai referencia neste manual son dúas: a Aula Virtual do centro, onde o alumnado disporá de recursos e tarefas para facer, e o programa de videoconferencia Cisco Webex Meetings, co cal se poderá conectar nas horas de clase establecidas no seu horario, co profesorado correspondente. Tanto a Aula Virtual Moodle como Cisco Webex Meetings son ferramentas corporativas de uso obrigatorio por parte do centro a partir de 3º curso de Educación Primaria.Agardamos que esta guía lles sexa de utilidade. O equipo directivo do CPI Fonte Díaz.

Que pretende ser este manual?

CPI Fonte Díaz. Novembro de 2020.

Aula virtual

Videoconferencias

Que é unha aula virtual?

Unha aula virtual é unha plataforma de ensino a distancia onde profesorado e alumnado intercambian contidos nun entorno en liña. Funciona como un dispositivo de comunicación, un espazo para atender consultas e tamén avaliar aos participantes. Será a través da aula virtual que o profesorado subministrará recursos (apuntes, vídeos, páxinas web, etc ) ao alumnado e tamén onde lle propoñerá as tarefas a realizar. Será por medio da aula virtual que o alumnado terá que entregar as tarefas e tamén onde lle serán devoltas corrixidas polo profesorado. Prema nas ligazóns para acceder aos videotitoriais onte se explica o seu funcionamento. Están por orde pensando naquelas persoas que non coñecen co funcionamento dunha aula virtual e é así como deben visualizarse. Tamén se pode acceder directamente aos apartados para o caso de usuarios/as máis experimentados/as

CPI Fonte Díaz. Novembro de 2020.

Aula virtual

Videoconferencias

Como entrar na aula virtual

3

5

4

6

2

1

8

7

Personalización da Aula virtual

Estrutura da aula virtual

Estrutura dun curso tipo da aula virtual

Entrega de tarefas

Probas tipo test

Cualificacións

Aplicación Moodle para móbil

Videoconferencias con Cisco Webex Meetings

CPI Fonte Díaz. Novembro de 2020.

Aula virtual

Videoconferencias

CPI Fonte Díaz. Novembro de 2020.

Aula virtual

Videoconferencias

Cisco WebEx Meetings é unha ferramenta de videoconferencia para organizar reunións en liña con múltiples persoas usuarias. Esta ferramenta, permite reunións en calquera lugar e en tiempo real na rede, mostrar presentaicóns e compartiro o escritorio do ordenador, incluídas aplicaciones, xanelas e os arquivos abertos. É o programa de videoconferencia que a Consellería subministra ao profesorado para levar a cabo as clases telemáticas co seu alumnado. Para conectarse co profesorado, o alumnado precisa dun dispositivo (ordenador, tablet ou smartphone) que teña conexión á internet, cámara, micrófono e altofalantes. Dependendo de se a conexión se fai cun ordenador ou cun dispositivo móbil (teléfono ou tablet) o acceso ás videoconferencias varía mínimamente. Nas seguintes ligazóns teñen uns breves titorias que explican a instalación uso desta ferramente en ambos dispositivos:

WEbex en ordenador

WEbex en móbil