Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

10 Puntos

COVID19

3- Sospeitas dun caso no centro

1- Autoenquisa diaria

5- Saídas

7- Visitas ao centro educativo

8- Recollida do alumnado en horario lectivo.

6- Saída do comedor

4- Entradas

2- Sospeitas de casos no entorno familiar

9- Contacto co centro

10- Documentacióndo centro

Punto 1

Autoenquisa diaria

Antes da chegada ao centro, na casa, debe realizárselle ao alumnado de forma diaria a toma de temperatura e unha autoevaluación ca fin detectar ou descartar sintomatoloxía compatible cunha infección SARS-Cov-2. Para isto utilizarase o modelo que se achegaNo caso de detectarse sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado non acudirá ao centro educativo, avisando ao coordinador do equip Covid19 do centro.A familia deberá solicitar unha cita co seu pediatra para que este avalíe a necesidade da solicitude dun test diagnóstico.

aquí

INicio

Paso 2

Sospeitas de casos no entorno familiar

Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a Covid19 (versión do protocolo da Xunta do 4 de novembro):O alumnado podería acudir ao centro. Non o aconsellamos.Se algunha persoa do núcleo familiar é positivo en Covid19:O alumnado non poderá acudir ao centro e deberá gardar coarentena preventiva de 10 días.Se as autoridades sanitarias valoran facerlle unha PCR a algún membro da unidade familiar, comunicaráselle o resultado ao coordinador Covid19 do centro.

INicio

Paso 3

Sospeitas dun casono centro

Cando se detecten síntomas nun alumno/a, procederase ao seu illamento inmediato naaula COVID, acompañado en todo momento por un mestre/ e tomando todas as medidas de seguridade establecidas no protoclo da Xunta e do centro.Darase aviso á familia ou persoa de referencia, que debe estar localizable, para que veñan recoller ao neno/a.A familia deberase poñer en contacto co centro de referencia e seguir as súas indicacións.Se no centro se producise sintomatoloxía grave chamarase ao 061 e seguiranse as súas instrucións.

INicio

Paso 4

Entradas

O alumando deberá chegar ao centro coa máscara posta. Prégase respectar as seguintes instrucións para as entradas:

Entradas Edificio A Magdalena

Entradas Edificio Monte Caxado

Ver

Ver

Ver

Planos

INicio

Entradas Edifico A Magdalena: ENTRADA 3 4º Ed. Infantil B 09:40-09:45 Alumnado transportado 09:30-09:40 ENTRADA 2 4º Ed. Infantil A 09:40-09:45 5º Ed. Infantil 09:30-09:40 ENTRADA 1 6º Ed. Infantil 1º Ed. Primaria 09:30-09:35 (situados á dereita) 09:30-09:35 (situados no lado esquerdo) 2º Ed. Primaria 09:35-09:40 3º Ed. Primaria 09:40

Entradas Edificio Monte Caxado: ENTRADA 4 4ºA Ed. Primaria 09:30 - 09:40 ENTRADA 5 4ºB Ed. Primaria 09:30 - 09:40 ENTRADA 6 5º Ed. Primaria 09:30 - 09:40 6º Ed. Primaria 09:30 - 09:40 Alumnado transportado 09:30 - 09:40

Edificio A Magdalena: Edificio Monte Caxado:

Paso 5

Saídas

Resumo das saídas enEd. Infantil:

Resumo das saídas enEd. Primaria:

Ver

Ver

INicio

Saídas Educación Infantil: Ás 14:30h empezará a saír o alumnado de Educación Infantil (sempre antes das 14:40 que empezará a baixar o alumnado de primaria. Sairán primeiro os nenos e nenas de 4ª de Educación Infantil. Posteriormente o alumnado de 5º de Educación Infantil e xa por último os nenos e nenas de 6ª de Educación Infantil. As portas de saída son as mesmas que as portas de entrada. Os titores/as acompañarán ao alumnado ata a porta, onde os estarán esperando as familias.

Saídas Educación Primaria: No edificio A Magdalena, debido á distribución das aulas, cada nivel estará nunha ala do pavillón ou no centro do mesmo. Baixará cada titor co seu curso sempre comprobando que non coincide con ningún dos outros cursos restantes (de 1º a 3º nesa orde). Sempre pola dereita e respectando os sinais e os sentidos de circulación indicados no chan. No edificio Monte Caxado, cada curso de 4º de primaria ten a súa saída independente polo que non entorpecerá nin se cruzará con ningún alumnado doutro curso facendo a saída normal en horario habitual. No caso de 5º e 6º de primaria os titores/especialistas/mestres de garda comprobarán que o corredor e escaleiras están baleiros para proceder a baixar co alumnado. As familias do alumnado de Ed. Primaria non poderán acceder ao recinto escolar e deberán esperar nas cancelas. O alumnado de Primaria sairá sempre en fila, con máscara e mantendo distancia. O profesorado que teña a última sesión con cada grupo será o responsable de que todo o material da aula quede recollido e desinfectado e recordará colocación da máscara e o mantemento da distancia de seguridade.

Paso 6

Saída do comedor

No comedor escolar hai dúas quendas:Na 1ª quenda comen os nenos e nenas de Ed. Infantil.Na 2ª quenda comen os nenos e nenas de Ed. PrimariaOs horarios de saídas despois de comedor son os seguintes:

Ver

INicio

Saídas do comedor: ETAPAHORAACCESO AO CENTROEducaciónInfantil 14:30 ----------------------->15:15 ----------------------->Pola mesma porta de entrada da maña.Entrada 1: Edificio MagdalenaEducaciónPrimaria15:30 ----------------------->16:30 ----------------------->Deben esperar na cancela do Edificio A Magdalena

Paso 7

Visitas ao centro educativo

No caso de ter que acudir ao centro escolar para realizar algunha xestión administrativa, solicitarase sempre cita previa nos seguintes teléfonos:

  • 881 93 00 36
  • 881 93 00 39

Deberanse cumprir as seguintes instrucións:

  • Acudir con máscara
  • Respectar a distancia de segurida de sinalada
  • Utilizar os dispensadores de xel hidroalcohólico para acceder ao edificio
  • Limpar o calzado nas alfombras desinfectantes
  • Preferiblemente acudir cun bolígrafo propio.

INicio

Paso 8

Recollida do alumnado en horario lectivo

Como en cursos anteriores, pasarase por conserxería para firmar no rexistro tanto a recollida como a chegada de alumnado.

No caso de que un alumno/a chegue fóra do seu horario de entrada (por imprevistos, visitas ao médico, etc...) as familias deben priorizar que o acceso ao centro non coincida con recreos ou cambios de clase. Evitando así que o alumno/a que chega ao centro non coincida con alumnado que non é do seu grupo de convivencia.

INicio

Punto 9

Covid19

Enderezo electrónico:

  • ceip.magdalena@edu.xunta.es

Teléfono do centro:

  • 881 93 00 36

  • 649 28 68 77 (Jairo Campo)

Teléfono coordinadorCovid19:

INicio

Paso 10

Documentación Covid19 dispoñible na webdo centro

Plan de adaptación

Plan de contixencia

Test síntomas Covid19

INicio