Want to make creations as awesome as this one?

CEP PEDRO CASELLES BELTRÁN

Transcript

DÚBIDAS

Cep Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán

educovid

Sí. Divide o total dos metros cadrados da aula entre 3 metros cúbicos (espazo que ocupa unha persoa promedio)

Pódese calcular o aforo por aula de xeito sinxelo?

Familias: poñerse en contacto co seu médicocaso confirmado: recíbese a alerta na aplicación educovid do centro

Cal é o procedemento en caso de sospeita dun caso COVID?

O equipo covid non avisará de sospeitas. só de casos confirmados.

En caso de sospeita dun caso COVID no centro... é o colexio o que se pon en contacto co médico?

O caso positivo aparecerá na aplicación educovid do centro. iniciarase o procedemento de corentena.

En caso de abrocho... como llo comunicamos a comunidade educativa?

Non debe difundirse o nome do neno ou nena que deu positivo.

A que se refire a confidencialidade nun caso COVID?

todos os positivos serán comunicados A través da aplicación educovid

Como sabemos que un neno/a é positivo se os pais/nais/titores legais non informan ao centro?

Non. a central de seguimento de contactos (csc) porase en contacto co titor/a do seu fillo/a para que facilite esa información.

Debe informar o Equipo COVID dos contactos do alumno/a que deu positivo?

Aquí: https://www.who.int/es/emergencies/diseases/novel-coronavirus-2019?gclid=Cj0KCQjwxNT8BRD9ARIsAJ8S5xZjVvgBJGYw60-eeZYbU7cG4IBzjcXtl757-DK0pjKwQrhK3cf9qdYaAm5PEALw_wcB

Onde podo consultar a duración do coronavirus nas superficies?

Continuar coa clase ata que se determine o posible positivo.

No caso de que algún neno/a presente síntomas en clase ... que facemos co resto dos compañeiros/as da aula?

Atenderase ás decisións de xefatura territorial en función de contactos estreitos.

No caso do confinamento dun grupo de clase... Que sucede co profesorado especialista?

sí. sempre mantendo a máscara, distancia, lavado de mans e ventilación.

Nas actividades que realicen as ANPAS... Poderase xuntar aos nenos/as de distintos niveis?

Recoméndase que se mova o menos posible. en caso de contaxio, eses contactos deben ser rexistrados.

Pode cambiarse ao alumnado de sitio na aula?

sí. lavado de mans se usa o xiz e coa máscara.

Pode o alumnado saír ao encerado?

en liña, cunha separación de 1,5 metros e pegados ao lado dereito do corredor.

Como son os cambios de aula?

insístese na obrigatoriedade daescolarización ata os 16 anos. os centros minimizarÁn os riscos. A pesar diso, a garantía 0 non existe.

Que sucede cos alumnos/as que presentan unha patoloxía importante?

A Central de seguimento de contactos alerta ao centro educativo mediante unha alerta á aplicación EduCovid. Nese momento iniciase a búsqueda da rede de contactos.

Como funciona o sistema de alerta EDUCOVID?

A Central de seguimento de contactos.

Quen nos informa de quen é o noso sanitario de referecia?

estar 15 min a menos de 1,5m sen a máscara posta.

Que é un contacto estreito?

na aplicación educovid.

Onde se pode atopar un listado completo de teléfonos dos centros de saúde de referencia?

O Equipo Covid de cada centro educativo deberá identificar a “rede de contactos” de cada persoa covid positiva do centro. Isto determínase tendo en conta ás persoas que se atopan en un radio inferior a 2 metros. Os “contactos estreitos” determinaos a autoridade sanitaria en colaboración co Equipo Covid.

Quen se considera contacto más próximo de un infectado en un aula?

O contacto do contacto estreito non debe gardar corentena.

Se un convivinte está en corentena por estar en contacto cun positivo, o profesor ou alumno pertencente a ese núcleo familiar pode acudir ao centro?

Unha vez que chegue unha alerta á EduCovid, o equipo Covid deberá introducir na rede de contactos do membro da comunidade educativa que se encontre a menos de 2 metros do covid positivo. Tamén se debe incluir a coidadores e profesorado, se cumprisen esta condición.

A quen inclúe o ECOVID na aplicación cando hai un contaxiado/a?

menos de 2 metros nas aulas, comedor ou transporte escolar.

Cales son considerados contactos estreitos dun alumno que da positivo?

continúa a asistencia á aula. de confirmarse o positivo do irmán/irmá pasará a denominarse contacto estreito e deberá gardar corentena.

Que sucede cos irmáns/irmás dun neno/a contaxiado/a?

atenderemos ás instrucións sanitarias

De confirmarse un positivo na aula. Deberá confinarse todo o grupo?

Insistir na limpeza de mans e en que só se retirarán as máscaras para a inxesta de alimentos. Unha vez finalizada, deberán poñerse de novo as máscaras.

Que facemos no caso de merendas dentro da aula cando non sexa posible realizalas no exterior?

Non, se é un Grupo Estable de Convivecia pode asumirse unha distancia interpersoal inferior.

No comedor, é necesario manter unha distancia de 1.5m nunha mesa entre o alumnado dun mesmo GEC?

1,5 metros

Que distancia se debe gardar no comedor con diferentes GEC?

só se quitará para a inxesta.

Entre cada plato debe usarse a máscara?

Sentados no seu pupitre colocados en secundaria a 1.5m uns dos outros dende o centro da cadeira e en EP á maior distancia posible que permita a aula; ou no patio.

Cal sería a forma máis segura de realizar as merendas do recreo?

SÍ. NO CASO DE HUMEDECERSE, OS NENOS/AS DEBEN LEVAR RECAMBIO.

É obrigatoria a máscara na EF?

SÍ. COA DEBIDA HIXIENE DE MANS E POSTERIOR LIMPEZA DO MATERIAL.

Pódese utilizar material como aros, balóns, colchonetas, cordas...?

non, porque ambos manteñen distancia de seguridade, ventilación e máscara.

Cando os membros do ECOVID manteñan contacto na aula de illamento co neno/a contaxiado, debe gardar corentena?

aos 10 días tras o inicio dos síntomas e tras 3 días asintomático/a sen tomar medicación. non se precisa outra pcr de confirmación.

Cando nos reincorporamos ao centro despois de dar positivo?

3 horas e media.

Canto dura o virus no papel?

Non, ningunha.

As libretas dos alumnos, os exames...¿Necesitan algún tipo de limpeza ou desinfección?

Non precisan corentena. Necesita que aquela persoa que o use, faga hixiene de mans con xel hidroalcoholico.

Que tempo de corentena precisan os computadores antes de usalor outra persoa?

Nestes casos, deberíase manteR unHA estricta distancia física, utilización de pantallas ou mamparas.

Cales son as recomendacións para atender o alumnado que non poida levar máscara

O tipo de máscara a utilizar nos comedores e no resto dos espazos educativos é o de máscaras hixiénicas ou cirúrxicas.

Qué tipo de máscara poden usar os docentes e persoal dos centros?E nos comedores escolares ?

Poden ser hixiénicas (recomendado que cumpra as normas UNE 0065) ou cirúrxicas

Os alumnos poden usar calquer tipo de máscara?

non hai evidencia.

A máscara portuguesa anunciada como "desactivadora" da covid , é eficaz?

As máscaras cirúrxicas son as que se indican para a poboación xeral e no traballo habitual que non sexa en unidades Covid dos hospitais ou residencias sociosanitarias

Por que non se contempla proporcionar FPP2 aos docentes?

As aconselladas son as hixiénicas quE cumpran coa normativa UNE 0065 ou as cirúrxicas.

Cales son as máscaras máis axeitadas para estar na aula, tanto para o alumnado como para o profesorado?

a hixiénica é de tela.

Que diferencia existe entre máscara hixiénica e quirúrxica?

Non é recomendable que se retire a máscara durante a xornada escolar excepto para inxerir alimentos.

É recomendable que o alumnado quite a máscara ao longo da mañá nalgún momento?

Nestes casos de ACNEE, necesitará un informe médico que así o acredite ou unha recomendación do departamento de orientación, calquera das dúas

No caso dun alumno/a con NEE ou enfermidade respiratoria que non tolere a máscara

É obrigatorio polo alumnado de máis de 6 anos a utilización de máscara independentemente da distancia de seguridade. Se unha persoa de máis de 6 anos non utilizara máscara, non debería acceder ao centro educativo.

Que pasa se unha familia de Primaria non quere poñerlle a máscara ao seu fillo/a?

aviso a inspección educativa

Cómo procederemos se algún alumno de Primaria non trae máscara e non a quere usar, nin o consinte a súa familia?

Existen máscaras transparentes que cumpren coa normativa e poden ser utilizadas polas persoas xordas e profesorado de A.L.

Existen máscaras transparentes homologadas?

non

Pódense empregar, nos centros educativos, as pantallas faciais sen poñer a máscara debaixo?

Utilización de máscara cirúrxica e pantalla.

Unha parte do alumnado con NEAE necesita contacto físico do profesorado para varias actividades, cal sería a forma axeitada de protección?

a Central de Seguimento de Contactos contacta co centro educativo e alerta por medio de EduCovid de que lle envíen a rede de contactos. O centro educativo poñerase en contacto coa Xefatura Territorial e co centro de saúde de referencia para indicar o positivo.

Cando un alumno/mestre/persoal fai a PCR e resulta positivo, ten a obriga de comunicarllo ao Centro educativo?

a persoa que designe o equipo covid.

Quen acompaña ao alumno/a con síntomas á sala de illamento?

sí. mantendo distancia de 3 metros entre eles e coas máscaras.

Poden haber máis dun neno/a con síntomas na sala de illamento?

Unha máscara cirúrxica é suficiente.

É aconsellable usar unha ffp2 ou kn95 na sala de illamento?

10 días e os 3 útlimos sen síntomas compatibles.

Cantos días de corentena debemos gardar?

O período de incubación pode ser de ata 14 días dende o contacto cun positivo.

Sábese canto dura a incubación do Virus?

Ante un neno ou nena con síntomas de sospeita, deberase contactar cos seus pais ou titores para que contacten co seu pediatra. Só se rexistrarán e comunicarán á Xefatura Territorial os casos confirmados, non a sospeita.

Como actuar en caso de sospeita Covid?

Cada 1 hora uns 10 minutos de ventilación.

Cada canto tempo debemos facer a ventilación?

No caso dos mestres, será necesario unha baixa por IT. A ausencia de certificado en caso de caso sospeitoso de coronavirus só é para o alumnado.

Como actuar coas faltas do profesorado por Covid?

equipo covid19

Todo o profesorado do centro colaboramos de xeito moi escrupuloso polo cumprimento das normas. Os alumnos/as están dando unha gran lección de comportamento nesta pandemia.A todos/as vós...MOITAS GRAZAS