Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

O MAGOSTO

11 de novembro, San Martiño

TRADICIÓN

CONTOS

XOGOS

CANCIÓNS

colexio plurilingüe compañía de maría santiago

eQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA (edlg)

En Galicia, no mes de novembro e coincidindo xeralmente co día de San Martiño, celébrase a festa do Magosto.Esta festa facíase para celebrar o fin da colleita e o remate do verán dando inicio ás noites máis frías e escuras.

O lume nos primeiros días de novembro invitaba a compartir contos e lendas antigas. Nun principio, reuníanse no monte, amigos e veciños arredor do lume, onde se asaban as castañas, chourizos e tomaban viño. Comían, bebían e acababan bailando e adornándose a cara con cinza.

a orixe do magosto

Na actualidade, faise nas prazas, nos rueiros, nalgún recuncho da vila, nos adros das igrexias... aínda que segue habendo zonas nas que se continúa celebrando nos soutos, dependendo da zona de Galicia.

A tradición desta festa remóntase aos celtas, antigos habitantes de Galicia. Como eles non tiñan nin edificios nintemplos onde celebrar as súas festas, facíanas no mediodo bosque.

a orixe do magosto

O magosto

a castaña que estoupou de risa

a castañeira

a castaña que estoupou de risa

O magosto

Había unha vez, xa fai anos, unha brasa de carbón, unha palla e unha castaña que eran moi amigas. Un día estaban aburridas, e decidiron saír a dar unha volta polo campo.

Camiñando, camiñando... chegaron a un río, pero non sabían como atravesalo. A castaña que era moi lista propuxo o seguinte: -Como a palla pode flotar na auga, eu montarei enriba e levarame nadando ata a outra beira. Logo voltará e levarache a ti, dixo falando cara a brasa.

Como a idea lles pareceu ben ás dúas, así se fixo. Primeiro, a palla pasou á castaña e logo volveu a pola brasa de carbón.

Pero cando estaban no metade do río, a palla sentiu que se estaba queimando coa calor da brasa e... de súpeto, fixo un movemento brusco e dunha sacudida botouna á auga.

Cando a castaña veu isto, deulle un ataque de risa.

Ríase tanto e con tanta forza de ver á brasa mollada que...de tanto rir... estoupou! A palla quedou na beira de río toda chamuscada. Logo chegou a brasa máis tarde, tan molladiña... que se apagou.

Chegaron as dúas moi enfadadas coa castaña porque se estaba a rir mentres elas o pasaban mal, pero cando se decataron que coa risa lle reventara a tona e que estaba esnquizada, sentiron lástima dela e foron buscar un xastre para que a remendase e lle recosese o burato.

O xastre só tiña un anaco de tea máis claro que o da tona da castaña e tivo que amañala poñéndolle un anaco desa cor. Por iso agora, andan todas as castañas cun anaquiño de tona que parece un pouco máis claro.

o MAGOSTO

este conto da castaña está... rematado!

e colorín, colorado,

a castañeira

O magosto

versión do CONTO catalán: la castanyera (óscar morales e joan antoja)3

A

CASTAÑEIRA

Cando chega o tempo de coller castañas, tamén chega o outono... A estación do ano na que non fai nin frío nin calor.

Detrás dunha montaña hai unha casa na que vive a castañeira. Cando chega o outono, a castañeira esperta ben cedo.

E comeza a vestirse: primeiro a camisa, que lle queda un pouco pequena...

Despois ponse a saia, que lle fai campá...

Por último, ponse os zapatos, que lle quedan un pouco grandes e ao bailar fanlle "Cloc-cloc".

Unha mañá, a castañeira colleu a cesta, saíu da súa casa e foise ao bosque.

Cando chegou ao bosque, a castañeira atopou un souto, pero non podía coller as castañas porque estaban moi arriba.

A castañeira tentou sacudir a árbore para que caesen as castañas, pero non caeron, a castañeira non tiña moita forza.

De súpeto, acordouse do seu amigo, o xigante do souto, seguro que era máis forte ca ela. Así que chamou por el...

O xigante quixo axudar á súa amiga e sacudiu un castiñeiro dicindo: -A ver quen pode máis, o xigante ou as castañas...

E caeron 1, 2, 3, 4 e 5 castañas.

O xigante sacudiu unha vez máis o castiñeiro dicindo: -A ver quen pode máis, o xigante ou as castañas...

E caeron 1, 2, 3, 4 e 5 castañas.

Finalmente, o xigante sacudiu o último castiñeiro dicindo: -A ver quen pode máis, o xigante ou as castañas...

E caeron 1, 2, 3, 4 e 5 castañas.

A castañeira deulle as grazas ao seu amigo, o xigante e comezou a recoller castañas do chan. Encheu toda a cesta.

A castañeira, contenta, foise camiñando ata a praza do pobo, onde tiña o seu posto para asar as castañas.

Así, cando chegou ao seu posto, a castañeira asou as castañas para todos os nenos e nenas do seu pobo!

o MAGOSTO

este conto da castaÑEIRA está... rematado!

e colorín, colorado,

O rap do Magosto

Magosto 13 lúas

O Vermiño

Tres castañas polo chan